jueves, 30 de mayo de 2013

Campamentos na Granxa de Barreiros

Campamentos na Granxa de Barreiros

Data:
inscricións ata cubrir prazas
Horario:
Quendas verán 2013 : 
  • 30 xuño-6 de xullo
  • 6 - 12 xullo
  • 30 xuño-12 xullo
  • 14 - 20 xullo
  • 20 - 27 xullo (campamento musical) 
Entrada:
Quenda 30 xuño-6 de xullo (7 días): 366 euros
Quenda 6 - 12 xullo (7 días): 366 euros
Quenda 30 xuño-12 xullo (13 días): 560 euros
Quenda 14 - 20 xullo (7 días): 366 euros
Quenda 20 - 27 xullo (campamento musical, 8 días): 590 euros
Quenda 20-27 xullo (campamento musical diúrno, 8 días): 286 euros
Quenda 14-20 xullo + campamento musical (14 días): 860 euros 
Requisitos:
Nenos e nenas de 5 a 12 anos.
Engadir ó meu móbil
La Granja de Barreiros organiza estancias de verán para nenos e nenas de 5 a 12 anos, e un campamento musical para nenos e nenas de 7 a 16 anos.
Granxa de Barreiros
Lugar de Ortoá
27612 Sarria (Lugo)
Tel. 982 533 656
info@granxadebarreiros.com 
www.granxadebarreiros.com

miércoles, 29 de mayo de 2013

Campamentos Casa do Queixo

Campamentos Casa do Queixo

Data:

inscricións ata cubrir prazas.
Horario:
1º quenda: do 7 ao 14 de xullo de 2013
2º quenda: do 21 ao 28 de xullo de 2013
Entrada:
245 euros/quenda.
Requisitos:
Idades de 6 a 12 anos.
La Granja-Albergue Casa do Queixo organiza campamentos de verán para nenos e nenas de 6 a 12 anos.
Casa do Queixo
Casal de abaixo nº 2
15816-Grixalba, Sobrado do Monxes (A Coruña)
Tel. 650 955 265
info@casadoqueixo.com  
www.casadoqueixo.com

martes, 28 de mayo de 2013

Donación cartos Reforma Comedor Escolar


Reunidos onte, día 27 de Maio de 2013, en Asamblea Extraordinaria de socios da ANPA San Cristóbal, a totalidade das familias asistentes, votaron a favor de
solicitar ó resto das familias do noso centro escolar, que fagan unha donación económica, na medida do que cada quen poida, para completar a totalidade dos cartos ós que xa renunciaron previamente a maioría das familias dos nenos e nenas que asistiron ó comedor durante o curso pasado, e dese xeito se poida pagar a reforma do oficce, así como, no caso de que se supere o importe necesario, poder colaborar con pequenos arranxos e detalles que facilitarían a comodidade das crianzas, nas aulas que se utilizan de comedor (estantes, percheiros...).

Os cartos poden ser ingresados na conta da que dispón a asociación, facendo referencia ó motivo (Donación comedor) xunto co nome do donante:
La Caixa 2100-2725-20-0100369100

O prazo para a mesma será ata o venres 31 de Maio, coa fin de poder contratar á empresa de reformas, e para que conste en Acta previa á próxima Inspección sanitaria da Concellería de Educación da Xunta de Galicia.

NOTA: Se o ingreso se realiza por medio do caixeiro automático que hai nas propias oficinas de La Caixa, a entidade bancaria non cobra gastos de xestión.

Moitas grazas de antemán a tódalas familias que están colaborando, dun xeito ou outro, en este tema.

Recrea. Campamento Educativo

Recrea. Campamento Educativo

Data:
inscricións 1ª e 2ª quincena ata 14-06-2013. Resto ata 15-07-2013
Horario:
  • 1ª quincena: do 25 de xuño ao 5 de xullo
  • 2ª quincena: do 8 ao 19 de xullo
  • 3ª quincena: do 22 de xullo ao 2 de agosto
Horarios: 
- Quenda de mañá: de 8:45 a 14:30h.
- Quenda completa: de 8:45 a 17 h.  
Entrada:
Quenda de mañá: 150 euros
Quenda completa: 250 euros.
Tarifa adicional transporte: 40 euros
Requisitos:
  • Nenos e nenas de 4 a 12 anos.
A Residencia Rialta e a Fundación María José Jove organizan Recrea campamento educativo para nenos e nenas de 4 a 12 anos.
Completo Residencial Rialta
Rúa de Laxe 122-124. Rutis. Culleredo
Tel. 981 179 500
rialtadeporte@rialta.net