viernes, 16 de septiembre de 2016

IMPRESO DE INSCRIPCIÓN NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Podedes descargar o impreso de inscripción nas actividades extraescolares no menú superior, pestana actividades extraescolares.
Alí podedes atopar toda a información sobre as distintas actividades, horario, prezos,..., e tendes o enlace de descarga do modelo de inscripción.
Recordade que o prazo de inscripción é do luns, 18 as 9:10 am ata o xoves, 21 as 00:00 am. E que a adxudicación de prazas farase por orden de recepción das solicitudes, para o caso de que houbera mais solicitudes que prazas.
As solicitudes recibidas por correo xa levan a data e hora do envío e nas entregadas en persoa anotarase a data e hora da entrega, de xeito que sempre se poida consultar a orde correlativa de todas as solicitudes recibidas.
O medio preferible é por correo electrónico (inscripciones.anpasancristobal@gmail.com), ainda que tamén se recollerán no local da ANPA no horario de atención ao público. Non se recollerán as preinscripcións que se deixen no buzón, por non poder asignarlles unha data e hora de recepción.

https://docs.google.com/document/d/1wb9fJhZa0f9ekF-U73rt8sIR9llGn5LOxrQV84aGyxk/edit

No hay comentarios:

Publicar un comentario