Bos días! A partir do luns 16 poderedes pasar pola oficina da Anpa para cubrir as solicitudes do cartos que repartiremos de maneira proporcional entre as familias dos nenos e nenas que asistiron durante o pasado curso a comedor 2012-2013 (Subvención de comedores para asociacións da Xunta de Galicia).
O prazo de solicitude dos mesmos será do día 16 ó 20 de Xuño, en horario de oficina (de 9.10 a 9.40h.).
Despois de este prazo, entenderáse que as familias que non o soliciten donarán os cartos para todas aquelas necesidades que poidan xurdir no Comedor.
Pasado este tempo, en canto nos sexa posible, pasaremos a realizar as transferencias ós números de contas bancarias que nos indiquedes.
Lembrade traer os vosos DNIs e tamén os datos das vosas contas bancarias.
Un saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario