martes, 9 de abril de 2013

1000 barquiñas mimadriña para Castrelo de Miño! Participa!

1000 barquiñas mimadriña para Castrelo de Miño! Participa!


Mimadriña!
Pois en Castrelo de Miño imos argallar 1000 barquiñas de papel!
E logo?
Durante un tempo traballei no Concello de Castrelo de Miño nos proxectos da Rede de Dinamización da Sociedade da Información e na Rede CEMIT, dicir que foi a experiencia laboral  máis satisfactoria na que participei sería dicir pouco, xa que o tempo que pasei alí,   aprendín  o valor e sentido do traballo en rede, da dinamización rural, e permitiume  vivír nun territorio fermosimo onde as mulleres e homes da comarca crean a diario paisaxe, sabores,  comunidade, patrimonio materia e inmaterial, relacións e traballo.
Hoxe presentóvos unha proposta moi emocionante, un reto, un xogo, unha reivindicación: 1000 barquiñas de papel van polo Miño abaixo cos desexos de reivindicar unha  educación pública, de calidade, que aposte polo territorio, polo enorme valor das escolas rurais, polo importante papel que tiveron e teñen neste  pais, ás que se lle pode sumar esta frase de Jose Antonio Marina, escolas rurais   “como sementes de cambio que, de savia vigorosa, sexan capaces de comerse tanta cizaña mediática que fai cambalear a esperanza de que a educación pode transformar un futuro que vemos tan incerto.” 
Como podes participar?
1000 barquiñas de papel son moitas barquiñas, así que se cres na proposta, se che gusta, compártea, fai barquiñas de papel, convida a outros a facelas, pasa un bo rato, escribe un desexo nelas, ou unha carta, cóntanos algo bonito da túa escola, méteas nun sobre e envía a :
Mimadriña.com, Avenida de A Coruña, nº38, 1º  Sardiñeiro de Abaixo. 15153  Fisterra A Coruña
 Concello de Castrelo de Miño,    Avda. Alejandro Ferrer,  32430 Castrelo de Miño Ourense
Ou mellor aínda, achégate o 28 de abril ás 12 da mañá, trae as túas barquiñas e ven pasalo Mimadriña querida! Serémos un montón de pícaros miúdos e non tan miúdos, contarémos un conto, botarémolos a navegar polo Miño, non precisas máis que un sorriso! Ademáis haberá feira, decoración mimadriña, algunha sorpresa que outra pendurada dunha árbore ou farola e ata se queres vir o día antes farémos un obradoiro de cousas xeitosas en papel!
Xa vos irei contando, ji 
Veña, dalle! ponte xa a facer as barquiñas, podes ver como se fan aquí!
Mimadriña que feira e as  1000 barquiñas de papel é unha iniciativa do Concello de Castrelo de Miño, aANPA do CEIP de Castrelo e Mimadriña co apoio das mans que saben argallar un mundo cunha folla de papel.
Por certo se queres leer cousas interesantísimas sobre educación non dubidedes ler o blogue deInnovArte  e artigos tan xeitosísimos como este. Ou se queres por que reivindicamos unha educación pública de calidade, quizais isto sexa de axuda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario