lunes, 25 de junio de 2012

Novas fresquiñas

Ola a tod@s, temos novas fresquiñas para vos e os vosos peques:

A primeira que o cole comeza o día 12 de setembro... ánimo que xa falta menos;).

A segunda que a reunión para os pais dos nenos de 3 anos, os que comezades no cole, será o día 6 de setembro as 10 da maña.

Que pasedes un bó vrao todas e todos.

ANIVERSARIO TORRE DE HERCULES.


O próximo día 29 de xuño celébrase o aniversario da Torre de Hércules. Cumpre tres anos dende a súa declaración como Patrimonio da Humanidade e invita a todas as nenas e nenos da cidade á súa festa, que comezará ás seis da tarde aos pés daTorre.

Nesta festa haberá inchables, tirolinas, talleres, música e moita diversión, ademais dunha fantástica torta.

As nenas e nenos maiores de 8 anos poderán ademais ter o seu bautismo de aire e subir nun globo aerostático para achegarse á Torre e dende alí gozar das fermosas vistas aéreas da nosa cidade.


Para participar cada nena e neno recibirán unha postal na que terán que facer un debuxo que será o regalo que lle levarán á Torre o día 29. Este debuxo, que acompañarán dun recibo de compra do mes de xuño no comercio minorista da cidade, permitiralle participar nun sorteo que terá lugar ao longo da tarde.
Os autores dos tres debuxos gañadores terán un gran premio, aínda que haberá premios para todos os participantes.
Ao final, a Orquestra Sinfónica de Galicia cantará o aniversario feliz á Torre que aínda terá reservada algunha sorpresa máis na súa gran festa.

sábado, 2 de junio de 2012

Gratuidade solidaria: Curso 2012/2013

O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2012/2013.

Lugar de presentación.

As solicitudes, entregaranse nos centros docentes nos que estea matriculado o alumnado.
Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna, de xeito que se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria, deberá presentar unha solicitude para cada un deles, xa sexa no mesmo ou en distinto centro.
As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.

Prazo de presentación.

O prazo de presentación de instancias será o seguinte:
a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 2 de xuño ao 2 de xullo de 2012, ambos inclusive.
b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2012, ambos inclusive.
c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 1 de setembro ao 1 de outubro de 2012, ambos inclusive.

Mais información: http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria