lunes, 25 de junio de 2012

ANIVERSARIO TORRE DE HERCULES.


O próximo día 29 de xuño celébrase o aniversario da Torre de Hércules. Cumpre tres anos dende a súa declaración como Patrimonio da Humanidade e invita a todas as nenas e nenos da cidade á súa festa, que comezará ás seis da tarde aos pés daTorre.

Nesta festa haberá inchables, tirolinas, talleres, música e moita diversión, ademais dunha fantástica torta.

As nenas e nenos maiores de 8 anos poderán ademais ter o seu bautismo de aire e subir nun globo aerostático para achegarse á Torre e dende alí gozar das fermosas vistas aéreas da nosa cidade.


Para participar cada nena e neno recibirán unha postal na que terán que facer un debuxo que será o regalo que lle levarán á Torre o día 29. Este debuxo, que acompañarán dun recibo de compra do mes de xuño no comercio minorista da cidade, permitiralle participar nun sorteo que terá lugar ao longo da tarde.
Os autores dos tres debuxos gañadores terán un gran premio, aínda que haberá premios para todos os participantes.
Ao final, a Orquestra Sinfónica de Galicia cantará o aniversario feliz á Torre que aínda terá reservada algunha sorpresa máis na súa gran festa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario