domingo, 23 de febrero de 2014

MANIFESTACIÓN 27 Febreiro


NOVA EDICIÓN MERENDAS NO ACUARIO

Novas sesións de Merendas no Aquarium Finisterrae
– O martes 25 de febreiro ábrese o prazo de inscrición ás 8.30 horas no 981 189 842, para as novas sesións, que nesta ocasión celebraranse sábados e domingos
– É unha actividade pensada para nenos e nenas de entre 4 e 13 anos, que realizarán unha actividade e despois merendarán chocolate con churros na cantina do acuario


As Merendas no Aquarium Finisterrae terán lugar os sábados e domingos ás 16.45 horas, duplicando así o número de sesións con respecto a edicións anteriores.


Os participantes de maior idade desenvolverán receitas de cociña con peixe, recomendadas na campaña europea «Elixe o peixe correcto» (liderada en España polo Aquarium Finisterrae) da man de cociñeiras especializadas en actividades educativas. Os máis pequenos participarán nun contacontos relacionado co mar e os seres mariños.

Para participar nas Merendas é preciso reservar praza chamando, desde o martes 25 de febreiro ao teléfono 981 189 842 a partir das 8.30 horas. Cada neno deberá abonar unha entrada reducida (4 euros) e recibirá unha invitación para merendar.

A actividade é gratuíta para os nenos e nenas socios da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e para titulares da Tarxeta Vente.

CONTOS MOI INTERESANTES PARA LER COS NOSOS PEQUENOS


Recomendacións de contos para os nosos pequenos e pequenas
6 contos que recomendan casi todas as guias, post, artículos... sobre libros imprescindibles para nenos pequenos. Animádevos a ler cos peques e algo maravilloso tanto para eles como para os nos. (6 fotos)

viernes, 21 de febrero de 2014

DESFILE DE ENTROIDO 2014


Xa quedan poucos días, e o grupiño de familias que se foi xuntando para participar na comparsiña da Anpa, está a ultimar detalles para participar no desfile do día 1 de Marzo, no que pasearemos polas rúas principais de Coruña.
Iremos representando O Bosque Animado, en honor a unha das novelas máis coñecidas do escritor que da nome ó noso colexio.
Así que levaremos unha boa representación da flora e da fauna da Fraga de Cecebre, facendo unha mixtura dos protagonistas do libro, tomando referencias dos personaxes do filme de animación, premiado con dous Goya no ano 2001, e como non, da película de J.L. Cuerda do ano 87, protagonizada, entre outros, por Alfredo Landa.
Este próximo martes, día 25, ás 16h., no comedor, faremos a derradeira reunión para repasar o que quede pendiente e organizar os últimos retoques.
Se cambiáchedes de opinión e tedes ganas de disfrazarvos con nós, pasade pola Anpa a preguntar, ou animádevos a vir esa tarde a enterarvos do que podedes facer para unirvos ó grupo.









jueves, 13 de febrero de 2014

ALERTA METEOROLÓXICA DÍA 14

El Ayuntamiento de A Coruña, de acuerdo con lo determinado por la Comisión Escolar de Alertas de la Xunta de Galicia, informa de que mañana, viernes 14 de febrero, se vuelven a suspender las actividades escolares y deportivas que estaban PROGRAMADAS AL AIRE LIBRE debido a la nueva alerta meteorológica. Asimismo, se cerrarán los parques y jardines de la ciudad mientras dure el aviso de temporal. La decisión de cerrar el acceso a las playas y al paseo marítimo se adoptará en función de las condiciones climáticas existentes en el momento de la pleamar. Parece que non nos deixa nin un par de días de descanso...
http://www.axega112.org/c/document_library/get_file?folderId=142005&name=DLFE-12505.pdf

jueves, 6 de febrero de 2014

ALERTA METEOROLÓXICA VENRES 7 DE FEBREIR

A Comisión Escolar de Alertas determina a suspensión das actividades no exterior dos centros educativos de toda a provincia da Coruña e na Mariña Lucense a partir das 18 horas deste venres 7 pola alerta laranxa
Espérase un fenómeno meteorolóxico adverso por rachas de máis de 100 quilómetros por hora
Xov, 06/02/2014 - 14:18
A Comisión Escolar de Alertas acaba de determinar – polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por vento- a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos da provincia da Coruña e na Mariña lucense a partir das 18 horas deste venres 7 de febreiro, por mor dun fenómeno meteorolóxico adverso por rachas de vento de máis de 100 quilómetros por hora, con nivel de alerta laranxa.
Aínda que non se suspende a actividade docente nin o transporte escolar, a Comisión Escolar de Alertas recomenda o seguimento das condicións meteorolóxicas, e no caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado (laranxa) e pasase a unha declaración de nivel vermello, ou existisen circunstancias que o aconsellasen, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente.
As zonas climáticas, definidas por Meteogalicia, poden consultarse no enlace webhttp://www.meteogalicia.es/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf .

NOTA da ANPA: Se houbese novidades ó longo da tarde, informaríamos das mesmas.

miércoles, 5 de febrero de 2014

ALERTA METEOROLÓXICA PARA O XOVES 6 DE FEBREIRO

A Comisión Escolar de Alertas acaba de determinar – polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa- a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos para este xoves 6 de febreiro, por mor dun fenómeno meteorolóxico adverso por rachas de máis de 110 quilómetros por hora, con nivel de alerta laranxa.

Aínda que polo de agora non se suspende a actividade docente nin o transporte escolar, a Comisión Escolar de Alertas recomenda o seguimento das condicións meteorolóxicas.

http://www.edu.xunta.es/web/node/11659

No caso de que haxa novedades, publicarémolas según vaian saíndo.

lunes, 3 de febrero de 2014

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ALERTA TEMPORAL MARTES 4 DE FEBREIRO

Estas son as últimas novas que temos dende a Xunta de Galicia:

Comisión Escolar de Alertas da Consellería de Educación determina que mañán martes 4 de febreiro se suspenden as actividades no exterior ao aire libre dos centros educativos situados nos concellos da provincia da Coruña. 
Determínase a non suspensión da actividade docente pero si a suspensión das actividades no exterior dos centros educativos, por mor do nivel de alerta laranxa, advertindo do necesario seguimento ao longo do día das condicións climáticas por se nas localidades onde se sitúe cada centro cambiase o nivel de alerta cara a vermello, no caso en que se lles autorizaría a suspender a actividade docente.

O patio exterior do noso centro escolar está cuberto, polo que estaría permitido realizar actividades extraescolares, aínda que a nosa recomendación como ANPA e tamén  a da Dirección do colexio, é de que, salvo que amaine o temporal, mañá pola tarde, non se impartan clases no exterior do edificio, así que solicitamos ás familias que non leven ós seus fillos e fillas pola tarde ás actividades que se realizan fóra (patinaxe, fútbol...).

No caso de que haxa crianzas que asistan igualmente, os monitores distraerán ós alumnos e alumnas en algún espacio que se poida habilitar para o mesmo.

O resto de actividades que se realizan dentro do edificio (Judo, Xadrez, Baile, Ritmo, Debuxo...) non se ven afectadas.

Todo iso, por suposto, se o nivel de alerta non é modificado nas vindeiras horas polas autoridades pertinentes, cara a vermello, caso no cal se suspenderían as actividades docentes.

Recomendamos estar atentos ós medios de comunicación para actualizar esta información.

                                                                                              Un saúdo: ANPA San Cristóbal.