lunes, 22 de septiembre de 2014

NOVAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Esta tarde realizouse unah xornada informativa de actividades extraescolares, na que se falou de algunhas das que se levan ofertando estos últimos cursos, así como novas propostas.

Houbo información das actividades que imparte Activa, como Xogos en inglés, Teatro e tamén Debuxo e pintura, así como as posibles novas que son Iniciación á música Ximnasia rítmica.
O coordinador da Escola deportiva da Anpa comentou os obxectivos da mesma, datas das actividades de Baloncesto, Fútbol e Balonmán, así como prezos das mesmas, e falou tamén das competicións de Xogos escolares. Falou tamén de Educa-deporte, a actividade deportiva destinada ós máis pequenos e pequenas do colexio, cuxo obxectivo ten fomentar o deporte na pequena infancia, así como traballar coa coordinación, a psicomotricidade, o xogo en equipo, e algo moi importante, a non discriminación por xénero.

Viñeron representantes de empresas como English Club, interesada en impartir clases deConversa en inglés,  dirixida a nenas e nenos de Ed. Primaria.
Ou como Nenoos, xa coñecida no noso centro, que nos lembrou as súas técnicas deaprendizaxe, concentración e cálculo mental co ábaco, entre outros instrumentos.
Tamén se presentou unha actividade moi interesante de Astronomía (da empresa deOxígeno, actividades educativas) coa fin de difundir a ciencia como algo recreativo e divertido.

Escola Infantil Dumbo, presentou o seu proxecto de obradoiros lúdicos no seu centro (na Avda. dos Mallos núm. 24) como por exemplo Animación á lectura, Arte, Ciencia, Origami ou Xoguetes con material de reciclaxe, pensadas en cativos e cativas de E.I até 6 anos.
E a derradeira charla informativa foi por parte de English in Motion, clases de inglés con mestres nativos, que poderían impartir no noso centro, ou ben, se a demanda non fose suficiente para formar grupo, que continuarán no seu local na rúa Marqués de Amboage núm. 22.

Se tedes interés en algunha de estas actividades dende a Anpa hai disposición para poder organizala e que saia adiante. Pero para iso tedes que animarvos a pedir información e inscribir ós vosos fillos e fillas, porque de outro xeito non serve de nada o traballo que costa organizar este tipo de sesións, que se preparan con moita ilusión.
Grazas a todos os que asistíchedes, e a todos aqueles que non puidéchedes, pero que mostrades interés igualmente.

miércoles, 10 de septiembre de 2014

Menú comedor Setembro


Benvida ó novo curso

  • Hoxe todos os nenos e nenas recibiron un sobre con información da asociación sobre este curso que da comezo. 


  • Tedes unha circular de benvida, co calendario de actividades extraescolares, a ficha para facervos socios da Anpa, información sobre a nova Escola deportiva que xestionará a Anpa (de 2º a 6º de E.P.), o tríptico de actividades do Concello (Deporte no Centro), a ficha de inscripción de Judo, información sobre a actividade da empresa Nenoos, e a ficha de inscripición de actividades da empresa Activa (cos horarios das súas clases).

  A partir de mañá podedes pasar pola oficina a entregar a documentación, e consultar dúbidas. Non esquezades que tamén podedes facelo por correo electrónico. 

jueves, 4 de septiembre de 2014

RECOLLIDA FIRMAS PEONALIZACIÓN ÁNGEL SENRA

A Anpa está a apoiar a campaña de recollida de firmas para a revisión e modificación da rúa Ángel Senra, que comezou hoxe como iniciativa de un pai do noso colexio.

Moitos de vós xa sabedes que dende hai anos é unha rúa peonil, pero se a coñecedes e a transitades tamén saberedes que continúamente pasan vehículos por todos os tramos da rúa, e ademáis nos dous sentidos de circulación (por non falar da velocidade que toman moitos, e da actitude que mostran algúns dos conductores), co perigo que supón para calqueira, especialmente para os cativos e cativas que alí xogan a diario, e para os maiores que pasean pola mesma.

Son varios os establecementos do barrio que mostraron o seu apoio, e que axudarán coa recollida de firmas, e tamén disporemos de follas para firmar na oficina de Anpa.

Se algún de vós tamén se anima a recoller firmas, podedes descargar a folla coas explicacións, así como a de recollida de firmas, polo que deixamos os documentos ó voso acceso.

Esta mañá xa houbo policía de proximidade que vixiou os diferentes accesos á rúa, agardamos que non teña que haber máis accidentes para que continúen con esta labor tan importante.

Moitas grazas polo voso apoio.


lunes, 1 de septiembre de 2014

BANCO DE LIBROS DE TEXTO

Ola de novo a tod@s!

Comeza Setembro e queremos lembrarvos que todavía temos libros de texto de algúns curso (sobre todo de 3º E.P.) que podedes recoller no colexio.




A partir do xoves abrimos a posibilidade de que as familias de fora do noso colexio poidan pasar a recoller os libros se é que lles coinciden ben para os seus fillos.