Estimados pais e nais:
Saudámosvos ó comezo do
novo curso, e dámosvos a benvida a todos os que vos incorporades ó
Colexio por primeira vez.
Animámosvos a facervos
socios (aos novos), e a renovar a inscrición (aos veteranos).
A cota anual é de 23
euros por familia, e recordámosvos que ser socio é imprescindible
para poder dispor do servicio de Comedor e das Actividades
extraescolares. Tamén supón interesantes vantaxes no prezo das
actividades e excursións que se organicen ó longo do curso.
Todo o que facemos é
posible gracias a que un grupo de persoas dedican unha gran parte do
seu tempo libre a traballar na ANPA; por iso pedímosvos, aos que
poidades, que vos incorporedes para aportar o voso gran de area.
Xa podedes pasar polo
local da ANPA para facer as inscricións nas Actividades
extraescolares.
O prazo será do 18 ó
24 de Setembro, e as actividades darán comezo o día 1 de
Outubro.
- Se as actividades son do Programa de Deporte no Centro será preciso entregar a ficha cuberta, xunto co xustificante de pago da cota (na mesma conta bancaria de La Caixa na que se fai o ingreso de socios: 2100-2725-20-0100369100).
- Para as actividades propias da ANPA (Activa) precisaredes só entregar cuberta a ficha correspondente (o pago será mensual por domiciliación bancaria).
- No caso de Judo só será necesario facer a inscrición no local da ANPA, xa que dos cobros se encarga o monitor.
No caso de que o número de crianzas que se anoten supere o
máximo establecido, a admisión será por rigurosa orde de
inscrición. Por outra banda, se algunha das actividades non sae
adiante por falta de solicitudes, se devolverán os cartos
ingresados.
Lembrámosvos que a ANPA
existe non só para organizar as actividades
extraescolares e o comedor, senón fundamentalmente para representar
os intereses das familias do alumnado na Comunidade Escolar, e
fundamentalmente no Consello Escolar, que é onde se toman moitas das
decisións que afectan ó Colexio.
Por iso, se existen
problemas e conflitos no ámbito escolar, debedes lembrar que a ANPA
é a principal vía para representar os intereses dos pais e nais
ante a Dirección do Centro e as autoridades educativas.
O horario da ANPA
dende o día 12 de Setembro e ate o día 30 será de luns a venres de
9 a 10h., e a partires de Outubro será Martes de 9 a 10h. e de 16 a
17h., Xoves de 9 a 10h.
Ademais podedes poñervos
en contacto con nós a través do correo electrónico, e informarvos
das actualidades no blogue, e tamén en Facebook.
Coa esperanza de un curso
proveitoso e tranquilo enviámosvos un saúdo.
A Xunta Directiva.
Luns 17 de Setembro de
2012.
No hay comentarios:
Publicar un comentario