viernes, 28 de marzo de 2014
DEPORTE PRIMAVERA 2014
http://www.corunaonline.es/el-gobierno-local-abre-hoy-el-plazo-para-apuntarse-al-programa-deporte-en-primavera-2014/
http://coruna.es/servlet/Satellite?c=Page&cid=1126200847854&itemTemplate=Portal-Noticia-Detalle&itemType=Suceso&pagename=Portal/Page/Portal-SubportadaSeccion&itemID=1395800169886
Mantemento dos libros de texto para o vindeiro curso
O Conselleiro anuncia o mantemento dos libros de texto para o vindeiro curso en concordancia coa reclamación feita pola Plataforma en Defensa do Ensino Público
A Plataforma en defensa do Ensino Público conformada por CCOO, FETE-UGT, CONFAPA, Sindicato de Estudantes, IESGA e Escola Viva congratulase coas manifestacións feitas o mércores en sede parlamentaria polo Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, nas que entre outros asuntos manifestaba o mantemento dos libros de texto para o vindeiro curso entendendo que "hai marxe para que os novos contidos poidan ser adaptados nas aulas".
Desde a Plataforma en Defensa do Ensino Público iniciaramos una campaña para que os Consellos Escolares dos centros se manifestaran en contra do cambio dos manuais para o vindeiro curso na liña de que os cambios que se plantexaban coa implantación da LOMCE non repercutiran na xa de por si maltreita economía das familias. Convén lembrar que esta campaña conta coa numerosa adhesión de Consellos Escolares dos centros educativos galegos que xa aprobaron resolucións nese sentido a instancia da nosa Plataforma.
A Campaña que tamén se fixo extensiva aos Consellos Escolares Municipais e conta co apoio dos mesmos. O máis inmediato é o caso do CEM de Lugo, que onte aprobou unha resolución contraria ao devandito cambio.
Asemade os conselleiros da Comisión Permanente do Consello Escolar de Galicia pertencentes ás organizacións que conforman a Plataforma en Defensa do Ensino Público xa solicitaramos unha xuntanza da devandita comisión para debater unha resolución contraria ao cambio de libros de texto para o vindeiro curso instando á potenciación dos bancos de libros e as bibliotecas de aula.
Malia que nos congratulamos coa decisión tomada polo Conselleiro, desde a Plataforma en Defensa do Ensino Pública, queremos facer constar que continuaremos a esixir o completo financiamento do ensino público con fondos públicos, reclamando a recuperación da gratuidade dos libros de texto e a potenciación de alternativas como os bancos de libros ,xa creados en numerosos centros, que deben seguir sendo usados porque supoñen un capital social que debe ser respectado e defendido.
Así mesmo emprazamos ao Conselleiro a entablar un diálogo que nos permita facerlle chegar o noso posicionamento noutras cuestións que son inherentes ao desenvolvemento e implantación da LOMCE na nosa comunidade.
Xunta Directiva Federación Provincial de ANPAS

REUNIÓN FAMILIAS ALUMN@S 6º E.P.
A Anpa San Cristóbal convoca a próxima reunión para preparar a despedida de Fin
de curso para o día 4 de Abril, ás 16.30h.
Para aquelas familias que non poidades asistir, pregamos que respondades este
cuestionario, de xeito que lle facilite ó resto de representantes a organización
da mesma.
Podedes entregarllo a alguén que vaia asistir ou ben deixalo no buzón da Anpa (á
entrada do colexio, pola porta principal).
A Anpa só realiza a labor de facilitarlle ás familias unha conexión, as
decisións serán tomadas polas nais e pais, así que é importante que participedes
nas mesmas.
– Donde vos gustaría que se celebrase a despedida, no colexio, Centro
Cívico, outros...:
– Venres pola tarde ou Sábado mañá ou tarde (apuntar tamén datas posibles):
– Con pinchos para tomar algo ó finalizar Sí ou Non (no caso afirmativo, cánto
vos gustaría gastar por familia máximo):
– Cántas persoas asistirían en representación da familia:
– Gustaríavos que previamente a ese día se realizase unha reportaxe
fotográfica de recordo tipo Orla, foto de grupo...:
– En caso afirmativo, que aparecesen os rapaces e rapazas cunha peza de roupa
similiar (por ex. Camisa ou polo branco, birrete...):
Aportade ideas de estilo de fotografía, orzamentos de profesionais...:
Cantidade máxima de cartos que vos gustaría gastar nas fotografías:
- Outras suxerencias:
sábado, 22 de marzo de 2014
ROUPA PERDIDA
Ola a tod@s!
Temos un lote de roupa perdida polos nenos e nenas do cole, ó longo de este curso, e tamén outra caixa chea de finais do curso pasado.
Botade unha ollada, aínda que pensedes que nos vos falta nada, podedes levar unha sorpresa...
Ademáis, de non ser recollida, será utilizada para un roupeiro solidario, así que xa sabedes, achegádevos pola Anpa nos horarios de oficina.

viernes, 21 de marzo de 2014
Día mundial da Poesía
Onte, na véspera do Día da Poesía, presentouse en Compostela esta guía dixital de poesía para nenos de 3 a 8 anos. Trátase dun novo recurso dixital para promover a lectura da poesía nas primeiras idades e un material de apoio ás persoas que traballan na dinamización da lectura na infancia... Tédela dispoñible nesta ligazón:
http://cultura.xunta.es/actualidade/nova.php?id=5056&lg=gal
http://cultura.xunta.es/mediateca/Web__documentacion/Dia_Internacional_da_Poesia/guiadepoesiaok.pdf
Día Mundial do Síndrome de Down
"La discapacidad no está en las personas flatas de una parte de su cuerpo, está en la mente de muchas que se dicen sanas"
http://www.youtube.com/watch?v=Ju-q4OnBtNU
Suscribirse a:
Entradas (Atom)