ACTA
Reunidos
ás 16.00 horas en primeira convocatoria, da tarde do día 2 de Abril
de 2013, no CEIP Wenceslao Fernández Flórez, iniciouse a Asemblea
Xeral Extraordinaria da Anpa San Cristóbal.
Presiden
a mesma Montserrat Galera (presidenta), Fátima Anllo
(vicepresidenta), Aurora Miguelez (secretaria), Susana Manteiga
(vogal), Sabela Pita (vogal) e Laura Vilas (vogal), Isabel Rodríguez
(vogal) e J.Ángel Cabaleiro (vogal). O total de asistentes á xunta
é de 29 persoas.
Coa
seguinte ORDE DO DÍA:
1.Comedor
Escolar :
◦Informouse
ás familias asistintes o cambio de empresa que xestiona o servicio
de Comedor Escolar e Madrugadores, xunto coas causas que o motivaron.
◦O
cambio se realizará para o curso vindeiro, e a nova empresa será
Jardanay.
◦Así
mesmo, acudiron dous dos representantes desta empresa, Nacho e Miky,
que deron a coñecer ós asistintes un resumo do xeito de traballo
que teñen para coas crianzas, cos empregados i empregadas, a maneira
de relacionarse que terán coas familias, o xeito de contactar con
eles, e a súa forma de realizar os menús, así como os tipos de
alimentos que utilizan para os mesmos.◦Tamén sobre este punto, e unha vez que rematou a presentación da empresa, comentáronse as deficiencias das condicións hixièncio-sanitarias que ten na actualidade o espacio no que se ubica o comedor, así como doa zona adicada á manipulación de alimentos (oficce): levantamento da pintura das paredes, partes con corcho, distribución inadecuada de dependencias e zonas de traballo, mobles para almacenar material de cociña sen portas, lavamans manuais, necesidade de espacios pechados baixo chave para productos de limpeza, diferenciados das zonas nas que se manipulen as comidas....
◦Por este mesmo motivo, e a necesidade de inversión económica para a reforma, informóuselle ás familias da posibilidade de utilizar a subvención da Xunta de Galicia para Comedores escolares, xestionada pola Anpa o curso pasado, e que aínda que noutros anos foi repartida para as familias (en función do uso deste servicio que tivesen ó longo do curso) é unha axuda económica que pode ser utilizada de xeitos diferentes, sempre que o destino final sexan gastos imputables á xestión do comedor.
◦Realizouse unha votación e a totalidade dos asistintes decidiron aceptar esta opción.
◦Proximamente se pedirán presupostos paralelos ós que vai acadar Jardanay, para decidir o mais axeitado ás necesidades.
2.Banco
de libros :
◦Explicouse
a posibilidade de facer unha recollida, ó finalizar o curso, dos
libros dos alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º curso de
Primaria, para realizar unha doazón e/ou intercambio dos mesmos para
o vindeiro curso, aínda que cabe a posibilidade de que os de 5º e
6º non sirvan polo cambio periódico de Editorial que se debe
realizar nos Centros de ensinanza.◦Os libros serán recollidos o derradeiro día de clase deste curso (21 de Xuño), e o martes 25, e serán entregados para quen os solicite previamente (no caso de que sexan axeitados á demanda) o día 28 de Xuño.
3.Reestructuración
Xunta directiva :
◦Por
diversos motivos, para o curso que ven, será modificada a estructura
directiva da Anpa. A actual Presidenta, Montserrat Galera, presentou
a súa dimisión, e pasará a ter este posto Ángel Cabaleiro (actual
vogal). Por outra banda, Antonio Fernández, Tesoureiro, pasará a
vogal, e ó posto vacante pasará Aurora Miguélez, Secretaria
actual, cargo que será ocupado por Laura Vilas (vogal durante este
curso).
4.No
apartado de Rogos
e Preguntas,
unha das nais asistintes, preguntou polo cartel que anuncia unha obra
no centro, e que leva anos no xardín que hai na parte de diante do
colexio. Será unha dúbida que lle comentaremos ó Director, para
que nos aclare se é necesario que continúe alí, ou se pode ser
retirado.
◦Falouse
da Festa de Fin de curso e da posibilidade de que os socios e socias
aportasen ideas para a mesma.◦Ante as queixas do patio cuberto do edificio de E. infantil, comentamos a iniciativa de que fose valorado polo pai dunha crianza do colexio, que é arquitecto, e que vai facer un informe sobre o seu estado, e da necesidade da reparación para a súa adecuación.
◦Propúsoxe a realización dunha actividade antes de que finalice o curso, na que poidan participar as familias que o desexen, nunha fin de semán. Por exemplo unha comida nun merendeiro.
◦Por último, e debido á finalización da oferta da que dispoñía o teléfono da Anpa, comentouse que se contratará outra empresa mais económica, polo que probablemente cambie o número de teléfono de contacto. En canto se dispoña del, as familias serán informadas de maneira oportuna (mediante Facebook, blogue, e notificacións nos taboleiros).
Sen
mais temas a tratar, deuse por rematada a Asemblea ás 17.30h. do día
2 de Abril de 2013.
Firmado:
Presidenta
Secretaria
No hay comentarios:
Publicar un comentario