martes, 29 de mayo de 2018

Inscripción socios 2018-19


YA PODEIS RENOVAR O HACEROS SOCIOS DEL ANPA  PARA EL SIGUIENTE CURSO. 



ANPA San Cristóbal  CURSO 2018-2019
Pola educación dos nosos fillos
          Cales son as finalidades da A.N.P.A?
A A.N.P.A San Cristobal é unha asociación integrada por nais e pais do alumnado do CEIP Wenceslao Fernández Flórez, sen ningún ánimo de lucro, máis que xestionar e participar na educación extraescolar dos nen@s que asisten a dito colexio, así como facer posible os servizos de madrugadores e comedor entre outras tarefas ao longo do ano tales como;
-          Organizar actividades formativas complementarias en beneficio de pais e alumnos.
-          Transmitir as opinions e as reflexións das nais e pais sobre o funcionamento cotián da escola.
-          Informar, asesorar e incluso acompañar en caso necesario,  aos pais e nais, ante calquera problema que lles Xurda no centro.
-          Participar na toma de decisións no Consello Escolar.
-          Colaborar co profesorado e promover a calidade educativa.
A asociación de nais e pais, fai unha labor voluntaria e desinteresada, coa que nos beneficiamos tod@s. As persoas que colaboran na asociación, non reciben ningún tipo de remuneración, simplemente a ilusión de participar, utilizando boa parte do seu tempo libre, para mellorar a calidade na educación dos alumn@s do colexio.
          Cómo participar na A.N.P.A San Cristóbal?
Existen diferentes maneiras de colaborar na nosa ANPA. Primeiramente, facéndose socio, mediante a inscripción e o pago da cota anual de 23€. Asistindo as actividades, actos e reunións convocadas pola ANPA ao longo do ano, onde podedes aportar as vosas ideas e suxestións, ou formando parte da Xunta Directiva de dita ANPA, onde participaredes de primeira man, na  toma das decisións.
          Qué beneficios ten ser asociado da A.N.P.A San Cristóbal?
As facilidades para acceder a información e a xestión das diferentes actividades levadas a cabo pola ANPA, (comedor, madrugadores, extraescolares, etc...)
Facer posible a realización de todas as tarefas descritas nos puntos anteriores, que sen o traballo da ANPA non existirían.
          Cómo contactar coa A.N.P.A San Cristóbal?
Podedesvos poñer en contacto connosco a través do ;
-          Local do ANPA no CEIP Wenceslao Fernández Flórez de A Coruña.
-          Correo electrónico, anpa.sancristobal@gmail.com
-          Blog da ANPA, http://anpasancristobal.blogpot.com.es/
-          Tlf. 881960301 nos horarios de atención ao público. (Exposto na porta do ANPA).



[1]Entrega debidamente cumprimentada desta inscrición, para poder participar daqueles servizos xestionados polo ANPA, (comedor, actividades, campamentos) entre o 1 de xuño e o  20 de setembro, ambos inclusive.
A cota anual por familia será de 23€, (este ano, o cargo pasarase  o 20 setembro). Necesario cada novo curso, a inscrición co nº de conta, firmada. No caso de devolución de recibo por causas alleas á ANPA, os gastos derivados correrán por conta do soci@.
Segundo a Lei Orgánica 15/1999, de 13 dec., de Protección de Datos de Carácter Persoal, os datos que nos facilitedes serán incorporados  a un ficheiro, titularidade da ANPA San Cristóbal do CEIP Wenceslao Fdez. Flórez, con domicilio na Avda. do Ferrocarril, nº 17-19, 15007 de A Coruña, o cal cumpre coas medidas de seguridade esixidas no Real Decreto 1720/2007 de 21 de decembro, e cuxa única finalidade é a correcta organización e xestión das actividades da Asociación.
Pregámos que se cubran todos os campos solicitados e en maiúsculas.
Pódese entregar este formulario cuberto en horario de oficina no local da ANPA ou mandalo escaneado á nosa dirección de mail anpa.sancristobal@gmail.com. Esta ficha está disponible no blog

Tendes que descargar o seguinte enlace:
INSCRIPCIÓN SOCIOS 2018-19


lunes, 28 de mayo de 2018

FESTA DE FIN DE CURSO WENCESLAO FERNANDEZ FLOREZ 2017/2018!
Por fin chegan as vacacións e remata este curso asi que dende  o Anpa queremos despedilo coma sempre facemos !
Organizando unha
GRAN FESTA .
A data do evento é o mércores 20 DE XUÑO de 16:00 a 18:00 horas.
Os prazos e prezos para apuntarse , que se fará na oficina da ANPA) serán
-Do 30 de maio  ao 13 de Xuño :
-   Socios do Anpa: 3   euros/familia.
-   Non socios: 6 Euros/familia.


-Do 14 ao 19 de Xuño :  
- Socios do Anpa: 5 Euros/familia.      
-  Non socios: 8 Euros/familia.


-Dia da festa , na propia porta :
-  10 Euros/familia, para socios e non socios.


Na festa haberá actividades  para toda a familia e idades :
Inchábels, Xogo do  Tragabolas, ludoteca,  globofexia, música durante toda
a xornada  e coreografías, espazo de xogos para os Munditos
(ver condicións no reverso), e por suposto nosa xa tradicional fin de festa da
escuma.


Aos  nenos  entregaráselle na entrada unha merenda
(por iso é importante que comuniquedes as posibles  alerxias no momento
de apuntarvos, para que a encargada de levalas ( Jardanay ) poida porse en
contacto convosco para levar a merenda adaptada en cada caso).
Para os  pais ou titores haberá un espazo reservado para refrescos e larpeiras
(ata fin de existencias).
Así mesmo lembrarvos que Moncho, o  profe de Robótica , terá un espacio
no que os nenos poderán interactuar e  onde os seus alumnos mostrarán os
seus traballos.(Actividade ofertada gratuitamente por  M8 FACTORIAL ,a súa
empresa, para dar a coñecer a todos os nenos en que consiste )
C:\Users\paruicot\Desktop\fiestas-infantiles.jpg

sábado, 26 de mayo de 2018

CAMPACOLES 2018

Bo día:

Comunicámosvos os 7 centros onde finalmente se levarán a cabo estas actividades de  Campacole

- CEIP EMILIA PARDO BAZÁN.
- CEIP MANUEL MURGUÍA.
- CEIP JUAN FDEZ. LATORRE* (CEIP ANXO DA GARDA).
- CEIP RAMÓN DE LA SAGRA.
- CEIP SAGRADA FAMILIA.
- CEIP CURROS ENRÍQUEZ* (CEIP SANJURJO DE CARRICARTE).
- CEIP SAN PEDRO DE VISMA* (CEIP DE PRÁCTICAS).

* O CEIP ANXO DA GARDA, CEIP SANJURJO DE CARRICARTE e CEIP DE PRÁCTICAS, son centros que solicitaron ser sede pero que por proximidade e optimización de recursos, decidiuse unilos como centros adscritos. Neste caso tamén terán a mesma prefencia á hora de inscribirse que a propia sede e aumentando o máximo de participantes a 60 escolares por quenda. 

Asemade, lembrámosvos os prazos previstos na planificación dos Campacoles

Dípticos:http://www.edu.coruna.es/es/content/download/41557/366530/file/Campacole_veran18.pdf

http://www.edu.coruna.es/es/portada/noticias_del_servicio_municipal_de_educacion/la_inscripcion_para_los_campacole_verano_2018_se_abrira_del_4_al_8_de_junio

Prazo de inscrición: do 4 ao 8 de xuño​ nos centros que serán sede. ​ Os alumnos de centros escolares non sede poden apuntarse na sede correspondente os días 7 e 8 de xuño.

Custo do programa: 15 € por participante e quenda.

QUENDAS:
Quenda 1: Do 2​5​ ao 29 de xuño
Quenda 2: Do ​2 ao ​6 ​de xullo
Quenda 3: Do 9 ao 13 de xullo
Quenda 4: Do 16 ao 20 de xullo

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Madrugadores: de 8:30 a 10:00 h., cun custo por quenda de 5€ ou de 10€, no caso de incluir almorzo.
Comedor: de 14:00 a 15:30 h., cun custo de 20€ por quenda.

Saúdos

 + Información
Federación Provincial de ANPAS
Rúa Orzán, 21, 15003 A Coruña
Tfno.: 981 202 002 / 981 201 877
Correo electrónico: ocio@fedapascoruna.org
Página web: www.fedapascoruna.org










martes, 22 de mayo de 2018

Fondo solidario libros 2018-19

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 


Abrese o prazo para solicitar axudas para adquisicion libros material escolar. Aquí tendes o enlace

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25009

lunes, 21 de mayo de 2018

Revalidas 2018


COMUNICADO CONFAPA- REVALIDA

COMUNICADO DE CONFAPA-GALICIA
CONFAPA GALICIA ten rexeitado desde a súa publicación o Decreto da
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que ditou as
instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de 3º curso de
Educación Primaria. CONFAPA GALICIA manifesta a súa oposición á devandita
proba, entendendo que:
1.- A proba de avaliación é prácticamente a mesma co ano pasado, na que xa
manifestamos a nosa oposición. As razóns que nos levaron a rexeitar a proba
seguen a ser completamente válidas.
2.- Mentres as restantes probas pasaron a ser de carácter estatístico, por
mostraxe, a de 3º de primaria ten carácter censual, é decir, avalía á totalidade do
alumnado.
3.- Esta avaliación pódese ter en conta para repetir curso. Así o establece a
LOMCE no seu articulado, lei que segue en vigor.
4.- Avalía únicamente as competencias de lingua e matemáticas.
5.- Clasifica ao alumnado desde idades temperás.
6.- Non se adapta ao alumnado con necesidades educativas especiais ou con
altas capacidades.
7.- Fomenta a competencia entre os centros e a súa estigmatización sen tomar en
conta circunstancias locais compensatorias da avaliación.
8.- Desautoriza ao profesorado e ao sistema de avaliación contínua.
9.- A proba xa amosou o seu nulo valor nestes anos que leva en vigor. Sendo
CONFAPA-GALICIA unha organización implantada no conxunto da Comunidade
Autonómica, non coñecemos ningún caso de medidas adoptadas nun Centro de
Ensino como consecuencia da proba de avaliación.
O valor neto da proba para os pais e nais do alumnado é simplemente
insignificante; hai casos nos que as familias non chegaron a recibir o resultado
das probas ate o seguinte curso.
Nun contexto político e social no que a LOMCE está nunha situación de
provisionalidade e incertidume mentres non se acade un pacto educativo para
establecer as bases dun sistema educativo compartido e defendido polo conxunto
da sociedade, continuar desenvolvendo os aspectos máis daniños da LOMCE é
unha declaración de intencións clara, que dende as familias que compoñemos a
Comunidade Educativa dos Colexios Públicos de Galicia rexeitamos frontalmente.
Polo tanto, CONFAPA GALICIA esixe da Administración educativa a paralización e
a retirada da devandita proba e invita a toda a Comunidade Educativa a opoñerse
activamente ao seu desenvolvemento.
Xunta Directiva
CONFAPA GALICIA
Maio de 2018.

EN EL SIGUIENTE ENLACE OS PODEIS DESCARGAR EL JUSTIFICANTE DE AUSENCIA


JUSTIFICACION AUSENCIA



miércoles, 16 de mayo de 2018

ACTIVIDADES EN FAMILIA

ACTIVIDADES EN FAMILIA

Boas tardes:

Estamos a piques de finalizar un ano  máis de actividades extraescolares. . E como remate final queremos que pasedes unha xornada cos nenos e nenas.


Este e o calendario:


Luns 21: Art Attack ( na aula)  e guitarra ( usos múltiples)


Martes 22: Zumba ( nos dous turnos, salón actos)


Miércoles 23: Atletismo ( no patio)


Xoves 24: Fun  y Trinity


Venres 25: Fútbol ( no patio)


Martes 29:  Baloncesto ( no patio)


Mércores 30: Teatro( salón de actos) e Capoeira ( ximnasio)


Xoves 31: Xadrez ( no patio)


A entrada farase pola porta de actividades.


Recordade que o venres 1 de xuño xa non hai actividades nin biblioteca

A Coruña 16 de Maio de 2018

Natacion

Bo día:
Desde o Servizo municipal de Deportes, infórmannos que na semana do 28 ao 31 de maio finalizarán as actividades de NATACIÓN ESCOLAR, polo que esa semana será de portas abertas, para que os pais que desexen, poidan ir presenciar as clases de natación no horario habitual.

Un cordial saúdo a todos

viernes, 4 de mayo de 2018

2 asamblea de socios








Pola presente se convoca segunda asamblea de socios curso 2017/2018 do anpa San Cristobal do C.E.I.P. Wenceslao Fernández Flórez, na biblioteca do centro escolar as 16,00 horas en 1º convocatoria e 16:15 en segunda convocatoria o dia 28 de maio,  co seguinte orde do día.

A ORDE DO DÍA:
  1. Lectura do Acta Anterior
  2. Programa de actividades  curso 2018-2019
  3. Mellora do comedor: informatización
  4. Aprobación dos novos cargos da Xunta Directiva.
  5. Rogos e preguntas