jueves, 11 de octubre de 2018

Estimados/as amigos/as

Nos comprace informar que dende o día de hoxe, e ata o 5 de novembro, queda aberto o prazo de inscricións para os Xogos Escolares 2018-2019.

Os Xogos Escolares son torneos deportivos dirixidos ao alumnado de centros educativos da cidadedesde 2º de Educación Primaria, ate ESO e Bachelerato, e teñen como obxectivo xeral incluír a competición como parte da formación e do desenvolvemento deportivo e persoal do alumnado.
 
Os Xogos Escolares son gratuítos para os/as participantes. 
 
A inscrición implica ter a cobertura dun seguro de accidente, e no caso dos CEIPS públicos da cidade, o transporte gratuíto de ida e volta á instalación desde o centro educativo de orixe, así como o persoal acompañante para o equipo que o solicite.
 
Podedes facer a vosa inscripcion no local do anpa.
Contactade con nós para calquera dúbida ou consulta sobre Programa, e formade os vosos equipos de participación.

Prazo de inscricións:Do 9 de outubro ao 5 de novembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario