viernes, 28 de septiembre de 2012

ACTIVIDAD DE NATACION.

Empieza el Lunes 1 Octubre.
Los horarios son los siguientes:
Hora de recogida de los escolares: En torno a las 16:00 horas
Hora de entrega de los escolares: En torno a las 17:50 horas

Actividades regulares de Artestudio para o curso 2012/2013

Enlace:
Programación curso 2012/2013
Cursos para adultos e nenos: pilates, teatro, danza contemporánea...
PILATESPrezo:
- 1 día/semana: 32 euros/mes
- 2 días/semana: 47 euros/mes
DANZA CONTEMPORÁNEA (nivel máis avanzado)
Prezo:
- 1 día/semana: 32 euros/mes
- 2 días/semana: 47 euros/mes
DANZA CONTEMPORÁNEA INICIACIÓN
Prezo:
- 1 día/semana: 25 euros/mes
- 2 días/semana: 38 euros/mes
DANZA EXIPCIA
Prezo:
1 día/semana: 30 euros/mes
TALLER DE CANCIÓN CREATIVAPrezo:
1 día/semana: 30 euros/mes
TEATROPrezo:
- 1 día/semana: 32 euros/mes
- 2 días/semana: 47 euros/mes
HIP-HOP:
Prezo:
- 1 día/semana: 32 euros/mes
DANZA MODERNA
Prezo:
2 días/semana: 45 euros/mes
CARIBEÑAS
Prezo:
- 1 día/semana: 32 euros/mes
MANTEMENTO
Prezo:
1 día/semana: 25 euros/mes

DANZA ADULTOS
Prezo:
- 1 día/semana: 25 euros/mes 
Nenos/as (De 4 a 10 anos)

EDUCACIÓN MUSICAL:
4 a 8 anos
TEATRO: 3 a 4 anos / 5 a 7 anos / 8 a 11 anos
DANZA: 3 a 4 anos / 5 a 7 anos / 8 a 11 anos
Prezos:
- 1 día/semana: 30 euros/mes
- 2 días/semana: 40 euros/mes
- 3 días/semana: 50 euros/mes
- 4 días/semana: 60 euros/mes
ACTIVIDADES DE DANZA E TEATRO DURANTE TODO O ANO, PARA TODAS AS IDADES
Programa de cursos intensivos de fin de semana “OLLADAS INTENSAS”: Risoterapia, Masaxes para bebés, Breakdance, Afrocubano, Contacontos, Monólogos Stand Up Comedy, Circo…..
Consultar en www.facebook.com/artestudioxestion
CLASES PERSONALIZADAS:
-
preparación de acceso a Escolas Oficiais de Arte Dramática.
- preparación de vals e/ou bailes para vodas ou eventos especiais.
- De canto…
PRAZAS LIMITADAS. Se tes Carné Xove ou veñen varias persoas da unidade familiar á mesma ou distinta actividade tedes un 10% de desconto na cota mensual.
 Información:
Artestudio Xestión Cultural
R/ Marina Neto Alvarez, 12, baixo – 15009 – A Coruña
Tlf:  981 131819 
Fani: 630867712
Ramiro: 696723016
produccion@artestudioxestioncultural.com
entremans@artestudioxestioncultural.com
http://artestudioxestioncultural.com/

jueves, 27 de septiembre de 2012

Programación segundo semestre cursos on-line da Cámara de Comercio

Data:
O último curso comeza o 23-11-2012
Entrada:
Dependendo do curso, entre 150 e 535 €.
Organizada por:
Cámara de Comercio, Industria e Navegación da Coruña
Enlace:
www.camaracoruna.com
A Cámara de Comercio, Industria e Navegación da Coruña programa diferentes cursos para o segundo semestre deste ano.
Tipos de cursos:
Bases de datos, Folla de cálculo, contabilidade, IVE e comercio exterior, transporte e loxística, Merchandising,...
Duración: dependendo do curso entre 15 e 50 horas.
Máis información:
Cámara de Comercio, Industria e Navegación da Coruña
R/ Alameda, 30, 1º. A Coruña
Tel.:  981 216 072 www.camaracoruna.com

miércoles, 26 de septiembre de 2012

ACTIVIDADES AXEDREZ E XOGOS

Os comunicamos que se abre nueva convocatoria para las actividades de Axedrez e Xogos, todos los interesados podeis apuntaros hasta el Martes dia 2 Octubre en el Anpa, una vez cubierto el impreso Amarillo y pagado en La Caixa.

viernes, 21 de septiembre de 2012

Unha curiosidade

Se queredes mecar algo para regalar ou para adornar as vosas casas podedes botarlle un ollo a esta páxina:

mimadrinha.wordpress.com

Ten cousas moi ben feitiñas con papel :).

Talleres Infantiles na Fundación Maria Jose Jove

O prazo de inscripción para os TALLERES INFANTILES da Fundación María José Jove abrese ó 10 DE SETEMBRO ata ó 28 DE SETEMBRO.

Mási información na web:

http://www.fundacionmariajosejove.org/inicio/areas-de-actividad/educacion-y-formacion/educacion/actividades-1/talleres-infantiles-20122013/talleres-infantiles-20122013-informacion-general-e-inscripciones/

Agardamos que vos sexa de utilidade esta información.

jueves, 20 de septiembre de 2012

Curso de cerámica En Terralume

 Algo de interes para os maiores, que non só os nenos e nenas teñen dereito a divertirse:
Data de Inscrición: setembro de 2012. Incorporacións posteriores axustaranse nos grupos formados.

Escola Taller Terralume.
Comezo: outubro de 2012.
Horario:
As clases son de 2 horas, e pódese acudir 1, 2 ou 3 días por semana. Pode formarse un grupo de mañá se hai un mínimo de 4 interesados. Polas tardes hai dúas quendas: de 17.00 a 19.00 ou de 19.00 a 21.00 h (ou 19.30 a 21.30 se se prefire en xeral). Na segunda quenda, os días en principio posibles son luns, mércores e venres, pactando entre o grupo.
Prezo:
Hai unha matrícula inicial de 20 € que só se aboa o primeiro ano (non se aboará en cursos sucesivos). As mensualidades van en función da cantidade de días á semana que se decidan:
- un día á semana= 50 € ao mes
- dous días á semana= 80 € ao mes
- tres días á semana= 100 € ao mes
No prezo inclúense todos os materiais e ferramentas, así como as coccións das pezas, e o único que se precisa é unha camisa longa, mandil, camiseta vella, etc... para non mancharse.
Información:
Terralume
R/ Sinforiano López, 28-30 baixo, 15005 A Coruña
Tel.: 649 232 996
terralume@terralume.es
http://www.terralume.es/e

Actividades nas piscinas municipais.

Mañan abrese o prazo de inscripción nas piscinas municipais.
Máis información nos complexos deportivos.

lunes, 17 de septiembre de 2012

Un recurso para os curiosos

Hoxe gustaríame compartir un recurso para esos días de choiva, coma o de hoxe, nos que a veces nos faltan ideas de cousas para facer cos máis pequechos da casa.
 Agardo que vos sexa de utilidade e gustaríame que tamén vos fixerades as vosas porpostas, ben aquí, no voso blog, ou na páxina de facebook da ANPA San Cristobal.
 Graciñas a todas e todos.

http://www.lentejasparatusorejas.com/

Folla informativa

Ola, poñemos a vosa disposición o díptico informativo da ANPA San Cristobal, agardando que vos resulte de utilidade e vos anime a colaborar con nós na medida das vosas posibilidades.

https://docs.google.com/open?id=0B_eXYcVvQeiOaGFyZDkyWWp0OEE

Calendario de Actividades Extraescolares

SALAS
HORARIO
LUNES
MARTES
MIÉRCOLES
JUEVES
VIERNES

GIMNASIO
16-17:00

JUDO
(P3-2º)
CIRCO Y MAGIA
(E. INFANTIL-1º)
JUGANDO EN INGLÉS
( P3-2º)
JUDO
(P3-2º)
17-18:00

JUDO
(3º-6º)
JUGANDO EN INGLÉS
(P3-2º)
CIRCO Y MAGIA


JUDO
(3º-6º)

USOS MÚLTIPLES
16-17:00

RITMO
(BAILE MODERNO)
(P3-P5)
TEATRO
(P3-3º)
BAILE MODERNO.
(1º-6º)
TEATRO
(P3-2º)
17-18:00

BAILE MODERNO.
(1º-6º)
TEATRO EN INGLÉS
(3º-6º)
RITMO
(BAILE MODERNO)
(P3-P5)
TEATRO EN INGLÉS
(3º-6º)

PATIO GRANDE
16-17:00
FÚTBOL
(P5-2º)
FÚTBOL
(P5-2º)
FÚTBOL
5º-6º
BAILE GALLEGO
(p3-6º)
FÚTBOL
5º-6º
17-18:00
BALONCESTO
(1º-6º)
FÚTBOL
(3º-4º)
FÚTBOL
(3º-4º)
BALONCESTO
(1º-6º)



PATIO PEQUEÑO
16-17:00
JUEGOS
(E.INFANTIL)
PATINAJE INICIACIÓN
JUEGOS.
(E. INFANTIL)


PATINAJE INICIACION
17-18:00

PATINAJE PERFECCIO.
BAILE GALLEGO
(p3-6º)


PATINAJE PERFECCIONAM.
CLASE DIBUJO 16-17:00
DIBUJO


PINTURA


DIBUJO




PINTURA


COMEDOR 16-17:00

AJEDREZ
(1º-6º)
JUEGOS DE TABLERO
(E. INFANTIL)
AJEDREZ
(1º-6º)
JUEGOS DE TABLERO.
(E. INFANTIL)

Benvida ó novo curso

Estimados pais e nais:

Saudámosvos ó comezo do novo curso, e dámosvos a benvida a todos os que vos incorporades ó Colexio por primeira vez.

Animámosvos a facervos socios (aos novos), e a renovar a inscrición (aos veteranos).
A cota anual é de 23 euros por familia, e recordámosvos que ser socio é imprescindible para poder dispor do servicio de Comedor e das Actividades extraescolares. Tamén supón interesantes vantaxes no prezo das actividades e excursións que se organicen ó longo do curso.
Todo o que facemos é posible gracias a que un grupo de persoas dedican unha gran parte do seu tempo libre a traballar na ANPA; por iso pedímosvos, aos que poidades, que vos incorporedes para aportar o voso gran de area.

Xa podedes pasar polo local da ANPA para facer as inscricións nas Actividades extraescolares.
O prazo será do 18 ó 24 de Setembro, e as actividades darán comezo o día 1 de Outubro.

  • Se as actividades son do Programa de Deporte no Centro será preciso entregar a ficha cuberta, xunto co xustificante de pago da cota (na mesma conta bancaria de La Caixa na que se fai o ingreso de socios: 2100-2725-20-0100369100).
  • Para as actividades propias da ANPA (Activa) precisaredes só entregar cuberta a ficha correspondente (o pago será mensual por domiciliación bancaria).
  • No caso de Judo só será necesario facer a inscrición no local da ANPA, xa que dos cobros se encarga o monitor.

No caso de que o número de crianzas que se anoten supere o máximo establecido, a admisión será por rigurosa orde de inscrición. Por outra banda, se algunha das actividades non sae adiante por falta de solicitudes, se devolverán os cartos ingresados.

Lembrámosvos que a ANPA existe non só para organizar as actividades extraescolares e o comedor, senón fundamentalmente para representar os intereses das familias do alumnado na Comunidade Escolar, e fundamentalmente no Consello Escolar, que é onde se toman moitas das decisións que afectan ó Colexio.
Por iso, se existen problemas e conflitos no ámbito escolar, debedes lembrar que a ANPA é a principal vía para representar os intereses dos pais e nais ante a Dirección do Centro e as autoridades educativas.

O horario da ANPA dende o día 12 de Setembro e ate o día 30 será de luns a venres de 9 a 10h., e a partires de Outubro será Martes de 9 a 10h. e de 16 a 17h., Xoves de 9 a 10h.
Ademais podedes poñervos en contacto con nós a través do correo electrónico, e informarvos das actualidades no blogue, e tamén en Facebook.

Coa esperanza de un curso proveitoso e tranquilo enviámosvos un saúdo.

A Xunta Directiva.

Luns 17 de Setembro de 2012.

miércoles, 5 de septiembre de 2012

MANDILON EDUCACION INFANTIL

.
 
En la zona lo hay o habia en la
c/ Europa nº14 Merceria Emilia y en
Avd. Mallos nº41 en Mercería Manoli

domingo, 2 de septiembre de 2012