YA PODEIS RENOVAR O HACEROS SOCIOS DEL ANPA PARA EL SIGUIENTE CURSO.
ANPA San Cristóbal CURSO 2018-2019
Pola educación dos nosos fillos
❖
Cales son as finalidades da A.N.P.A?
A A.N.P.A San Cristobal é unha asociación
integrada por nais e pais do alumnado do CEIP Wenceslao Fernández Flórez, sen
ningún ánimo de lucro, máis que xestionar e participar na educación
extraescolar dos nen@s que asisten a dito colexio, así como facer posible os
servizos de madrugadores e comedor entre outras tarefas ao longo do ano tales
como;
-
Organizar
actividades formativas complementarias en beneficio de pais e alumnos.
-
Transmitir as
opinions e as reflexións das nais e pais sobre o funcionamento cotián da
escola.
-
Informar,
asesorar e incluso acompañar en caso necesario,
aos pais e nais, ante calquera problema que lles Xurda no centro.
-
Participar na
toma de decisións no Consello Escolar.
-
Colaborar co
profesorado e promover a calidade educativa.
A asociación de nais e pais, fai unha
labor voluntaria e desinteresada, coa que nos beneficiamos tod@s. As persoas
que colaboran na asociación, non reciben ningún tipo de remuneración,
simplemente a ilusión de participar, utilizando boa parte do seu tempo libre,
para mellorar a calidade na educación dos alumn@s do colexio.
❖
Cómo participar na A.N.P.A San Cristóbal?
Existen diferentes maneiras de colaborar
na nosa ANPA. Primeiramente, facéndose socio, mediante a inscripción e o pago
da cota anual de 23€. Asistindo as actividades, actos e reunións convocadas
pola ANPA ao longo do ano, onde podedes aportar as vosas ideas e suxestións, ou
formando parte da Xunta Directiva de dita ANPA, onde participaredes de primeira
man, na toma das decisións.
❖
Qué beneficios ten ser asociado da A.N.P.A San Cristóbal?
As facilidades para acceder a información
e a xestión das diferentes actividades levadas a cabo pola ANPA, (comedor,
madrugadores, extraescolares, etc...)
Facer posible a realización de todas as
tarefas descritas nos puntos anteriores, que sen o traballo da ANPA non
existirían.
❖
Cómo contactar coa A.N.P.A San Cristóbal?
Podedesvos poñer en contacto connosco a
través do ;
-
Local do ANPA no
CEIP Wenceslao Fernández Flórez de A Coruña.
-
Tlf. 881960301
nos horarios de atención ao público. (Exposto na porta do ANPA).
[1]Entrega
debidamente cumprimentada desta inscrición, para poder participar daqueles
servizos xestionados polo ANPA, (comedor, actividades, campamentos) entre o 1
de xuño e o 20 de setembro, ambos
inclusive.
A cota anual por familia será
de 23€, (este ano, o cargo pasarase o 20 setembro). Necesario cada novo curso, a inscrición
co nº de conta, firmada. No caso de devolución de recibo por
causas alleas á ANPA, os gastos derivados correrán por conta do soci@.
Segundo a Lei Orgánica 15/1999, de 13
dec., de Protección de Datos de Carácter Persoal, os datos que nos facilitedes
serán incorporados a un ficheiro,
titularidade da ANPA San Cristóbal do CEIP Wenceslao Fdez. Flórez, con
domicilio na Avda. do Ferrocarril, nº 17-19, 15007 de A Coruña, o cal cumpre
coas medidas de seguridade esixidas no Real Decreto 1720/2007 de 21 de
decembro, e cuxa única finalidade é a correcta organización e xestión das
actividades da Asociación.
Pregámos que se cubran todos os campos solicitados e en maiúsculas.
Pódese entregar este formulario cuberto
en horario de oficina no local da ANPA ou mandalo escaneado á nosa dirección de
mail anpa.sancristobal@gmail.com. Esta ficha
está disponible no blog
No hay comentarios:
Publicar un comentario