jueves, 20 de septiembre de 2012

Curso de cerámica En Terralume

 Algo de interes para os maiores, que non só os nenos e nenas teñen dereito a divertirse:
Data de Inscrición: setembro de 2012. Incorporacións posteriores axustaranse nos grupos formados.

Escola Taller Terralume.
Comezo: outubro de 2012.
Horario:
As clases son de 2 horas, e pódese acudir 1, 2 ou 3 días por semana. Pode formarse un grupo de mañá se hai un mínimo de 4 interesados. Polas tardes hai dúas quendas: de 17.00 a 19.00 ou de 19.00 a 21.00 h (ou 19.30 a 21.30 se se prefire en xeral). Na segunda quenda, os días en principio posibles son luns, mércores e venres, pactando entre o grupo.
Prezo:
Hai unha matrícula inicial de 20 € que só se aboa o primeiro ano (non se aboará en cursos sucesivos). As mensualidades van en función da cantidade de días á semana que se decidan:
- un día á semana= 50 € ao mes
- dous días á semana= 80 € ao mes
- tres días á semana= 100 € ao mes
No prezo inclúense todos os materiais e ferramentas, así como as coccións das pezas, e o único que se precisa é unha camisa longa, mandil, camiseta vella, etc... para non mancharse.
Información:
Terralume
R/ Sinforiano López, 28-30 baixo, 15005 A Coruña
Tel.: 649 232 996
terralume@terralume.es
http://www.terralume.es/e

No hay comentarios:

Publicar un comentario