miércoles, 6 de abril de 2016

AXUDEMOS A SIRIA


Estimadas familias:

En vista dos acontecementos que diariamente chegan a nós mediante noticias e imaxes terribles do que está a ocorrer co pobo sirio, dende a Anpa San Cristóbal decidimos participar co noso pequeno grao de area, realizando unha recollida de material para axuda humanitaria, en colaboración coa AAPS (Asociación de Ayuda al Pueblo Sirio www.aaps.es)

Esta ONG, de carácter apolítico, foi creada para paliar, na medida das súas posibilidades, as dramáticas necesidades da poboación siria, poñendo o foco ante todo nas persoas que seguen a ser vítimas da guerra, esforzándose en que as axudas cheguen ás persoas desprazadas de todo o país

Segundo nos informan, a día de hoxe son prioritarios os seguintes produtos e materiais:

  • MANTAS
  • ALIMENTOS NON PERECEDEIROS (latas, bolsas, alimentos infantís, etc... É importante que non leve carne de porco)
  • XOGUETES
  • MATERIAL SANITARIO (tiras adhesivas, vendas, esparadrapo, desinfectantes, luvas)
  • PRODUTOS DE HIXIENE PERSONAL (xabón, compresas, cueiros...)
  • MATERIAL ESCOLAR (pinturas, libretas, lapis...)

NON RECOLLEREMOS MEDICAMENTOS, ROUPA OU CALZADO.

A recollida será puntual (polas necesidades apremiantes, e a falta de espazo axeitado para conservar as donacións). Dará comezo o día 8 e rematará o 18 deste mes de Abril.

Para todas aquelas persoas que estedes interesadas en colaborar, os horarios de recollida coincidirán cos que temos a oficina da Anpa aberta para atención ás familias:

Coma sempre, moitas grazas as familias por colaborar nesta campaña, é agrademosvos tamén a difusión que dela poidades facer.

Un saúdo.
A Xunta Directiva da Anpa San Cristóbal.




No hay comentarios:

Publicar un comentario