miércoles, 5 de febrero de 2014

ALERTA METEOROLÓXICA PARA O XOVES 6 DE FEBREIRO

A Comisión Escolar de Alertas acaba de determinar – polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa- a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos para este xoves 6 de febreiro, por mor dun fenómeno meteorolóxico adverso por rachas de máis de 110 quilómetros por hora, con nivel de alerta laranxa.

Aínda que polo de agora non se suspende a actividade docente nin o transporte escolar, a Comisión Escolar de Alertas recomenda o seguimento das condicións meteorolóxicas.

http://www.edu.xunta.es/web/node/11659

No caso de que haxa novedades, publicarémolas según vaian saíndo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario