miércoles, 31 de octubre de 2012

Actividades para descubrir o MUNCYT os fins de semana

Data:
Todo o ano
Entrada:
A entrada ao museo segue sendo gratuíta.
Enlace:
Actividades MUNCYT
Visitas guiadas todos os sábados e "Monodosis" os domingos.
  • Visitas guiadas. Sábados ás 12:00 h e ás 13:00 h.. Todos os sábados dúas novas oportunidades para visitar a exposición de man dun dos divulgadores do museo. Un  percorrido dunha hora e media de duración aproximada, no que descubrir máis a fondo o novo Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía
  • Monodosis. Domingos ás 12:00 h.. Todos os domingos impártese unha charla monográfica de vinte minutos ao redor dunha das pezas da colección a cargo dun dos divulgadores do MUNCYT. Nelas desenvolverase a contorna cultural, os aspectos históricos e doutro tipo da colección, deste xeito os cidadáns poderán coñecer en profundidade aspectos do patrimonio que se expón nas salas do museo. A actividade desenvolverase diante da peza.
Información:
Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT)
Praza do Museo Nacional, 1 15011 A Coruña
Tlf.: 900 100 134 (Xeral)
infomuseo@muncyt.es
http://www.muncyt.es/

No hay comentarios:

Publicar un comentario