jueves, 25 de octubre de 2012

Curso de iniciación á astronomía

Data:
Dende o 19/11/2012 ata o 22/11/2012 . Inscrición: ata cubrir prazas
Horario:
19.30 a 21.30 horas
Entrada:
A taxa de inscrición é de 40 euros para o público en xeral e de 20 euros para maiores de 65 anos, titulares do Carné Xove e membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e da Asociación IO. Coa taxa xeral os participantes recibirán un cartón VENTE de acceso durante un ano ás salas de exposicións dos Museos Científicos Coruñeses. Coa taxa reducida, recibirán un cartón VENTE MINI de acceso anual válida para menores de 14 anos e maiores de 65.
Organizada por:
Museos Científicos Coruñeses
Os Museos Científicos Coruñeses, abren o prazo de inscrición para a nova edición do curso de iniciación á astronomía que se realizará no Planetario da Casa das Ciencias.
Este curso práctico diríxese a persoas maiores de 14 anos sen coñecementos previos na materia que desexen aprender a gozar da astronomía a primeira ollada. Os asistentes adquirirán coñecementos para recoñecer os planetas, estrelas e constelacións máis destacados, e interpretar os seus movementos no firmamento.
Nº prazas: 75
Información / inscriciónSecretaría da Casa das Ciencias
Tlf.: 981 189 844
http://mc2coruna.org/

No hay comentarios:

Publicar un comentario