domingo, 23 de febrero de 2014

NOVA EDICIÓN MERENDAS NO ACUARIO

Novas sesións de Merendas no Aquarium Finisterrae
– O martes 25 de febreiro ábrese o prazo de inscrición ás 8.30 horas no 981 189 842, para as novas sesións, que nesta ocasión celebraranse sábados e domingos
– É unha actividade pensada para nenos e nenas de entre 4 e 13 anos, que realizarán unha actividade e despois merendarán chocolate con churros na cantina do acuario


As Merendas no Aquarium Finisterrae terán lugar os sábados e domingos ás 16.45 horas, duplicando así o número de sesións con respecto a edicións anteriores.


Os participantes de maior idade desenvolverán receitas de cociña con peixe, recomendadas na campaña europea «Elixe o peixe correcto» (liderada en España polo Aquarium Finisterrae) da man de cociñeiras especializadas en actividades educativas. Os máis pequenos participarán nun contacontos relacionado co mar e os seres mariños.

Para participar nas Merendas é preciso reservar praza chamando, desde o martes 25 de febreiro ao teléfono 981 189 842 a partir das 8.30 horas. Cada neno deberá abonar unha entrada reducida (4 euros) e recibirá unha invitación para merendar.

A actividade é gratuíta para os nenos e nenas socios da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e para titulares da Tarxeta Vente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario