Xa quedan poucos días, e o grupiño de familias que se foi xuntando para participar na comparsiña da Anpa, está a ultimar detalles para participar no desfile do día 1 de Marzo, no que pasearemos polas rúas principais de Coruña.
Iremos representando O Bosque Animado, en honor a unha das novelas máis coñecidas do escritor que da nome ó noso colexio.
Así que levaremos unha boa representación da flora e da fauna da Fraga de Cecebre, facendo unha mixtura dos protagonistas do libro, tomando referencias dos personaxes do filme de animación, premiado con dous Goya no ano 2001, e como non, da película de J.L. Cuerda do ano 87, protagonizada, entre outros, por Alfredo Landa.
Este próximo martes, día 25, ás 16h., no comedor, faremos a derradeira reunión para repasar o que quede pendiente e organizar os últimos retoques.
Se cambiáchedes de opinión e tedes ganas de disfrazarvos con nós, pasade pola Anpa a preguntar, ou animádevos a vir esa tarde a enterarvos do que podedes facer para unirvos ó grupo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario