miércoles, 6 de abril de 2016

AXUDEMOS A SIRIA


Estimadas familias:

En vista dos acontecementos que diariamente chegan a nós mediante noticias e imaxes terribles do que está a ocorrer co pobo sirio, dende a Anpa San Cristóbal decidimos participar co noso pequeno grao de area, realizando unha recollida de material para axuda humanitaria, en colaboración coa AAPS (Asociación de Ayuda al Pueblo Sirio www.aaps.es)

Esta ONG, de carácter apolítico, foi creada para paliar, na medida das súas posibilidades, as dramáticas necesidades da poboación siria, poñendo o foco ante todo nas persoas que seguen a ser vítimas da guerra, esforzándose en que as axudas cheguen ás persoas desprazadas de todo o país

Segundo nos informan, a día de hoxe son prioritarios os seguintes produtos e materiais:

  • MANTAS
  • ALIMENTOS NON PERECEDEIROS (latas, bolsas, alimentos infantís, etc... É importante que non leve carne de porco)
  • XOGUETES
  • MATERIAL SANITARIO (tiras adhesivas, vendas, esparadrapo, desinfectantes, luvas)
  • PRODUTOS DE HIXIENE PERSONAL (xabón, compresas, cueiros...)
  • MATERIAL ESCOLAR (pinturas, libretas, lapis...)

NON RECOLLEREMOS MEDICAMENTOS, ROUPA OU CALZADO.

A recollida será puntual (polas necesidades apremiantes, e a falta de espazo axeitado para conservar as donacións). Dará comezo o día 8 e rematará o 18 deste mes de Abril.

Para todas aquelas persoas que estedes interesadas en colaborar, os horarios de recollida coincidirán cos que temos a oficina da Anpa aberta para atención ás familias:

Coma sempre, moitas grazas as familias por colaborar nesta campaña, é agrademosvos tamén a difusión que dela poidades facer.

Un saúdo.
A Xunta Directiva da Anpa San Cristóbal.




martes, 5 de abril de 2016

Convocatoria municipal de Bolsas de comedor 2016-2017

O martes 5 de abril de 2016, publícaronse no BOP da Coruña as bases que rexerán a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da A Coruña para o curso 2016-2017. Podedes descargas as bases AQUÍ (pdf).

O prazo para solicitalas é do 6 ao 22 de abril, ambos os dous incluídos, e realizarase preferentemente nos Rexistros municipais.

Na propia convocatoria figuran os Anexos 1 e 2 que se deben presentar, debidamente cubertos e asinados, xunto co resto da documentación xustificativa que se recolle na Base 8 da convocatoria. Aquí podedes descargar o ANEXO 1 e o ANEXO 2.

Aínda que gran parte dos requisitos e condicións mantéñense como en convocatorias anteriores, compre sinalar a principal, que é que tódolos centros públicos de infantil e primaria (CEIP), secundaria (IES) e de educación especial (CEE, sexa cal sexa a súa titularidade), teñen cobertura TOTAL do coste do seu comedor escolar. Inclúese polo tanto o IES Elviña (o único con comedor) e o CEE Ntra. Sra. de Lourdes-Aspronaga, centro de educación especial concertado.

A información e os impresos pódense obter na web municipal de servizos sociais (www.coruna.es/serviciossociales), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.


Servicio de comedor: visita ás novas instalacións de Jardanay S.L.

A Xunta Directiva da ANPA  tivo a oportunidade de facer unha visita ás novas instalacións de Jardanay S.L., empresa que presta o servizo de comedor no centro, atendendo á invitación feita polos responsables da mesma.

As instalacións atopanse no polígono de A Grela. Alí puidemos ver o proceso de elaboración dos menús, e como se fai o transporte ata os centros educativos. Aquí podedes ver a representación da Xunta Directiva cos representantes da empresa:




E aquí tedes outra vista das instalacións:




Menú do comedor - Abril, Maio e Xuño 2106

Pinchando NESTE ENLACE podedesvos descargar o menú do comedor do terceiro trimestre.