jueves, 25 de abril de 2013

Reunión coas familias de 6º E.P


ANPA SAN CRISTÓBAL CONVOCA:

Reunión coas familias dos alumnos e alumnas de 6º curso de Educación Primaria, para falar da preparación da despedida de fin de curso.
O día 30 de Abril ás 16.15h no comedor do centro.

A Xunta Directiva

Prazo recollida subvención comedor 2011-2012




ANPA SAN CRISTÓBAL INFORMA:

    Prazo para a solicitude dos cartos resultantes do prorrateo da Subvención de Comedores para asociacións, da Xunta de Galicia (DOG 30-05-12) para as familias dos nenos e nenas asitintes ó Comedor durante o curso 2011-2012: do 30 de Abril ó 21 de Maio, na oficina da Anpa, e nos horarios establecidos de atención ás familias (martes e xoves de 9 a 10h., e polas tardes os martes de 16 a 17h.).
    Para completar a petición, ademais de cubrir a solicitude, será imprescindible que a nai, pai ou titor que desexe os cartos, presente o seu DNI, así como o número da cartilla da entidade bancaria na que queira que se lle realice a transferencia.

    En A Coruña, 25 de Abril de 2013.
    A Xunta Directiva da Anpa San Cristóbal.

miércoles, 17 de abril de 2013

Día Internacional da Danza

Para celebrar o día Internacional da Danza o Concello vai realizar diversas funcións e talleres, maís información no enlace:

martes, 16 de abril de 2013

ACTA

Reunidos ás 16.15h. en primeira convocatoria e ás 16.45 horas en segunda, da tarde do día 15 de Abril de 2013, no CEIP Wenceslao Fernández Flórez, iniciouse a Asemblea Xeral Extraordinaria da Anpa San Cristóbal.

Presiden a mesma Montserrat Galera (presidenta), Fátima Anllo (vicepresidenta), Aurora Miguelez (secretaria), Jorge Puga (vogal), Carmen Rodríguez (vogal), Laura Vilas (vogal), e J.Ángel Cabaleiro (vogal). O total de asistentes á xunta é de 37 persoas.

Coa seguinte ORDE DO DÍA:

Subvención de Comedores para asociacións, da Xunta de Galicia (DOG 30-05-12):

con motivo de realizar unha mellora das condicións hixiénico-sanitarias no comedor escolar do noso centro, convocouse ás familias dos nenos e nenas asitintes ó Comedor durante o curso 2011-2012, para informarlles en 1º lugar ó respecto da mesma.

 

Para comezar explicouse o motivo polo que se convocou de novo a asamblea, posto que na anterior, con data de 2 de Abril, a convocatoria non se fixera de xeito correcto, por un defecto de forma na mesma.

Posteriormente, léronse os obxectos da orde na que se dispoñen estas subvencións, e tamén ós conceptos para ós que han de estar destinadas (Artigo 1, puntos 1, 2 e 3).

Detalláronse as explicacións para o último punto deste artigo, posto que había moitas dúbidas, por descoñecemento por parte das familias asistintes:
a) O custo diario do menú por comensal e polos días de asistencia destes ao comedor, así como, se é o caso, a vixilancia e coidado do alumnado durante o uso do servizo do comedor e o desenvolvemento dos programas complementarios de promoción da saúde e das habilidades persoais, durante o curso académico 2011-2012.

b) Os gastos correntes en que incorran as asociacións, federacións ou confederacións de nais e pais do alumnado como consecuencia da xestión do comedor, cun máximo do 3% do importe total do custo do servizo de comedor e sen que, en ningún caso, a citada porcentaxe supere os 2.000 euros.

c) Os gastos ocasionados pola contratación por parte das asociacións, federacións ou confederacións de nais e pais do alumnado de pólizas de seguros vinculadas directamente á prestación do servizo de comedor escolar.

d) Os gastos orixinados pola contratación de persoal que desenvolva o labor de atención ao alumnado con necesidades específicas, para o caso de que a contratación deste persoal se realice separadamente.
 
 
Despois disto deuse a coñecer na asamblea, a cantidade exacta de cartos que se recibiron da devandita subvención, que son 7140 €.

 
Informouse do déficit que presentan as instalacións do comedor, e tamén se lles puso en coñecemento da derradeira acta de control oficial de Sanidade, feita por un inspector unhas horas antes da asamblea, na que se fan constar varias deficiencias que terán que estar encamiñadas á súa resolución (para que non sexan tomadas medidas provisionais) antes do 15 de Xuño de 2013, data da próxima visita de comprobación.

O último a falar por parte da Xunta Directiva coas familias convocadas, con respecto á necesidade de cartos para a reforma do office do comedor (posto que o resto do local ten que ser arranxado polo Concello, no tocante á pintura e arranxo das paredes) foi indicarlles que de decidir que non renuncian á súa parte da subvención que resulte do prorrateo (apartado a, punto 3, Artigo 1) como contribución para a reforma, serán informadas en próximas datas do prazo para presentar a solicitude da mesma, así como dos requisitos esixidos para poder efectuar o pago.

Será por medio dunha circular xeral, así como os medios de información usuais que utiliza a directiva da asociación para poñerse en contacto coas familias do centro.

Tamén se deu a coñecer o único presuposto do que se dispón ate o momento para a reforma do office, á espera de outros dous, que segundo nos indicaron as empresas encargadas, serán entregados nos vindeiros días.

 

2. No apartado de Rogos e Preguntas, algunhas das nais asistentes mostraron o seu temor pola posibilidade de que o comedor do centro sexa pechado no caso de falta de cartos para a súa reforma.

Outras persoas asistentes propuxeron a idea de solicitarlle donacións económicas a todas as familias do colexio.

E por último, a nai dunha crianza que rematou os seus estudios no centro o curso pasado, solicitou apoio ás familias afectadas pola subvención, para denunciar á Xunta Directiva xa que según ela "intentan malversar os cartos da subvención".

Sen mais temas a tratar, deuse por rematada a Asemblea ás 17.45h. do día 15 de Abril de 2013.

Firmado:
Presidenta Secretaria

martes, 9 de abril de 2013

1000 barquiñas mimadriña para Castrelo de Miño! Participa!

1000 barquiñas mimadriña para Castrelo de Miño! Participa!


Mimadriña!
Pois en Castrelo de Miño imos argallar 1000 barquiñas de papel!
E logo?
Durante un tempo traballei no Concello de Castrelo de Miño nos proxectos da Rede de Dinamización da Sociedade da Información e na Rede CEMIT, dicir que foi a experiencia laboral  máis satisfactoria na que participei sería dicir pouco, xa que o tempo que pasei alí,   aprendín  o valor e sentido do traballo en rede, da dinamización rural, e permitiume  vivír nun territorio fermosimo onde as mulleres e homes da comarca crean a diario paisaxe, sabores,  comunidade, patrimonio materia e inmaterial, relacións e traballo.
Hoxe presentóvos unha proposta moi emocionante, un reto, un xogo, unha reivindicación: 1000 barquiñas de papel van polo Miño abaixo cos desexos de reivindicar unha  educación pública, de calidade, que aposte polo territorio, polo enorme valor das escolas rurais, polo importante papel que tiveron e teñen neste  pais, ás que se lle pode sumar esta frase de Jose Antonio Marina, escolas rurais   “como sementes de cambio que, de savia vigorosa, sexan capaces de comerse tanta cizaña mediática que fai cambalear a esperanza de que a educación pode transformar un futuro que vemos tan incerto.” 
Como podes participar?
1000 barquiñas de papel son moitas barquiñas, así que se cres na proposta, se che gusta, compártea, fai barquiñas de papel, convida a outros a facelas, pasa un bo rato, escribe un desexo nelas, ou unha carta, cóntanos algo bonito da túa escola, méteas nun sobre e envía a :
Mimadriña.com, Avenida de A Coruña, nº38, 1º  Sardiñeiro de Abaixo. 15153  Fisterra A Coruña
 Concello de Castrelo de Miño,    Avda. Alejandro Ferrer,  32430 Castrelo de Miño Ourense
Ou mellor aínda, achégate o 28 de abril ás 12 da mañá, trae as túas barquiñas e ven pasalo Mimadriña querida! Serémos un montón de pícaros miúdos e non tan miúdos, contarémos un conto, botarémolos a navegar polo Miño, non precisas máis que un sorriso! Ademáis haberá feira, decoración mimadriña, algunha sorpresa que outra pendurada dunha árbore ou farola e ata se queres vir o día antes farémos un obradoiro de cousas xeitosas en papel!
Xa vos irei contando, ji 
Veña, dalle! ponte xa a facer as barquiñas, podes ver como se fan aquí!
Mimadriña que feira e as  1000 barquiñas de papel é unha iniciativa do Concello de Castrelo de Miño, aANPA do CEIP de Castrelo e Mimadriña co apoio das mans que saben argallar un mundo cunha folla de papel.
Por certo se queres leer cousas interesantísimas sobre educación non dubidedes ler o blogue deInnovArte  e artigos tan xeitosísimos como este. Ou se queres por que reivindicamos unha educación pública de calidade, quizais isto sexa de axuda.

BECAS COMEDOR CURSO 2013-2014



En el Boletín Oficial de la Provincia de A Coruña salen hoy publicadas las bases de la convocatoria de becas comedor para este próximo curso escolar. El plazo de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles: del 10 al 26 de abril, ambos inclusive.

CONVOCATORIA DE XUNTA EXTRAORDINARIA para o día 15 de Abril


ANPA SAN CRISTÓBAL INFORMA:

Debido a un defecto de forma na convocatoria da asamblea de socios do día 2 de este mes, a Xunta Directiva decidíu realizar unha nova CONVOCATORIA DE XUNTA EXTRAORDINARIA para o día 15 de Abril ás 16.15h. en 1ª convocatoria e ás 16.45h. en 2ª, no caso de non haber quórum suficiente, que como único punto a tratar terá:

  • Subvención de Comedores para asociacións, da Xunta de Galicia (DOG 30-05-12):
    con motivo de realizar unha mellora das condicións hixiénico-sanitarias no comedor escolar do noso centro, convocamos
    ás familias dos nenos e nenas asitintes ó Comedor durante o curso 2011-2012,
    para que sexan informados do déficit que presenta o local, e decidan se queren que se lles entreguen os cartos que resulten do prorrateo (apartado a, punto 3, Artigo 1), ou se renuncian ós mesmos, como contribución para a reforma.
A Coruña 9, de Abril de 2013:
A Xunta directiva da Anpa San Cristóbal.

miércoles, 3 de abril de 2013

ACTA ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA



ACTA

Reunidos ás 16.00 horas en primeira convocatoria, da tarde do día 2 de Abril de 2013, no CEIP Wenceslao Fernández Flórez, iniciouse a Asemblea Xeral Extraordinaria da Anpa San Cristóbal.

Presiden a mesma Montserrat Galera (presidenta), Fátima Anllo (vicepresidenta), Aurora Miguelez (secretaria), Susana Manteiga (vogal), Sabela Pita (vogal) e Laura Vilas (vogal), Isabel Rodríguez (vogal) e J.Ángel Cabaleiro (vogal). O total de asistentes á xunta é de 29 persoas.

Coa seguinte ORDE DO DÍA:

1.Comedor Escolar :

Informouse ás familias asistintes o cambio de empresa que xestiona o servicio de Comedor Escolar e Madrugadores, xunto coas causas que o motivaron.
O cambio se realizará para o curso vindeiro, e a nova empresa será Jardanay.
Así mesmo, acudiron dous dos representantes desta empresa, Nacho e Miky, que deron a coñecer ós asistintes un resumo do xeito de traballo que teñen para coas crianzas, cos empregados i empregadas, a maneira de relacionarse que terán coas familias, o xeito de contactar con eles, e a súa forma de realizar os menús, así como os tipos de alimentos que utilizan para os mesmos.
Tamén sobre este punto, e unha vez que rematou a presentación da empresa, comentáronse as deficiencias das condicións hixièncio-sanitarias que ten na actualidade o espacio no que se ubica o comedor, así como doa zona adicada á manipulación de alimentos (oficce): levantamento da pintura das paredes, partes con corcho, distribución inadecuada de dependencias e zonas de traballo, mobles para almacenar material de cociña sen portas, lavamans manuais, necesidade de espacios pechados baixo chave para productos de limpeza, diferenciados das zonas nas que se manipulen as comidas....
Por este mesmo motivo, e a necesidade de inversión económica para a reforma, informóuselle ás familias da posibilidade de utilizar a subvención da Xunta de Galicia para Comedores escolares, xestionada pola Anpa o curso pasado, e que aínda que noutros anos foi repartida para as familias (en función do uso deste servicio que tivesen ó longo do curso) é unha axuda económica que pode ser utilizada de xeitos diferentes, sempre que o destino final sexan gastos imputables á xestión do comedor.
Realizouse unha votación e a totalidade dos asistintes decidiron aceptar esta opción.
Proximamente se pedirán presupostos paralelos ós que vai acadar Jardanay, para decidir o mais axeitado ás necesidades.

2.Banco de libros :
Explicouse a posibilidade de facer unha recollida, ó finalizar o curso, dos libros dos alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º curso de Primaria, para realizar unha doazón e/ou intercambio dos mesmos para o vindeiro curso, aínda que cabe a posibilidade de que os de 5º e 6º non sirvan polo cambio periódico de Editorial que se debe realizar nos Centros de ensinanza.
Os libros serán recollidos o derradeiro día de clase deste curso (21 de Xuño), e o martes 25, e serán entregados para quen os solicite previamente (no caso de que sexan axeitados á demanda) o día 28 de Xuño.

3.Reestructuración Xunta directiva :
Por diversos motivos, para o curso que ven, será modificada a estructura directiva da Anpa. A actual Presidenta, Montserrat Galera, presentou a súa dimisión, e pasará a ter este posto Ángel Cabaleiro (actual vogal). Por outra banda, Antonio Fernández, Tesoureiro, pasará a vogal, e ó posto vacante pasará Aurora Miguélez, Secretaria actual, cargo que será ocupado por Laura Vilas (vogal durante este curso).

4.No apartado de Rogos e Preguntas, unha das nais asistintes, preguntou polo cartel que anuncia unha obra no centro, e que leva anos no xardín que hai na parte de diante do colexio. Será unha dúbida que lle comentaremos ó Director, para que nos aclare se é necesario que continúe alí, ou se pode ser retirado.
Falouse da Festa de Fin de curso e da posibilidade de que os socios e socias aportasen ideas para a mesma.
Ante as queixas do patio cuberto do edificio de E. infantil, comentamos a iniciativa de que fose valorado polo pai dunha crianza do colexio, que é arquitecto, e que vai facer un informe sobre o seu estado, e da necesidade da reparación para a súa adecuación.
Propúsoxe a realización dunha actividade antes de que finalice o curso, na que poidan participar as familias que o desexen, nunha fin de semán. Por exemplo unha comida nun merendeiro.
Por último, e debido á finalización da oferta da que dispoñía o teléfono da Anpa, comentouse que se contratará outra empresa mais económica, polo que probablemente cambie o número de teléfono de contacto. En canto se dispoña del, as familias serán informadas de maneira oportuna (mediante Facebook, blogue, e notificacións nos taboleiros).

Sen mais temas a tratar, deuse por rematada a Asemblea ás 17.30h. do día 2 de Abril de 2013.


Firmado:



Presidenta                                                                                                                                         Secretaria

Menú Abril.


REBUFAPLANETES. Para toda la familia.

 
Sabado 6 y Domingo 7 de Abril 2013
Horarios: Sabado a las 20h y Domingo a las 17h