Temos moitísimos libros donados polas familias, en moi bo estado, dos cursos de 3º,4º,5º e 6º de E.Primaria (Relixión, Lengua, Lingua, Coñecemento do medio, Matemáticas...) .
Xa preparamos os lotes para as familias que fixeron a solicitude formal (a maioría xa se entregaron).
O resto de libros SOBRAN.
Se queredes pasar pola Anpa mañá e pasado, de 10 a 11.30, podedes velos e recoller os que necesitedes.
É unha mágoa, porque para o curso 2015-16 non van servir, segundo a información que temos.
Por favor, pasade esta información ós coñecidos, podedes aforrar un lote de cartos.
No caso de que sobren, procuraremos donalos a outras Anpas ou asociacións nas que se intercambian materiais escolares. Podedes aportarnos ideas se sabedes de quen os recolla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario