—Ao longo de toda a semana haberá entrada gratuíta á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae
—A programación especial inclúe a estrea dunha nova sala de experimentación na Domus e a inauguración de dúas exposicións fotográficas
—A programación especial inclúe a estrea dunha nova sala de experimentación na Domus e a inauguración de dúas exposicións fotográficas
A Semana da Ciencia iníciase nos Museos Científicos Coruñeses con sete días de portas abertas na Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae. Do 12 ao 18 de novembro de 2012 a entrada será gratuíta no tres museos, días en que os visitantes poderán visitar as súas exposicións e participar nas numerosas experiencias interactivas que propoñen estes centros de ciencia.
Ademais, durante esta Semana da Ciencia programáronse actividades especiais, como un curso de biotecnoloxía para profesores, novas exposicións fotográficas ou a estrea dunha sala na Domus que funcionará como Laboratorio Aberto para grupos escolares.
Mas información.
No hay comentarios:
Publicar un comentario