Data:
-
Dende o 22/10/2012 ata o 15/12/2012
Nova
edición de NOCTURNIA, o programa de ocio para a mocidade da Concellaría
de Xuventude do Concello da Coruña que ofrece unha serie de actividades
gratuítas para que os mozos/as de 12 a 30 anos as teñan en conta á hora
de planificar as súas fins de semana.
Son actividades deportivas, artísticas, audiovisuais, recreativas etc.,
boa parte preparadas por asociacións e colectivos xuvenís coa única
finalidade de que pases un momento agradable e divertido coa túa xente e
con outras persoas.
COMO FAGO PARA PARTICIPAR EN NOCTURNIA...
1. Bótalles un ollo a todas as actividades.
Descargar documento (pdf)
Mira as que sexan para a túa idade. Lembra que son para mozos de
12 a 30 anos, aínda que algunhas poden concretar máis as idades dentro deste tramo.
2. Mira as datas, os lugares e as horas en que teñen lugar. Fíxate tamén no número de sesións.
3. Sabes onde está cada espazo? Poñémosche os enderezos para que non te perdas.
4. Se xa sabes a cales ir,
INSCRÍBETE!
Ah! Se as actividades son de continuidade, só tes que inscribirte unha vez.
ACTIVIDADES FÍSICO-DEPORTIVAS
Iniciación á loita “grapplins” en
Pavillón de Riazor (Actividade de continuidade)
(das 19.00 ás 21.00 h)
SÁBADO 3 DE NOVEMBRO DE 2012
SÁBADO 10 DE NOVEMBRO DE 2012
ACTIVIDADES ARTÍSTICO-CREATIVAS
Obradoiro de lámpadas recicladas en
Espazo de Iniciativas Xuvenís
(das 21.00 ás 23.00 h)
VENRES 2 DE NOVEMBRO DE 2012
Obradoiro de meigas en
Centro Ágora
(das 21.00 ás 22.00 h)
VENRES 2 DE NOVEMBRO DE 2012
ACTIVIDADES FORMATIVAS-TECNOLÓXICAS
Stop Motion en
Centro Ágora (Actividade de continuidade)
(das 21.00 ás 23.00 h)
VENRES 26 DE OUTUBRO DE 2012
VENRES 2 DE NOVEMBRO DE 2012
Obradoiro de Clown en
Espazo de Iniciativas Xuvenís (Actividade de continuidade)
(das 21.00 ás 00.00 h)
VENRES 2 DE NOVEMBRO DE 2012
VENRES 16 DE NOVEMBRO DE 2012
Curso de Primeiros Auxilios no mar (25 h.) en
Cruz Vermella (Actividade de continuidade)
(das 09.00 ás 14.00 h)
SÁBADO 3 DE NOVEMBRO DE 2012
SÁBADO 10 DE NOVEMBRO DE 2012
SÁBADO 17 DE NOVEMBRO DE 2012
SÁBADO 24 DE NOVEMBRO DE 2012
SÁBADO 1 DE DECEMBRO DE 2012
*Inscrición nas actividades: do 28/10/2012 ao 01/11/2012 ás 13.00 h.
IMPORTANTE: non esquezas traeres o teu DNI ás distintas actividades en que te inscribises.
Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización
materna ou paterna (é o mesmo formulario que cubres para inscribirte
firmado, polo que autoriza).
E, por último, para as actividades que precisen algo específico
(roupa cómoda ou deportiva, bañador e gorro...) enviarémosche un correo
electrónico ou SMS indicándocho.
SE TEÑO MÁIS DÚBIDAS?
Podes preguntalas a través do enderezo electrónico
nocturniacoruna@gmail.com.
Na medida do posible intentarémoschas resolver o antes posible; e podes
consultar o blogue do programa: http://nocturniacoruna.blogspot.com