martes, 16 de abril de 2013

ACTA

Reunidos ás 16.15h. en primeira convocatoria e ás 16.45 horas en segunda, da tarde do día 15 de Abril de 2013, no CEIP Wenceslao Fernández Flórez, iniciouse a Asemblea Xeral Extraordinaria da Anpa San Cristóbal.

Presiden a mesma Montserrat Galera (presidenta), Fátima Anllo (vicepresidenta), Aurora Miguelez (secretaria), Jorge Puga (vogal), Carmen Rodríguez (vogal), Laura Vilas (vogal), e J.Ángel Cabaleiro (vogal). O total de asistentes á xunta é de 37 persoas.

Coa seguinte ORDE DO DÍA:

Subvención de Comedores para asociacións, da Xunta de Galicia (DOG 30-05-12):

con motivo de realizar unha mellora das condicións hixiénico-sanitarias no comedor escolar do noso centro, convocouse ás familias dos nenos e nenas asitintes ó Comedor durante o curso 2011-2012, para informarlles en 1º lugar ó respecto da mesma.

 

Para comezar explicouse o motivo polo que se convocou de novo a asamblea, posto que na anterior, con data de 2 de Abril, a convocatoria non se fixera de xeito correcto, por un defecto de forma na mesma.

Posteriormente, léronse os obxectos da orde na que se dispoñen estas subvencións, e tamén ós conceptos para ós que han de estar destinadas (Artigo 1, puntos 1, 2 e 3).

Detalláronse as explicacións para o último punto deste artigo, posto que había moitas dúbidas, por descoñecemento por parte das familias asistintes:
a) O custo diario do menú por comensal e polos días de asistencia destes ao comedor, así como, se é o caso, a vixilancia e coidado do alumnado durante o uso do servizo do comedor e o desenvolvemento dos programas complementarios de promoción da saúde e das habilidades persoais, durante o curso académico 2011-2012.

b) Os gastos correntes en que incorran as asociacións, federacións ou confederacións de nais e pais do alumnado como consecuencia da xestión do comedor, cun máximo do 3% do importe total do custo do servizo de comedor e sen que, en ningún caso, a citada porcentaxe supere os 2.000 euros.

c) Os gastos ocasionados pola contratación por parte das asociacións, federacións ou confederacións de nais e pais do alumnado de pólizas de seguros vinculadas directamente á prestación do servizo de comedor escolar.

d) Os gastos orixinados pola contratación de persoal que desenvolva o labor de atención ao alumnado con necesidades específicas, para o caso de que a contratación deste persoal se realice separadamente.
 
 
Despois disto deuse a coñecer na asamblea, a cantidade exacta de cartos que se recibiron da devandita subvención, que son 7140 €.

 
Informouse do déficit que presentan as instalacións do comedor, e tamén se lles puso en coñecemento da derradeira acta de control oficial de Sanidade, feita por un inspector unhas horas antes da asamblea, na que se fan constar varias deficiencias que terán que estar encamiñadas á súa resolución (para que non sexan tomadas medidas provisionais) antes do 15 de Xuño de 2013, data da próxima visita de comprobación.

O último a falar por parte da Xunta Directiva coas familias convocadas, con respecto á necesidade de cartos para a reforma do office do comedor (posto que o resto do local ten que ser arranxado polo Concello, no tocante á pintura e arranxo das paredes) foi indicarlles que de decidir que non renuncian á súa parte da subvención que resulte do prorrateo (apartado a, punto 3, Artigo 1) como contribución para a reforma, serán informadas en próximas datas do prazo para presentar a solicitude da mesma, así como dos requisitos esixidos para poder efectuar o pago.

Será por medio dunha circular xeral, así como os medios de información usuais que utiliza a directiva da asociación para poñerse en contacto coas familias do centro.

Tamén se deu a coñecer o único presuposto do que se dispón ate o momento para a reforma do office, á espera de outros dous, que segundo nos indicaron as empresas encargadas, serán entregados nos vindeiros días.

 

2. No apartado de Rogos e Preguntas, algunhas das nais asistentes mostraron o seu temor pola posibilidade de que o comedor do centro sexa pechado no caso de falta de cartos para a súa reforma.

Outras persoas asistentes propuxeron a idea de solicitarlle donacións económicas a todas as familias do colexio.

E por último, a nai dunha crianza que rematou os seus estudios no centro o curso pasado, solicitou apoio ás familias afectadas pola subvención, para denunciar á Xunta Directiva xa que según ela "intentan malversar os cartos da subvención".

Sen mais temas a tratar, deuse por rematada a Asemblea ás 17.45h. do día 15 de Abril de 2013.

Firmado:
Presidenta Secretaria

No hay comentarios:

Publicar un comentario