viernes, 16 de septiembre de 2016

IMPRESO DE INSCRIPCIÓN NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Podedes descargar o impreso de inscripción nas actividades extraescolares no menú superior, pestana actividades extraescolares.
Alí podedes atopar toda a información sobre as distintas actividades, horario, prezos,..., e tendes o enlace de descarga do modelo de inscripción.
Recordade que o prazo de inscripción é do luns, 18 as 9:10 am ata o xoves, 21 as 00:00 am. E que a adxudicación de prazas farase por orden de recepción das solicitudes, para o caso de que houbera mais solicitudes que prazas.
As solicitudes recibidas por correo xa levan a data e hora do envío e nas entregadas en persoa anotarase a data e hora da entrega, de xeito que sempre se poida consultar a orde correlativa de todas as solicitudes recibidas.
O medio preferible é por correo electrónico (inscripciones.anpasancristobal@gmail.com), ainda que tamén se recollerán no local da ANPA no horario de atención ao público. Non se recollerán as preinscripcións que se deixen no buzón, por non poder asignarlles unha data e hora de recepción.

https://docs.google.com/document/d/1wb9fJhZa0f9ekF-U73rt8sIR9llGn5LOxrQV84aGyxk/edit

lunes, 12 de septiembre de 2016

Inscripcións programa LISTEN AND SPEAK

Hoxe comeza o prazo para inscribir aos alumnos no programa municipal LISTEN and SPEAK.
A inscripción e vía web, e son as familias as que deben facela. Aquí (click) tedes información sobre o programa.
Achegamos o enlace para facer a inscripción.

Recordade que o horario de LISTEN and SPEAK no noso centro é os martes e xoves de 16 a 17 para os rapaces de 3º e 4º, e de 17 a 18 para os de 5º e 6º.

lunes, 6 de junio de 2016

FÚTBOL: clube SILVA S.D.

Unha socia achegounos a seguinte documentación sobre o clube SILVA SD, que está a formar equipos de fútbol mixtos, para todas as categorías (nados dende o 1998 ata o 2013).
Se vos interesa podedes recabar mais información na sua páxina web (www.clubsilva.com) ou descargar este díptico no que atoparedes toda a información.

Convocatoria de Asamblea Xeral Extraordinaria

Convocatoria de Asamblea Xeral Extraordinaria o próximo luns, 13 de xuño as 16:00h en primeira convocatoria e as 16:30h en segunda convocatoria, no comedor do colexio, coa seguinte orde do día:


1- Aprobación, se procede, dos cambios nos cargos dentro dos membros da Xunta Directiva.

2- Resultado das enquisas sobre os servizos de comedor e actividades.

3- Transporte escolar.

4- Rogos e preguntas.

Podedes descargar a convocatoria aquí.

viernes, 3 de junio de 2016

YOGA Nenos/as



É imprescindible anotarse na Anpa.
Actividade para nen@s que cursen Educacion Primaria no curso 2016-2017

miércoles, 6 de abril de 2016

AXUDEMOS A SIRIA


Estimadas familias:

En vista dos acontecementos que diariamente chegan a nós mediante noticias e imaxes terribles do que está a ocorrer co pobo sirio, dende a Anpa San Cristóbal decidimos participar co noso pequeno grao de area, realizando unha recollida de material para axuda humanitaria, en colaboración coa AAPS (Asociación de Ayuda al Pueblo Sirio www.aaps.es)

Esta ONG, de carácter apolítico, foi creada para paliar, na medida das súas posibilidades, as dramáticas necesidades da poboación siria, poñendo o foco ante todo nas persoas que seguen a ser vítimas da guerra, esforzándose en que as axudas cheguen ás persoas desprazadas de todo o país

Segundo nos informan, a día de hoxe son prioritarios os seguintes produtos e materiais:

  • MANTAS
  • ALIMENTOS NON PERECEDEIROS (latas, bolsas, alimentos infantís, etc... É importante que non leve carne de porco)
  • XOGUETES
  • MATERIAL SANITARIO (tiras adhesivas, vendas, esparadrapo, desinfectantes, luvas)
  • PRODUTOS DE HIXIENE PERSONAL (xabón, compresas, cueiros...)
  • MATERIAL ESCOLAR (pinturas, libretas, lapis...)

NON RECOLLEREMOS MEDICAMENTOS, ROUPA OU CALZADO.

A recollida será puntual (polas necesidades apremiantes, e a falta de espazo axeitado para conservar as donacións). Dará comezo o día 8 e rematará o 18 deste mes de Abril.

Para todas aquelas persoas que estedes interesadas en colaborar, os horarios de recollida coincidirán cos que temos a oficina da Anpa aberta para atención ás familias:

Coma sempre, moitas grazas as familias por colaborar nesta campaña, é agrademosvos tamén a difusión que dela poidades facer.

Un saúdo.
A Xunta Directiva da Anpa San Cristóbal.




martes, 5 de abril de 2016

Convocatoria municipal de Bolsas de comedor 2016-2017

O martes 5 de abril de 2016, publícaronse no BOP da Coruña as bases que rexerán a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da A Coruña para o curso 2016-2017. Podedes descargas as bases AQUÍ (pdf).

O prazo para solicitalas é do 6 ao 22 de abril, ambos os dous incluídos, e realizarase preferentemente nos Rexistros municipais.

Na propia convocatoria figuran os Anexos 1 e 2 que se deben presentar, debidamente cubertos e asinados, xunto co resto da documentación xustificativa que se recolle na Base 8 da convocatoria. Aquí podedes descargar o ANEXO 1 e o ANEXO 2.

Aínda que gran parte dos requisitos e condicións mantéñense como en convocatorias anteriores, compre sinalar a principal, que é que tódolos centros públicos de infantil e primaria (CEIP), secundaria (IES) e de educación especial (CEE, sexa cal sexa a súa titularidade), teñen cobertura TOTAL do coste do seu comedor escolar. Inclúese polo tanto o IES Elviña (o único con comedor) e o CEE Ntra. Sra. de Lourdes-Aspronaga, centro de educación especial concertado.

A información e os impresos pódense obter na web municipal de servizos sociais (www.coruna.es/serviciossociales), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.


Servicio de comedor: visita ás novas instalacións de Jardanay S.L.

A Xunta Directiva da ANPA  tivo a oportunidade de facer unha visita ás novas instalacións de Jardanay S.L., empresa que presta o servizo de comedor no centro, atendendo á invitación feita polos responsables da mesma.

As instalacións atopanse no polígono de A Grela. Alí puidemos ver o proceso de elaboración dos menús, e como se fai o transporte ata os centros educativos. Aquí podedes ver a representación da Xunta Directiva cos representantes da empresa:




E aquí tedes outra vista das instalacións:




Menú do comedor - Abril, Maio e Xuño 2106

Pinchando NESTE ENLACE podedesvos descargar o menú do comedor do terceiro trimestre.



miércoles, 24 de febrero de 2016

Pode que che interese... VII CERTAME DE DESEÑO ESCOLAR "Deseña unha xoia para a túa nai"

Tivemos noticias de que a Federación Galega de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros, en colaboración co Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia (Coxga) convocou o VII Certame  de Deseño escolar "Deseña unha xoia para a túa nai", dirixido  a escolares de educación infantil e primaria de Galicia, con idades comprendidas entre os 0 e os 12 anos (inclusive), con ocasión da celebración do Día da Nai.
Aquí che deixamos toda a información: poderás atopar as bases, e descargar o díptico.

O prazo de presentación dos deseños vai do 4 ao 31 de marzo do 2016. Estableceranse catro categorías, por idade, e en cada unha delas seleccionaranse 20 deseños finalistas, de entre os que saíran os tres primeiros premios para cada unha das categorías de idade.

Poderás ver o teu deseño feito realidade, se resultas gañador na túa categoría.


lunes, 11 de enero de 2016

Cambios en el menú del comedor para el martes 9 de enero

Jardanay, la empresa que gestiona el catering del comedor escolar, nos ha avisado de que el menú previsto para mañana, martes 12 de enero, ha sufrido cambios y pasará a ser:

     Primer plato:          Sopa de fideos con verduras.
     Segundo plato:       Guiso de bacalao.