viernes, 13 de noviembre de 2020

13/11/2020 Axuda da Xunta.  

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA 

Resumo:

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21.

Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída.

As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Este formulario de solicitude (anexo I) tamén estará dispoñible:

a) No centro docente.

b) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal

O prazo para presentar as solicitudes será de diez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Remata o 27 de novembro.

A Dirección, lembra que para evitar aglomeracións e tránsito de persoas no interior do centro, é necesario solicitar cita previa, chamando ao número de teléfono, 881960300.



No hay comentarios:

Publicar un comentario