A Federación de Anpas da Costa da Morte remitiunos unha invitación a participar nunha acción reivindicativa para concienciar a toda a comunidade educativa e aos poderes políticos da necesidade da correcta atención educativa hospitalaria e domiciliaria para o alumnado que non poida asistir á colexio por causas de longa enfermidade. Vaise formar unha cadea humana en Malpica de Bergantiños o 12 do 12, ás 12.
Se vos interesa o tema, podedes atopar máis información clicando no seguinte enlace: Cadea humana Malpica de Bergantiños, 12 do 12, ás 12.
No hay comentarios:
Publicar un comentario