martes, 28 de mayo de 2013
Donación cartos Reforma Comedor Escolar
Reunidos onte, día 27 de Maio de 2013, en Asamblea Extraordinaria de socios da ANPA San Cristóbal, a totalidade das familias asistentes, votaron a favor de
solicitar ó resto das familias do noso centro escolar, que fagan unha donación económica, na medida do que cada quen poida, para completar a totalidade dos cartos ós que xa renunciaron previamente a maioría das familias dos nenos e nenas que asistiron ó comedor durante o curso pasado, e dese xeito se poida pagar a reforma do oficce, así como, no caso de que se supere o importe necesario, poder colaborar con pequenos arranxos e detalles que facilitarían a comodidade das crianzas, nas aulas que se utilizan de comedor (estantes, percheiros...).
Os cartos poden ser ingresados na conta da que dispón a asociación, facendo referencia ó motivo (Donación comedor) xunto co nome do donante:
La Caixa 2100-2725-20-0100369100
O prazo para a mesma será ata o venres 31 de Maio, coa fin de poder contratar á empresa de reformas, e para que conste en Acta previa á próxima Inspección sanitaria da Concellería de Educación da Xunta de Galicia.
NOTA: Se o ingreso se realiza por medio do caixeiro automático que hai nas propias oficinas de La Caixa, a entidade bancaria non cobra gastos de xestión.
Moitas grazas de antemán a tódalas familias que están colaborando, dun xeito ou outro, en este tema.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario