martes, 10 de noviembre de 2015

NOVA CONVOCATORIA DE  AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2015-16

ORDE do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16
 
 Apróbase unha segunda convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable.
 
Hai solicitudes en conserxeria.
 
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151110/AnuncioG0164-041115-0002_gl.html

domingo, 8 de noviembre de 2015

RECORDATORIO


CONVOCATORIA de ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
do ANPA San Cristóbal
...
Pola presente e en cumprimento do disposto no artigo 22 e seguintes dos nosos Estatutos, cítase a tod@s @s soci@s, o próximo dia 9 de novembro do 2015 ás 16h en primeira convocatoria e ás 16:30 en segunda convocatoria, para celebrar a Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar na biblioteca do colexio, coa seguinte orde do día:
1- Memoria das actividades do ANPA durante o curso 2014-2015.
2- Presentación e aprobación si procede das contas correspondentes ao curso 2014-2015.
3- Información das actividades do ANPA previstas para o curso 2015-2016.
4 -Incorporación de novos membros á Xunta Directiva.
5- Rogos e preguntas.
Dada a importancia dos temas a tratar, agardamos contar coa vosa asistencia.

22 de Octubre de 2015
ANPA San Cristóbal