Xa está na rúa a edición en galego o primeiro volume da serie Marcopola, a illa remeira, de Jacobo Fernández. A banda deseñada, As orixes de Marcopola,
xa fora editada en castelán, catalán ou francés por Bang! Edicións e ve
agora a luz na nosa lingua da man de Xerais. Segundo adianta a editora,
este é o primeiro número da nova colección Merlín Cómics, centrada nos lectores máis novos e que continuará co título Marcopola e os piratas da Lúa, do mesmo autor. O libro, de 56 páxinas a toda cor sae á venda por doce euros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario