miércoles, 25 de junio de 2014

LIBROS SOBRANTES DAS DONACIÓNS

Temos moitísimos libros donados polas familias, en moi bo estado, dos cursos de 3º,4º,5º e 6º de E.Primaria (Relixión, Lengua, Lingua, Coñecemento do medio, Matemáticas...) .
Xa preparamos os lotes para as familias que fixeron a solicitude formal (a maioría xa se entregaron).
O resto de libros SOBRAN.
Se queredes pasar pola Anpa mañá e pasado, de 10 a 11.30, podedes velos e recoller os que necesitedes.
É unha mágoa, porque para o curso 2015-16 non van servir, segundo a información que temos.
Por favor, pasade esta información ós coñecidos, podedes aforrar un lote de cartos.
No caso de que sobren, procuraremos donalos a outras Anpas ou asociacións nas que se intercambian materiais escolares. Podedes aportarnos ideas se sabedes de quen os recolla.

jueves, 19 de junio de 2014

ERRATA BANCO DE LIBROS


Seguramente xa vos díchedes conta, pero por se algún despistado pensa que imos pasar todo o verán no cole, queríamos avisar de que na circular que pasamos do Banco de libros, pon que a data límite para entregar os libros será o 25 de Xullo, e que até finais de Xullo comunicaremos ás familias que libros se lle donan para que pasen a recollelos.
Lóxicamente é unha errata, e todo isto o faremos durante esta derradeira semán de XUÑO, posto que ademáis de que o cole pecha, nós tamén collemos mini-vacacións de Anpa....
Un saúdo e bo verán.

lunes, 16 de junio de 2014

SOLICITUDE CARTOS SUBVENCIÓN COMEDORES

Coa fin de facilitarlle a solicitude a aquelas familias que non se poidan desprazar á oficina da Anpa durante os nosos horarios no prazo establecido, todos aqueles a quen lles resulte máis doado, poderán facela a través do correo electrónico (anpa.sancristobal@gmail.com), indicando o motivo e os datos requeridos ( SOLICITUDE CARTOS SUBVENCIÓN COMEDOR CURSO 2012-2013 Nome da nai/pai/titor, DNI, nome dos fillos/as, e número de conta no que desexa que lles sexan ingresados os cartos).

A directiva da Anpa non puido dispoñer de estos cartos antes da data na que se avisou ás familias (o pasado venres día 13) por motivos alleos a nós, e como persoas voluntarias que somos, a partir de que finalice o curso, ademáis do Banco de libros na semán seguinte, non xestionaremos outras necesidades da asociación salvo que sexan de verdadeira urxencia, de ahí que o prazo de solicitude dos cartos estea limitado a esta presente semán.

viernes, 13 de junio de 2014

Rutas Seguras. Stop accidentes.

O luns pasado a xente da asociación Stop Accidentes fixo unha presentación no noso colexio da súa proposta de rutas seguras, estando estas colgadas na páxina web: Stop Accidentes.
É necesaria a nosa colaboración, revisando as rutas e facendo propostas para melloralas, se fora posible, ou incluso propoñer rutas alternativas.
Esto pode facerse dende a súa web ou ben por escrito na consexería co cole.
Isto contribue a mellorar a circulación dos peatones polo barrio e a vida no mesmo.

SUBVENCIÓN COMEDORES XUNTA DE GALICIA

Bos días! A partir do luns 16 poderedes pasar pola oficina da Anpa para cubrir as solicitudes do cartos que repartiremos de maneira proporcional entre as familias dos nenos e nenas que asistiron durante o pasado curso a comedor 2012-2013 (Subvención de comedores para asociacións da Xunta de Galicia).


O prazo de solicitude dos mesmos será do día 16 ó 20 de Xuño, en horario de oficina (de 9.10 a 9.40h.).

Despois de este prazo, entenderáse que as familias que non o soliciten donarán os cartos para todas aquelas necesidades que poidan xurdir no Comedor.

Pasado este tempo, en canto nos sexa posible, pasaremos a realizar as transferencias ós números de contas bancarias que nos indiquedes.

Lembrade traer os vosos DNIs e tamén os datos das vosas contas bancarias.

Un saúdo.