13/11/2020 A Federación de Anpas solícitanos colaboración e envíanos a ligazón para responder a unha enquisa que prepararon para coñecer de primeira man dúas cuestións moi importantes: a situación do desenvolvemento dos protocolos de actuación nos casos positivos da covid19 e os medios con que poden contar as familias no caso de corentena ou confinamento parcial ou, no peor dos casos, un confinamento xeral da poboación.
Os datos son anónimos e recíbense directamente na Federación.
http://www.fedapascoruna.org/enquisaCOVID/
Moitas grazas pola vosa colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario