martes, 28 de agosto de 2012

Mareas de Bergondo.

Data:
inscricións até cubrir prazas.
Horario:

Calendario:
- Primeiro percorido: sábado 1 de setembro, 10:00 horas.
- Segundo percorrido: domingo 2 de setembro, 10:00 horas.
- Terceiro percorrido: sábado 8 de setembro, 16:00 horas.
- Cuarto percorrido: domingo 9 de setembro, 16:00 horas.
- Quinto percorrido: sábado 15 de setembro, 10:00 horas.
- Sexto percorrido: domingo 16 de setembro, 10:00 horas.
- Sétimo percorrido : sábado 22 de setembro, 16:00 horas.
- Oitavo percorrido : domingo 23 de setembro, 16:00 horas.

Cada percorrido terá unha duración aproximada de 3 horas.
Entrada:

A actividade é gratuíta. 
Requisitos:

  • Recomendado para maiores de 12 anos.
  • Material para o percorrido: Imprescindible protección solar, auga e calzado adecuado para as rochas. Recomendables prismáticos e impermeable por si as condicións meteorolóxicas o fan necesario.
  • Facer inscrición. Prazas limitadas.
O concello de Bergondo promove o proxecto Mareas de Bergondo co obxectivo de poñer en valor a zona costeira do concello. Plantéxase un conxunto de actividades sendo a primeira delas o I Sendeiro Intermareal; percorridos guiados pola Chaira Intermareal de Bergondo durante as fins de semana do mes de setembro de 2012.

Máis información:
Nas páxinas: http://ww.facebook.es/mareasdebergondo  e #mareasdebergondo
No blog http://www.ribeiran.com/mareas
No correo electrónico: mareas@ribeiran.com
No teléfono  644 516381

Actividades e obradoiros setembro - decembro 2012 C.C.M. Os Mallos

Data:
Dende o 03/09/2012 ata o 05/09/2012
Entrada:
7,74 €.  11,61 €
Organizada por:
C. C. M. Os Mallos
Requisitos:
NORMAS XERAIS DE PARTICIPACIÓN NAS ACTIVIDADES DOS CENTROS CÍVICOS NORMAS DE SOLICITUDE.
PREINSCRICIÓN E INSCRICIÓN DEFINITIVA:
1. Os participantes das actividades deberán ter a idade esixida nas condicións de cada actividade. 2. Poderanse solicitar un máximo de tres actividades diferentes por persoa e centro.
3. Terán prioridade no acceso ás actividades as persoas que estean empadroadas no municipio da Coruña, no momento de formalizar a preinscrición.
4. Non se admitirá a inscrición definitiva dunha mesma persoa na mesma actividade en centros cívicos diferentes e, se se dese o caso, procederase á anulación de todas as inscricións desta persoa.
5. No momento de presentar a solicitude de preinscrición, o Concello asignará un número correlativo a cada solicitude.
6. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, e en caso de haber maior demanda que prazas dispoñibles, en cada Centro Cívico realizarase un sorteo público para a asignación de prazas e elaboración das listas de espera. As listas de participantes admitidos nas actividades e as listas de espera elaboraranse por rigorosa orde correlativo a partir do número obtido no sorteo.
7. Se a actividade non reúne o número mínimo de solicitudes de participantes previsto (preinscricións), o equipo técnico do Centro Cívico, poderá acordar a súa supresión.
8. As listaxes de participantes admitidos, así como as listas de espera, exporanse no taboleiro de anuncios de cada Centro Cívico. Tamén poderán consultarse na páxina web: www.corunasolidaria.org, ou no teléfono de información municipal 010.
9. Unha vez admitidos, os solicitantes deberán retirar, en calquera Centro Cívico, o impreso necesario para realizar o pago a través da entidade e canta bancaria que nel se indica.
10. A inscrición definitiva na actividade de cada Centro Cívico non se fará efectiva ata a presentación, no mesmo Centro Cívico, do documento bancario acreditativo do abono do prezo público que corresponda. Este trámite deberá relizarse, necesariamente, dentro do prazo e horarios establecidos para a inscrición en cada convocatoria; de non ser así, perderase o dereito á praza na actividade e Centro Cívico correspondente.
11. Os prezos correspondentes a cada actividade fíxanse de acordo coas tarifas vixentes aprobadas na Ordenanza Fiscal nº43, reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas, de lecer e análogas de titularidade municipal (ordenanza fiscal publicada no BOP da Coruña de 28/12/2011).
Enlace:
www.corunasolidaria.org
Proposta de actividades e obradoiros do Centro Cívico Municipal dos Mallos.
Inscrición previa:
3, 4 e 5 de setembro de 2012Horario: 10.00 a 13.30 h e de 16.30 a 20.00 h.
Sorteo: 6 de setembro ás 11.00 h Publicación da lista de admitidos: 18 de setembro Prazo de inscrición: 19, 20 e 21 de setembro Horario: 10.00 a 13.00 h e de 17.00 a 20.00 h.
Inicio de actividades: semana do 24 de setembro.
Fin de actividades: semana do 16 de decembro.
ACTIVIDADES:
- PARA MENORES: Baile chiquimoderno. Baile moderno1. Pequeinformática. Play in English 1. Apoio Escolar 1. Rincón do Xogo. Cibercaixa.
- PARA A MOCIDADE: Apoio escolar para ESO. Break Dance. Baile Zumba.  Aula de Estudo "Hipatia de Alejandría".
- INTERXERACIONAIS CUADRIMESTRAIS: Pintura ao óleo 1. Pintura ao óleo 2. Bailes de salón. Ioga 1 e 2. Ximnasia mantemento. Pilates. Taichi 1 e 2.
- PARA MULLERES: Defensa persoal. Coidade por dentro (... e por fora).
- INTERXERACIONAIS ANUAIS: Encaixe de bolillos. Coral Saraiba.
- CLUBES: Costura "Os Arranxos". Encaixe de Bolillos. Ximnasia. Calceta. Labores. Informática.

INFORMACIÓN:
Centro Cívico Municipal Os Mallos Avda. de Arteixo, 147
Tel.:  981 184 364 
ccosmallos@coruna.es

viernes, 24 de agosto de 2012

Ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo 2012-2013

Datos generales:

viernes, 17 de agosto de 2012

Axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico.

Axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico.

Data:
diferentes prazos.
Requisitos:

  • Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nun centro sostido con fondos públicos de Galicia durante o curso escolar 2012/2013, e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1.º ou 2.º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo se emprega material que non podeser reutilizado.
  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros.
  • As solicitudes entregaranse nos centros docentes en que estea matriculado o alumnado.
  • Prazo de presentación de instancias:
    a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 2 de xuño ao 2 de xullo de 2012, ambos inclusive.
    b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2012, ambos inclusive.
    c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 1 de setembro ao 1 de outubro de 2012, ambos inclusive.
    d) Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso, o prazo será dun mes a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2013.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos.

Xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e O.U. da Coruña
Praza Luis Seoane, s/n (Edificio Administrativo de Monelos)
15008 A Coruña
http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria
Publicación
DOG: 01-06-2012