- Data:
- Dende o 03/09/2012 ata o 05/09/2012
- Entrada:
- 7,74 €. 11,61 €
- Organizada por:
- C. C. M. Os Mallos
- Requisitos:
- NORMAS XERAIS DE PARTICIPACIÓN NAS ACTIVIDADES DOS CENTROS CÍVICOS NORMAS DE SOLICITUDE.
PREINSCRICIÓN E INSCRICIÓN DEFINITIVA:
1. Os participantes das actividades deberán ter a idade esixida nas condicións de cada actividade. 2. Poderanse solicitar un máximo de tres actividades diferentes por persoa e centro.
3. Terán prioridade no acceso ás actividades as persoas que estean empadroadas no municipio da Coruña, no momento de formalizar a preinscrición.
4. Non se admitirá a inscrición definitiva dunha mesma persoa na mesma actividade en centros cívicos diferentes e, se se dese o caso, procederase á anulación de todas as inscricións desta persoa.
5. No momento de presentar a solicitude de preinscrición, o Concello asignará un número correlativo a cada solicitude.
6. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, e en caso de haber maior demanda que prazas dispoñibles, en cada Centro Cívico realizarase un sorteo público para a asignación de prazas e elaboración das listas de espera. As listas de participantes admitidos nas actividades e as listas de espera elaboraranse por rigorosa orde correlativo a partir do número obtido no sorteo.
7. Se a actividade non reúne o número mínimo de solicitudes de participantes previsto (preinscricións), o equipo técnico do Centro Cívico, poderá acordar a súa supresión.
8. As listaxes de participantes admitidos, así como as listas de espera, exporanse no taboleiro de anuncios de cada Centro Cívico. Tamén poderán consultarse na páxina web: www.corunasolidaria.org, ou no teléfono de información municipal 010.
9. Unha vez admitidos, os solicitantes deberán retirar, en calquera Centro Cívico, o impreso necesario para realizar o pago a través da entidade e canta bancaria que nel se indica.
10. A inscrición definitiva na actividade de cada Centro Cívico non se fará efectiva ata a presentación, no mesmo Centro Cívico, do documento bancario acreditativo do abono do prezo público que corresponda. Este trámite deberá relizarse, necesariamente, dentro do prazo e horarios establecidos para a inscrición en cada convocatoria; de non ser así, perderase o dereito á praza na actividade e Centro Cívico correspondente.
11. Os prezos correspondentes a cada actividade fíxanse de acordo coas tarifas vixentes aprobadas na Ordenanza Fiscal nº43, reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas, de lecer e análogas de titularidade municipal (ordenanza fiscal publicada no BOP da Coruña de 28/12/2011). - Enlace:
- www.corunasolidaria.org
Inscrición previa:
3, 4 e 5 de setembro de 2012Horario: 10.00 a 13.30 h e de 16.30 a 20.00 h.
Sorteo: 6 de setembro ás 11.00 h Publicación da lista de admitidos: 18 de setembro Prazo de inscrición: 19, 20 e 21 de setembro Horario: 10.00 a 13.00 h e de 17.00 a 20.00 h.
Inicio de actividades: semana do 24 de setembro.
Fin de actividades: semana do 16 de decembro.
ACTIVIDADES:
- PARA MENORES: Baile chiquimoderno. Baile moderno1. Pequeinformática. Play in English 1. Apoio Escolar 1. Rincón do Xogo. Cibercaixa.
- PARA A MOCIDADE: Apoio escolar para ESO. Break Dance. Baile Zumba. Aula de Estudo "Hipatia de Alejandría".
- INTERXERACIONAIS CUADRIMESTRAIS: Pintura ao óleo 1. Pintura ao óleo 2. Bailes de salón. Ioga 1 e 2. Ximnasia mantemento. Pilates. Taichi 1 e 2.
- PARA MULLERES: Defensa persoal. Coidade por dentro (... e por fora).
- INTERXERACIONAIS ANUAIS: Encaixe de bolillos. Coral Saraiba.
- CLUBES: Costura "Os Arranxos". Encaixe de Bolillos. Ximnasia. Calceta. Labores. Informática.
INFORMACIÓN:
Centro Cívico Municipal Os Mallos Avda. de Arteixo, 147
Tel.: 981 184 364
ccosmallos@coruna.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario