lunes, 21 de mayo de 2018
Revalidas 2018
COMUNICADO CONFAPA- REVALIDA
COMUNICADO DE CONFAPA-GALICIA
CONFAPA GALICIA ten rexeitado desde a súa publicación o Decreto da
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que ditou as
instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de 3º curso de
Educación Primaria. CONFAPA GALICIA manifesta a súa oposición á devandita
proba, entendendo que:
1.- A proba de avaliación é prácticamente a mesma co ano pasado, na que xa
manifestamos a nosa oposición. As razóns que nos levaron a rexeitar a proba
seguen a ser completamente válidas.
2.- Mentres as restantes probas pasaron a ser de carácter estatístico, por
mostraxe, a de 3º de primaria ten carácter censual, é decir, avalía á totalidade do
alumnado.
3.- Esta avaliación pódese ter en conta para repetir curso. Así o establece a
LOMCE no seu articulado, lei que segue en vigor.
4.- Avalía únicamente as competencias de lingua e matemáticas.
5.- Clasifica ao alumnado desde idades temperás.
6.- Non se adapta ao alumnado con necesidades educativas especiais ou con
altas capacidades.
7.- Fomenta a competencia entre os centros e a súa estigmatización sen tomar en
conta circunstancias locais compensatorias da avaliación.
8.- Desautoriza ao profesorado e ao sistema de avaliación contínua.
9.- A proba xa amosou o seu nulo valor nestes anos que leva en vigor. Sendo
CONFAPA-GALICIA unha organización implantada no conxunto da Comunidade
Autonómica, non coñecemos ningún caso de medidas adoptadas nun Centro de
Ensino como consecuencia da proba de avaliación.
O valor neto da proba para os pais e nais do alumnado é simplemente
insignificante; hai casos nos que as familias non chegaron a recibir o resultado
das probas ate o seguinte curso.
Nun contexto político e social no que a LOMCE está nunha situación de
provisionalidade e incertidume mentres non se acade un pacto educativo para
establecer as bases dun sistema educativo compartido e defendido polo conxunto
da sociedade, continuar desenvolvendo os aspectos máis daniños da LOMCE é
unha declaración de intencións clara, que dende as familias que compoñemos a
Comunidade Educativa dos Colexios Públicos de Galicia rexeitamos frontalmente.
Polo tanto, CONFAPA GALICIA esixe da Administración educativa a paralización e
a retirada da devandita proba e invita a toda a Comunidade Educativa a opoñerse
activamente ao seu desenvolvemento.
Xunta Directiva
CONFAPA GALICIA
Maio de 2018.
EN EL SIGUIENTE ENLACE OS PODEIS DESCARGAR EL JUSTIFICANTE DE AUSENCIA
JUSTIFICACION AUSENCIA
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario