viernes, 27 de mayo de 2022

viernes, 20 de mayo de 2022

 20/05/2022 CAMPACOLES VERÁN 2022


Un ano máis, o noso Cole será sede do programa Campacoles verán 2022. A temática xirará en torno a natureza e os catro elementos: terra, auga, lume e aire.


“A nai natureza alértanos dos perigos que está a sufrir pola acción do home e poñerlle freo é cousa de todos.

Por iso, este verán nos Campacoles tomaremos conciencia do coidado, protección e conservación do planeta, así como dos seres vivos que forman parte dela.

A nosa misión consistirá en axudar á Fada da Natureza para salvar o Planeta Terra, e para iso primeiro debemos coñecer, valorar e respectar a natureza e os elementos que a forman.

Formaremos brigadas de exploradores que descubrirán e coñecerán as características e a importancia e que teñen os 4 elementos da natureza na vida do home que a manteñen viva: A TERRA, O AIRE, A AUGA E O LUME.”

 

As actividades que se programan abranguen diferentes áreas de contidos, polo que terán un carácter multidisciplinar, permitindo así realizar actividades moi variadas, dende propostas de animación á lectura, xogos de enxeño, actividade motriz, musicais, teatrais, etc.

 

ESTRUCTURA:

 

Adiantámosvos as principais características deste programa estival de recreación, que se desenvolverá de luns a venres en horario de 10 a 14 horas, desde o luns 27 de xuño ata o venres 29 de xullo, distribuído en 5 quendas semanais de campamentos con temáticas diferentes. O último día de cada quenda todos os participantes farán unha saída no entorno da cidade ou mancomunidade, cunha ampliación do horario ata as 15:30h.

 

QUENDAS                                                                 

Quenda 1: Do 27 de xuño ao 1 de xullo.

Quenda 2: Do 4 ao 8 de xullo.

Quenda 3: Do 11 ao 15 de xullo.

Quenda 4: do 18 ao 22 de xullo.

Quenda 5: do 26 ao 29 de xullo.

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

Madrugadores: de 8:30 a 10:00h.

Comedor: de 14:00 a 15:30h. (con posibilidade de saída ás 15:00h. salvo o día da saída que será ás 15.30h).

 

Contemplarase a media mañá unha parada entre as 11:00 e 11:20 h., aproximadamente, para tomar unha pequena merenda que os escolares poderán levar da casa.

 

PRAZAS

45 prazas (tres grupos).

A ratio mínima para levar a cabo o campacole será de 15 escolares por sede, e de 10 escolares para os servizos de madrugadores e comedor.

 

DESTINATARIOS

Escolares que estiveran matriculados nun CEIP do Concello da Coruña no curso 21/22.

 

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

A adxudicación de prazas farase por orde de inscrición, tendo preferencia dentro dese criterio xeral:

1º. O primeiro día de inscrición, os escolares matriculados no centro sede no que solicitan a/s quenda/s.

2º. O segundo e demais días de inscrición, os usuarios de calquera das actividades extraescolares da Federación Provincial no curso 21/22, con independencia do CEIP no que estean matriculados. A continuación o resto de solicitantes da actividade.

 

COTAS POR PARTICIPANTE E QUENDA:

  • CAMPACOLE: 20€.(*)
  • MADRUGADORES SEN ALMORZO: 10€.
  • MADRUGADORES CON ALMORZO: 17€.
  • COMEDOR: 25€.
  • SEGURO DE ACCIDENTES 4€ (**)

*Estarán exentos da cota de campacole (de 10:00 a 14:00h.) os escolares que cumpran os requisitos de participación e fosen beneficiarios de beca comedor neste curso 21/22.

**Estarán exentos do pago do seguro de accidentes aqueles solicitantes matriculados en calquera programa ofertado pola Federación de ANPAS no curso 2021/22 (“Cóxegas”, “Deporte no Centro”, “Arte e Cultura no Centro”, “English Lab” ou “On Parle”).

 

PRAZOS

Preinscrición: 23, 24 e 25 de maio de 2022 na seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones

Listaxe de admitidos: 1 de xuño de 2022. (Publicarase na web municipal, no 010 e na web www.fedapascoruna.org)

Inscrición e abono: 8, 9 e 10 de xuño de 2022.

Xestión da listaxe de agarda: do 16 ao 21 de xuño de 2022.