lunes, 26 de mayo de 2014

UN DÍA ESPECIAL



Onte pasamos o día de excursión, e sen lugar a dúbidas foi moi completo e divertido.
Pola mañá a xente de O Ventoso ensinoulles ós nosos fillos e fillas un lote de cousas sobre a vida no campo e os animais, e ás nais e pais, nos deron un paseo polo lugar, para finalmente montar a cabalo de Evelyn, unha fermosa egua, super boa e tranquila.
Pola tarde comemos na área recreativa de Gabenlle, as empanadas, bocadillos, croquetas e demáis, e onde os cativos xogaron sen parar, e logo paseamos polo roteiro ó carón do río Anllóns.

Grazas a todos por participar, e axudar entre todos a pasar un día tan agradable e inolvidable.
E moitas grazas á xente de O Ventoso por mimarnos tanto a pequenos e adultos.

Unha aperta para as nosas dúas peques que non puideron vir por culpa da importuna Varicela...

Próximamente colgaremos un enlace ó Google Drive con máis fotografías.
Todos aqueles que teñades fotos, e queirades aportalas, enviádeas ó noso correo electrónico. Non temos permiso de publicar fotos de algunhas das persoas que participaron na excursión, así que agradecemos moito que non colguedes nada na nosa biografía sen que as revisemos antes (anpa.sancristobal@gmail.com).






No hay comentarios:

Publicar un comentario