viernes, 17 de agosto de 2012

Axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico.

Axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico.

Data:
diferentes prazos.
Requisitos:

  • Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nun centro sostido con fondos públicos de Galicia durante o curso escolar 2012/2013, e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1.º ou 2.º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo se emprega material que non podeser reutilizado.
  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros.
  • As solicitudes entregaranse nos centros docentes en que estea matriculado o alumnado.
  • Prazo de presentación de instancias:
    a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 2 de xuño ao 2 de xullo de 2012, ambos inclusive.
    b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2012, ambos inclusive.
    c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 1 de setembro ao 1 de outubro de 2012, ambos inclusive.
    d) Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso, o prazo será dun mes a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2013.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos.

Xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e O.U. da Coruña
Praza Luis Seoane, s/n (Edificio Administrativo de Monelos)
15008 A Coruña
http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria
Publicación
DOG: 01-06-2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario