Estas son as últimas novas que temos dende a Xunta de Galicia:
A Comisión Escolar de Alertas da Consellería de Educación determina que mañán martes 4 de febreiro se suspenden as actividades no exterior ao aire libre dos centros educativos situados nos concellos da provincia da Coruña.
Determínase a non suspensión da actividade docente pero si a suspensión das actividades no exterior dos centros educativos, por mor do nivel de alerta laranxa, advertindo do necesario seguimento ao longo do día das condicións climáticas por se nas localidades onde se sitúe cada centro cambiase o nivel de alerta cara a vermello, no caso en que se lles autorizaría a suspender a actividade docente.
O patio exterior do noso centro escolar está cuberto, polo que estaría permitido realizar actividades extraescolares, aínda que a nosa recomendación como ANPA e tamén a da Dirección do colexio, é de que, salvo que amaine o temporal, mañá pola tarde, non se impartan clases no exterior do edificio, así que solicitamos ás familias que non leven ós seus fillos e fillas pola tarde ás actividades que se realizan fóra (patinaxe, fútbol...).
No caso de que haxa crianzas que asistan igualmente, os monitores distraerán ós alumnos e alumnas en algún espacio que se poida habilitar para o mesmo.
O resto de actividades que se realizan dentro do edificio (Judo, Xadrez, Baile, Ritmo, Debuxo...) non se ven afectadas.
Todo iso, por suposto, se o nivel de alerta non é modificado nas vindeiras horas polas autoridades pertinentes, cara a vermello, caso no cal se suspenderían as actividades docentes.
Recomendamos estar atentos ós medios de comunicación para actualizar esta información.
Un saúdo: ANPA San Cristóbal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario