viernes, 31 de mayo de 2013

Campamento de baloncesto

Campamento de baloncesto

Data:
inscricións ata cubrir prazas
Horario:
Quendas: 
- Do 8 ao 12 de xullo.
- Do 15 ao 19 de xullo.
- Do 22 ao 26 de xullo.
Horario: de 9:30 a 18:30.  
Entrada:
  • Prezo especial (xogadores do Básquet Coruña, colexios e clubs vinculados): 65 euros.
  • Prezo outrous pa r ticipa n tes: 75 eourous.  
  • Comida e merenda: 30 euros.
  • Bus opcional: 30 euros.

      
Requisitos:
Nenos e nenas de 5 a 12 anos.
Club Básquet Coruña organiza un campamento urbano de baloncesto que se celebrará na Cidade deportiva de Riazor en diferentes quendas do mes de xullo de 2013.
Club Básquet Coruña
c/ Arquitecto Rei Pedreira 3
15011 A Coruña
Tel. 981 264 022
club@basquetcoruna.com 
www.basquetcoruna.com

Campamentos Albergue Equal

Campamentos Albergue Equal

Data:
inscricións até cubrir prazas
Horario:
1ª quenda: Do 12 ao 20 de xullo
2ª quenda: Do 23 ao 31 de xullo
3ª quenda: Do 03 ao 11 de agosto
4ª quenda: Do 14 ao 22 de agosto
Entrada:
Con carné xove: 225 € 
Sin carné xove: 300 €
Requisitos:
Nenos e nenas de 7 a 14 anos
Equal Soc. Coop. Galega organiza no verán 2013 campamentos para nenos e nenas de 7 a 14 anos.
Albergue Xuvenil EQUAL
A Barra, Coles 32152, Ourense
Tel e fax: 988 206 353
info@centroequal.com    
http://www.centroequal.com/

jueves, 30 de mayo de 2013

Acta Asamblea Extraordinaria de socios Anpa San Cristóbal 27-05-13


Reunidos ás 16.10h. en primeira convocatoria, e ás 16.40 horas en segunda, da tarde do día 27 de Maio de 2013, no CEIP Wenceslao Fernández Flórez, iniciouse a Asemblea Xeral Extraordinaria da Anpa San Cristóbal.
Presiden a mesma Fátima Anllo (vicepresidenta), Aurora Miguelez (secretaria), Laura Vilas (vogal), Susana Manteiga (vogal), Jorge Puga (vogal), Carmen Rodríguez (vogal), J.Ángel Cabaleiro (vogal) e Sabela Pita (vogal). O total de asistentes á xunta é de 39 persoas.



Coa seguinte ORDE DO DÍA:
  1. Lectura da Acta da asamblea anterior: procedeuse a ler, a modo recordatorio, a acta da derradeira asamblea, do día 15 de Abril.

  2. Dimisión da Presidenta da Xunta Directiva: Montserrat Galera, ata agora Presidenta da asociación, presentou con data 17 de Abril, unha carta de dimisión do seu cargo, que foi lida nesta reunión, motivada polo que ela explicou como actitude inadecuada, e falta de respeto á súa persoa e ó resto da xunta directiva, sufrida durante as últimas datas, por parte de algunhas persoas que forman parte da comunidade de nais e pais do noso centro.
    Ante este punto, os representantes da xunta directiva, lembrámoslle de novo ás familias asistentes, cales son as funcións dos membros da asociación, así como que é unha labor totalmente voluntaria, coa fin de colaborar e participar activamente na mellora da educación ós nosos fillos e fillas.

  3. Seguro escolar: Explicóuselle ós presentes, que fomos informados por parte da Concellería de Educación, de que aínda que os centros constan con un Seguro de Responsabilidade Civil, dende que existe en este país a asistencia sanitaria gratuíta, segundo reflexan as normas xurídicas, o ensino obrigatorio non ten seguro escolar (ata 2º de E.S.O) , porque según nos explicaron, calquer neno ou nena accidentado ten dereito a ser atendido, xa que a asistencia sanitaria é gratuíta.
    Ante a falta de cobertura da Seguridade Social por exemplo, por rotura de dentes ou de gafas, decidimos informar ás familias para que decidan se desexan contratar, para o vindeiro curso, por medio da Anpa, unha póliza privada, que de algún xeito cubra os déficits da asitencia pública.
    Como a resposta das familias asitentes foi aprobatoria, solicitamos a todos aqueles que teñan interés, que colaboren buscando presupostos de diferentes compañías de seguros, para ter ideas para o comezo do curso 2013-2014 e dese xeito tomar unha decisión nesas datas.
    Inicialmente o que interesaría sería un seguro que cubrise os horarios completos do colexio (de 7.30 a 18h.)

  4. Comedor Escolar:
    Dos 150 nenos e nenas que asitiron o curso pasado a comedor, un total de 87 renunciaron a solicitar a parte correspondente da Subvención de Comedores da Xunta de Galicia para asociacións de nais e pais.
    O total dos cartos ós que renunciaron as familias, foi de 2864 € , que sumado a 273 € dos que dispón a conta da asociación (de cartos da mesma orixe, pero do curso 2010-11, que non foron recollidos por algunhas familias nas datas establecidas o curso pasado) suma 3137 €.
    Presentáronse as diferentes propostas de varias empresas para a reforma do oficce, antes as que os asistentes, por unanimidade, aprobaron aceptar un mobiliario de Aceiro inoxidable da empresa Talleres San Benito.
    Como a cantidade total dos cartos dos que se dispón, non chegan para o pago da obra, acordóuse que se informaría ó resto das familias do centro, para solicitarlles que colaboren mediante donacións para lograr acadar o necesario.
    Para eso, achegaráse esta información mediante os medios habituais (circulares, carteis, redes sociais...). As donacións terán que ser ingresadas na conta de La Caixa, para evitar incidencias ó manexar os cartos, e facilitar a contabilidade.
    Por outra banda, se fose necesario, para esta fin, serán invertidos un máximo de 500 € da conta da asociación.
    No caso de que finalmente os cartos acadados non sexan suficientes para pagar o presuposto elexido, aceptaráse o seguinte en prezo, da empresa IKEA, que ten revestimento en Aceiro, aínda que os mobles son de material laminado.
    Houbo persoas asistentes, que mostraron o seu desacordo en que non houbese xeito de “obrigar” ás familias dos nenos e nenas que asisten ó comedora, a pagar unha cota con esta fin.
    Estas mesmas, falaron da posibilidade de buscar mais información da que nos deu a Federación de Anpas, co obxectivo de confirmar se realmente a Subvención da Xunta non se pode utilizar para realizar a reforma necesaria, porque non confían en que verdadeiramente haxa que abonarlla ás familias, xa que saben que en outros centros escolares se fixo deste outro xeito. Esto era o que inicialmente a dirección da Anpa pretendía facer, porque dende FEDAPAs ó pedir información ó respecto, nos deran a entender que sí, pero cando recibiron queixas por parte de varias nais afectadas, nos indicaron o contrario, motivo polo que se fixo a asamblea na que soamente se convocou ás familias de nenos e nenas asistentes o pasado curso a comedor.

  5. Horta ecolóxica e Aparca-bicicletas: Foron ideas que xurdiron de algúns pais, polo que se propuxeron no Consello Escolar, e ámbalas dúas se aprobaron.
    A horta será un proxecto educativo con algúns dos mestres e mestras do centro, polo que solicitamos ás familias que estean interesadas en participar de algunha maneira (con información, material, tempo libre...) que se poñan en contacto con nós.
    O aparca-bicicletas foi aprobado polo Concello, así que agardamos que para o curso que ven estea instalado en algún lugar á entrada do colexio.

  6. Festa de Fin de Curso: Explicouse que será unha festa para nenos e nenas coas súas familias, o día 21 de Xuño pola tarde. Serán enviadas circulares para informar do prazo de inscripción e a cota a pagar.
    Tamén se falou da idea de facer, á par das actividades que faga a empresa contratada, un taller de realización de Ramos de San Xoán, pero para iso necesitariamos de persoas que colaborasen aportando herbas a víspera da celebración.

  7. Banco de libros: Debido á aprobación da nova Lei de Educación, para o vindeiro curso continuarán contando cos mesmos libros que en este, polo que as familias que o desexen, na última semán de curso, cando poidan dispoñer deles, poderán entregalos na oficia da Anpa, e os días 25 e 26 de Xuño, pasaremos a facer entrega, de algún xeito protocolizado, dos libros que se demanden.
    Os libros que poden ser reutilizados son os dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria (os dos cursos anteriores están escritos, e non sirven para esta fin).
  1. Banco de roupa: Unha nai propuxo a idea de crear un banco de roupa, para efectuar a recollida de roupa usada i en bo estado, que xa non lles sirva ás crianzas, e que dese xeito, as familias poidan facer intercambio da mesma, para reutilizala.
    Queda pendiente de confirmar se hai mais persoas voluntarias para participar en este proxecto, e de buscar un espacio para xestionalo.

  2. Actividades extraescolares: Salvo algunha nova imprevista, para o curso que ven, continuaremos ofertando as mesmas clases fóra do horario escolar, e ademais, durante o mes de Setembro, ofertaremos presentacións de diferentes propostas de varias empresas que teñen interés en impartir actividades distintas ás xa existentes, para ver se existe interés por parte das familias en que algunha delas poida levarse a cabo no noso centro.
    Tamén se falou da posibilidade de contratar un monitor/a para o coidado das crianzas de E.Infantil, no caso de que asistan a Comedor, e non teñan clases ata as 17h.(xa que non poden quedar na Biblioteca). Sería pagado polo grupo de familias interesadas.

  3. Suxerencias e preguntas: Unha das nais presentes, preguntou se podiamos valorar a contratación de un servicio de autobuses de transporte escolar para os vindeiros cursos.
    A raíz deste tema xurdíu a proposta de estudiar a iniciativa de Ruta Segura implantada no CEIP Concepción Arenal.




Sen mais temas a tratar, deuse por rematada a asamblea ás 17.45h.


Firmado:
Vicepresidenta         Secretaria



Campamentos de día Andaina

Campamentos de día Andaina

Data:
inscricións até cubrir prazas.
Horario:
  • Xornada de mañá: de 09:00 a 13:00 h.
  • Xornada de mañá con comedor: 09:00 a 14:30 h.
  • Xornada completa: 09:00 a 17:00 h.
Entrada:
  • Semana 25 a 28 xuño: mañá: 72 €/ mañá con comedor: 92 €/ xornada completa: 112 €
  • Semanas do 1 ao 19 xullo: 
    1 quenda: 90 € / semana. 115 € / semana. 140 € / semana
    2 quendas: 80 € / semana. 102 € / semana. 120 € / semana
    3 quendas: 70 € / semana. 90 € / semana. 105 € / semana
Requisitos:
  • Nenos e nenas de 3 a 8 anos
Andaina organiza campamentos de día para nenos e nenas de 3 a 8 anos. As actividades desenvolveranse en quendas semanais do 25 de xuño ao 19 de xullo de 2013.
Centro Andaina
R/ Aguaceiros, 21 
15174 Rutis-Culleredo (A Coruña)
http://www.andaina.com/ 
Contacto para ampliar información:
Carmen Moar actividades@andaina.com  Tel. 981 138 880

Campamentos na Fundación Luis Seoane

Campamentos na Fundación Luis Seoane

Data:
inscricións até cubrir prazas
Horario:
10 semanas, de luns a venres, desde o 24 de xuño ata o 30 de agosto de 2013.
Horario: 9:00 a 14:30 horas.
Entrada:
80 euros/semana
Requisitos:
Nenos e nenas de 6 a 12 anos.
A Fundación Luis Seoane organiza un campamento de verán para nenos e nenas de 6 a 12 anos.
Fundación Luis Seoane
San Francisco s/n
A Coruña
Tel. 981 21 60 15
www.luisseoanefund.org

Campamentos na Granxa de Barreiros

Campamentos na Granxa de Barreiros

Data:
inscricións ata cubrir prazas
Horario:
Quendas verán 2013 : 
  • 30 xuño-6 de xullo
  • 6 - 12 xullo
  • 30 xuño-12 xullo
  • 14 - 20 xullo
  • 20 - 27 xullo (campamento musical) 
Entrada:
Quenda 30 xuño-6 de xullo (7 días): 366 euros
Quenda 6 - 12 xullo (7 días): 366 euros
Quenda 30 xuño-12 xullo (13 días): 560 euros
Quenda 14 - 20 xullo (7 días): 366 euros
Quenda 20 - 27 xullo (campamento musical, 8 días): 590 euros
Quenda 20-27 xullo (campamento musical diúrno, 8 días): 286 euros
Quenda 14-20 xullo + campamento musical (14 días): 860 euros 
Requisitos:
Nenos e nenas de 5 a 12 anos.
Engadir ó meu móbil
La Granja de Barreiros organiza estancias de verán para nenos e nenas de 5 a 12 anos, e un campamento musical para nenos e nenas de 7 a 16 anos.
Granxa de Barreiros
Lugar de Ortoá
27612 Sarria (Lugo)
Tel. 982 533 656
info@granxadebarreiros.com 
www.granxadebarreiros.com

miércoles, 29 de mayo de 2013

Campamentos Casa do Queixo

Campamentos Casa do Queixo

Data:

inscricións ata cubrir prazas.
Horario:
1º quenda: do 7 ao 14 de xullo de 2013
2º quenda: do 21 ao 28 de xullo de 2013
Entrada:
245 euros/quenda.
Requisitos:
Idades de 6 a 12 anos.
La Granja-Albergue Casa do Queixo organiza campamentos de verán para nenos e nenas de 6 a 12 anos.
Casa do Queixo
Casal de abaixo nº 2
15816-Grixalba, Sobrado do Monxes (A Coruña)
Tel. 650 955 265
info@casadoqueixo.com  
www.casadoqueixo.com

martes, 28 de mayo de 2013

Donación cartos Reforma Comedor Escolar


Reunidos onte, día 27 de Maio de 2013, en Asamblea Extraordinaria de socios da ANPA San Cristóbal, a totalidade das familias asistentes, votaron a favor de
solicitar ó resto das familias do noso centro escolar, que fagan unha donación económica, na medida do que cada quen poida, para completar a totalidade dos cartos ós que xa renunciaron previamente a maioría das familias dos nenos e nenas que asistiron ó comedor durante o curso pasado, e dese xeito se poida pagar a reforma do oficce, así como, no caso de que se supere o importe necesario, poder colaborar con pequenos arranxos e detalles que facilitarían a comodidade das crianzas, nas aulas que se utilizan de comedor (estantes, percheiros...).

Os cartos poden ser ingresados na conta da que dispón a asociación, facendo referencia ó motivo (Donación comedor) xunto co nome do donante:
La Caixa 2100-2725-20-0100369100

O prazo para a mesma será ata o venres 31 de Maio, coa fin de poder contratar á empresa de reformas, e para que conste en Acta previa á próxima Inspección sanitaria da Concellería de Educación da Xunta de Galicia.

NOTA: Se o ingreso se realiza por medio do caixeiro automático que hai nas propias oficinas de La Caixa, a entidade bancaria non cobra gastos de xestión.

Moitas grazas de antemán a tódalas familias que están colaborando, dun xeito ou outro, en este tema.

Recrea. Campamento Educativo

Recrea. Campamento Educativo

Data:
inscricións 1ª e 2ª quincena ata 14-06-2013. Resto ata 15-07-2013
Horario:
  • 1ª quincena: do 25 de xuño ao 5 de xullo
  • 2ª quincena: do 8 ao 19 de xullo
  • 3ª quincena: do 22 de xullo ao 2 de agosto
Horarios: 
- Quenda de mañá: de 8:45 a 14:30h.
- Quenda completa: de 8:45 a 17 h.  
Entrada:
Quenda de mañá: 150 euros
Quenda completa: 250 euros.
Tarifa adicional transporte: 40 euros
Requisitos:
  • Nenos e nenas de 4 a 12 anos.
A Residencia Rialta e a Fundación María José Jove organizan Recrea campamento educativo para nenos e nenas de 4 a 12 anos.
Completo Residencial Rialta
Rúa de Laxe 122-124. Rutis. Culleredo
Tel. 981 179 500
rialtadeporte@rialta.net

Bolsas Fundación Mapfre para persoas en situación de desemprego

Bolsas Fundación Mapfre para persoas en situación de desemprego

Data:
Prazo: ata o 30 de xuño de 2013
Organizada por:
FUNDACIÓN MAPFRE
Requisitos:
  • Poderán ser beneficiarios desta bolsa aquelas persoas que acrediten estar en situación de desemprego en España no momento da solicitude, presentando copia do cartón de demanda de emprego en vigor.
  • Terán prioridade as persoas que non solicitasen ou gozasen esta bolsa nas anteriores convocatorias.
  • Mediante esta modalidade, o beneficiario só poderá solicitar a admisión e matricularse nun único curso, á súa elección, na próxima promoción de outubro 2013.
Enlace:
Convocatoria
Dotación:
A bolsa cubrirá o 100% da cota de inscrición ao curso.
FUNDACIÓN MAPFRE realiza unha convocatoria extraordinaria de 300 bolsas destinadas a facilitar o acceso a persoas en situación de desemprego en España que desexen incorporarse aos cursos e-learning de especialización en Seguros, Xerencia de Riscos, Prevención e Medio Ambiente na promoción de outubro 2013.
Información:
FUNDACIÓN MAPFRE
Instituto de Ciencias do Seguro
http://www.fundacionmapfre.org

jueves, 23 de mayo de 2013

EXHIBICIÓNS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES FIN DE CURSO

EXHIBICIÓNS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES FIN DE CURSO

NATACIÓN: 27 de Maio Xornada de portas abertas no lugar e no  horario habitual.
 
PATINAXE: 28 de Maio no Pazo de Deportes de Riazor de 16 a 19h. aprox. (pregamos a colaboración de algún pai/nai para o bo funcionamento da actividade, por ex. axudando a colocar patíns, aprovisionar de auga...).

BAILE e RITMO : 30 de Maio no colexio (sala Usos múltiples), nos horarios habituais da actividade.
 
TEATRO: 31 de Maio no colexio (sala Usos múltiples), no horario habitual da actividade.

XADREZ: 31 de Maio no CEIP María Barbeito (consultar horarios co monitor).

JUDO: 31 de Maio no Ximnasio do colexio, e nos horarios habituais de cada grupo (será unha actividade participativa coas familias que o desexen).

FÚTBOL: Data e lugar pendientes de confirmar polos monitores da actividade a finais desta semán

CONVOCATORIA DE ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

       
 
                      CONVOCATORIA DE ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

A Xunta Directiva da ANPA San Cristóbal do CEIP Wenceslao Fernández Flórez, convoca unha Asamblea Xeral Extraordinaria de socios que terá lugar o día 27 de Maio de 2013 ás 16:10 horas en 1ª convocatoria, e ás 16.40h en 2ª, coa seguinte

                                                                    ORDE DO DÍA:
          1. Lectura da acta da asamblea anterior
          2. Dimisión Presidenta da Xunta Directiva.
          3. Seguro Escolar
          4. Comedor Escolar: información dos cartos dos que se dispón para a súa reforma (resultado da renuncia á subvención por parte de algunhas das familias), elección de un presuposto para a mesma, e, no caso preciso, decisión do xeito de recaudación do necesario.
          5. Horta ecolóxica e Aparca-bicicletas.
          6. Festa fin de curso (organización).
          7. Banco de roupa.
          8. Banco de libros.
          9. Actividades extraescolares.
        10. Suxerencias e Preguntas.

                                                                                                           En A Coruña: 22 de Maio de 2013

É importante que asistades. As decisións é mellor tomalas entre todas e todos.

CAMPAMENTO EDUCATIVO RECREA 2013

 
 
 Horarios
Desde el 25 de Junio al 02 de Agosto
... 08:45h - 14:30h.
08:45h. - 17:00h.

Tarifas
Quincena turno de mañana 150€
Quincena turno completo 250€
Quincena servicio transporte 40€
http://www.rialta.net/complejo-deportivo/actividad/campamento-educativo-recrea-2013/


lunes, 20 de mayo de 2013

Defensa Persoal


Ola a tod@s, compracenos poder contar que imos realizar un curso de Defensa Persoal, en colaboración co Ximnasio Fibra, a realizar o vindeiro día 3 de Xuño.
Podedesvos anotar dende mañan e ata o día 30 de Maio.


viernes, 17 de mayo de 2013

CAMPAMENTOS URBANOS ACTIVA



Taller ADAFAD de Prevención Familiar


“PREVENCIÓN DEL USO PERJUDIAL DE INTERNET”

Á luz dos datos estadísticos e clínicos sobre a utilización que os menores fan de Internet é necesario plantearse en qué medida somos parte da solución á hora ...de protexer aos nosos menores dos riscos das redes sociais en particular e de internet en xeral.
Ante esta realidade social, familiar e escolar dende o Concello da Coruña e a Asociación ADAFAD, e no marco das actividades que conxuntamente vimos desenvolvendo, les convocamos a participar nas seguintes actividades:

· xoves, 23 de maio: xornada de sensibilización na que destacados expertos presentarán o estado da cuestión.

· mércores, 29 de maio: obradoiro específicamente dirixido a pais e nais no que profesionais de Adafad traballarán os contidos necesarios para disminuir os riscos asociados o mal uso de internet.

As inscripcións poderánse realizar a través da web ADAFAD  www.adafad.org ou no teléfono 981.22.69.26. (adxúntanse programas).
Se desexan máis información poden poñerse en contacto connosco a través do teléfono 981.22.69.26

(Centro Sociocultural Novacaixagalicia,
Cantón Grade 21-23, 15003 A Coruña)

Verano Talentoso Semas

Aprende y disfruta desarrollando el ingenio con nuestros programas de verano que tendrán lugar entre el 24 de Junio y el 6 de Septiembre.

Abierto el plazo de Inscripción
Plazas Limitadas

miércoles, 8 de mayo de 2013

CAMPAMENTOS DE VERANO 2013 DEPUTACION





Programa de estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.


Beneficiarios:

Mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.

Obrigas das persoas beneficiarias

As mulleres beneficiarias, ademais das obrigas previstas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deberán:

- Realizar a actividade para a cal solicitaron a axuda e que lles foi concedida, segundo o previsto no artigo 1 destas bases reguladoras.

- Aceptar as normas de convivencia e as recomendacións que lles sexan realizadas desde a Secretaría Xeral da Igualdade e polas/os profesionais que exerzan funcións de coordinación e acompañamento durante o desenvolvemento das estadías.

- Comunicarlle, á Secretaría Xeral da Igualdade, a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade.

Requisitos:

As mulleres que reúnan os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:

a) Ter fillas/os e/ou menores en acollida exclusivamente ao seu cargo con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos.

b) Non convivir con parella afectiva.

c) Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso de mulleres estranxeiras ter, ademais, permiso de residencia ou tarxeta de réxime comunitario, segundo o caso.

d) Dispoñer dunha renda mensual que, tendo en conta todos os ingresos do conxunto da unidade familiar, dividida polo número de membros que a compoñen, non supere o salario mínimo interprofesional vixente (SMI), excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.

Para os efectos desta orde entenderase por unidade familiar a composta pola solicitante e as súas fillas e fillos e/ou menores en acollida que estean ao seu cargo exclusivo e que convivan con ela.

Consideraranse rendas e ingresos computables os bens, dereitos e rendementos derivados do traballo, do capital mobiliario e inmobiliario, incluíndo os incrementos do patrimonio, das actividades económicas e os de naturaleza prestacional, agás as asignacións económicas da Seguridade Social por filla/o e/ou menor acollida/o a cargo. Tamén se considerarán os rendementos que se poidan deducir do montante económico do patrimonio, aplicando ao seu valor o cincuenta por cento do tipo do xuro legal do diñeiro vixente, coa excepción da vivenda habitualmente ocupada pola solicitante e dos bens cuxas rendas sexan computadas. Non se terán en conta os membros da unidade familiar con rendas de calquera natureza superiores ao salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.

As rendas que non procedan do traballo e se perciban con periodicidade superior ao mes computaranse, para estes efectos, rateándose mensualmente.

e) Non padecer ela, nin as/os fillas/os e/ou menores en acollida que a acompañen, unha enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.

Para asistir ao programa, as mulleres beneficiarias irán acompañadas das/os súas/seus fillas/fillos menores, sempre que estas/es teñan idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos, ambos inclusive, na data de presentación da solicitude.
 
Máis información: http://www.xunta.es/catalogo-de-procedementos?codCons=SI&codProc=447A

martes, 7 de mayo de 2013

TROFEOS GANADOS ESTE AÑO



9 DE MAIO. PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO.

A Plataforma en Defensa do Ensino Público convoca manifestacións nas catro provincias o vindeiro 9 de maio ás 19:30 horas

Estas mobilizacións enmárcanse dentro dos actos da xornada de Folga Xeral no Ensino convocada para esa data

A Plataforma en Defensa do Ensino Público na que se integran CCOO, FETE-UGT, CSIF, CONFAPA-GALICIA, Sindicato de Estudantes, IESGA e Escola Viva, convoca manifestacións nas catro provincias galegas con motivo da Xornada de Folga Xeral no Ensino que esta plataforma ven de convocar para o día 9 de Maio.
...
Estas manifestacións terán lugar nas cidades de A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo ás 19:30 horas. A Plataforma manifesta que se escolleu o horario de tarde para a celebracións das mesmas para facilitar ás nais e pais do alumnado, que son convocantes desta xornada de folga, a asistencia ás mesmas e que puideran expresar o rexeitamento á LOMCE e ás políticas de recortes dos gobernos central e autonómico.

A Plataforma lamenta que non puidera facerse efectiva unha mobilización unitaria de todas as organizacións que representan á comunidade educativa galega, a pesar dos ofrecementos que se fixeron

Nuevo Monitor en comedor.

O venres informounos Scolarest, da marcha de Alba, unha das monitoras que traballaba no Comedor, motivada por mellora laboral.
No seu lugar comezará unha nova empregada chamada Fátima.
Moitas grazas a Alba por todo o feito polos nosos nenos e nenas, e noraboa por atopar nestes tempos tan difíciles un traballo mellor

jueves, 2 de mayo de 2013

MENU DE MAYO


programacion mayo c.c San Diego.

http://www.corunasolidaria.org/serviciossociales/contenido?accion=verRecurso&trID=68534b7e-c0a8fd03-006e7a5b-5646fff2&cID=42453cba-d53c2061-0020c486-08ff828f&comando=ContenidoDinamicoComando&pwID=6628a914-0a0a2824-0001ff83-7b0c1d82&rID=5b0fe0fe-c0a8f989-01fb5a60-96cd35c0

programacion mayo c.c los mallos

http://www.corunasolidaria.org/serviciossociales/contenido?accion=verRecurso&trID=68534b7e-c0a8fd03-006e7a5b-5646fff2&cID=42453cba-d53c2061-0020c486-08ff828f&comando=ContenidoDinamicoComando&pwID=6628a914-0a0a2824-0001ff83-7b0c1d82&rID=5a987464-c0a8f989-01fb5a60-fe5d774f

comienza plazo campamentos verano agora y forum

http://corunainfantil.es/comienza-la-oferta-de-campamentos-para-este-verano-con-casi-1-000-plazas/

En concreto, se ofrecerán cuatro turnos:
1º turno: del 1 al 15 de julio.
2º turno: del 16 al 31 de julio.
3º turno: del 1 al 14 de agosto.
4º turno: del 19 al 30 de agosto.
El plazo de preinscripción permanecerá abierto del 6 al 9 de mayo; el día 10 se realizará un sorteo público y el 13 se publicará la lista de admitidos y listas de espera.