jueves, 28 de noviembre de 2013
lunes, 25 de noviembre de 2013
ACTA DA ASAMBLEA ORDINARIA DA ANPA SAN CRISTÓBAL
Reunidos
ás 16.15 horas da tarde en 1ª convocatoria, e 16.30h. en 2ª, do
día 19 de Novembro de 2013, no CEIP Wenceslao Fernández Flórez,
iniciouse a Asemblea Xeral Ordinaria da Anpa San Cristóbal.
Presiden
a mesma J. Ángel Cabaleiro (presidente), Fátima Anllo
(vicepresidenta), Laura Vilas (secretaria), Aurora Miguelez
(Tesoureira), Antonio Fernández (vogal) e Sabela Pita (vogal).
Asistiron
un total de 33 persoas
Coa
seguinte ORDE DO DÍA:
- Balance
de contas do curso 2012-2013: Presentáronse copias ós
asistentes do resumo das entradas e saídas que foron realizadas ó
longo do curso pasado, dándolle ó s asistentes as explicacións
pertinentes dos movementos realizados, segundo as dúbidas que foron
xurdindo durante a súa lectura (Ver folla adxunta “Balance
2012-2013”).
- Resumo
de actividades da Anpa no curso pasado: Explicáronse algunhas
das actividades que se foron facendo por parte da asociación, ó
longo do curso, para que os asistentes tiveran una idea de cales
foron parte dos obxectivos que se cumpliron i en que se invirte o
tempo dos voluntarios, e os cartos de todos os socios.
- Comedor: Cambio de empresa, Reforma do Oficce e das estancias de comedor e desratización do mesmo...
- Consultas e reclamacións varias á Policía local.
- Festa de Nadal: chocolatada, contacontos, obradoiros diversos, donacións de alimentos á organizacións benéficas...
- Recollida de tapóns plásticos con fins benéficos.
- Demostracións de deportes alternativos (Team Graíño, Defensa persoal...).
- Colaboración no Mercadillo solidario do centro.
- Despedida de 6º curso E.P. (reunións coas familias, participación na festa de despedida, recordos dos alumnos...).
- Entrega de reclamacións diversas no Concello (arranxo chan dos patios, aparcabicicletas, tellado edificio E.Infantil...).
- Colaboración de familias voluntarias: arranxo mobiliario pertencente á Anpa, donación estanterías, participación nas festas...
- Banco de libros (recollida i entrega de libros de E. P. donados polas familias).
- Tramitación de actividades extraescolares (contratación de novas empresas e xestión da documentación requerida).
- Xunta
directiva, necesiade de voluntarios para participar como membros da
mesma: Explicáronse as razóns polas que era necesario aumentar
os membros da directiva, posto que a cantidade de traballo que
xenera, e a voluntariedade do mesmo, implican unha entrega ás veces
complicada, para tentar conseguir cumplir tódalas necesidades da
asociación.
Varias nais asistentes, despois de consultar dúbidas, ofrecéronse voluntarias para formar parte de directiva.
- Información
posibles novas acrividades extraescolares: Informóuselle ós
asistentes a existencia de varias empresas interesadas en impartir
clases no noso centro, e que tipo de actividades ofertan.
- Ideas
Festa de Nadal: Solicitámoslle ás nais e pais presentes, que
aportaran propostas para realizar a festa de este curso.
- Familias
de 6º E. P, organización despedida fin de curso: Ofertamos a
colaboración da Anpa para facer de vínculo entre ambas clases,
aportando ideas e outro tipo de axudas para realizar a despedida das
nenas e nenos que rematan este curso no noso centro.
- Banco
de roupa: Presentamos a idea de unha nai, para preparar un
espazo no colexio, onde as familias poidan donar e/ou intercambiar
roupa usada dos seus fillos e fillas. Pedimos axuda de máis persoas
colaboradoras para levar a cabo este proxecto.
- Seguro
escolar: Retomamos o tema, explicándolle de novo ás persoas
asitentes, a demanda por parte de algunhas familias, de contratar un
seguro sanitario. Para iso, faría flata presentar presupostos,
decidir o máis axeitado, e que houbese un mínimo de familias
interesadas, para así poder acadar unha cota anual asequible.
- Rogos
e preguntas: Neste último apartado, houbo unha nai que se
mostrou interesada en que nos informásemos sobre a posibilidade de
impartir obradoiros de lingua de signos, ou ben que o propio centro
conseguise que a Agrupación de Xordos de Galicia ensinase ás nosas
crianzas unhas nocións básicas da mesma.
Tamén se falou de retomar a Horta urbán, para o que se houbese algún pai ou nai interesado en colaborar co centro, puidese sair adiante en horario escolar.
Por outra banda, animamos ás persoas asistentes, en que participasen connosco en preparar obradoiros de calqueira temática interesante para os nenos e nenas e/ou as familias, de xeito voluntario.
Sen máis temas a tratar, deuse por rematada a asamblea ás 17.30h.
viernes, 22 de noviembre de 2013
jueves, 21 de noviembre de 2013
MARCHA A MADRID CONTRA A LOMCE
As Federacións Provinciais de ANPAS que formamos CONFAPA-GALICIA e CEAPA imos levar a nosa MAREA VERDE a Madrid en protesta polos Recortes e a aprobación da LOMCE ou Lei Wert.
Sairemos de todas as partes do país para facer unha grande "marea verde" que ocupe as rúas da capital e chegue a nosa voz e a nosa protesta ao Ministerio de Educación.
Sairase o día 29 de novembro (venres) e voltaremos, ao finalizar a manifestación, o día 30. Empezaremos centralizando un autobús na Coruña e, se é necesario, faremolo tamén en colaboración con vós noutros puntos da Provincia.
Para empezar a organizar a viaxe e saber cántas prazas temos que reservar, rogamos nos indiquedes XA se estades dispostos a facer este novo esforzo pola educación dos nosos fillos e fillas. ANÍMATE E VIAXA CON NÓS.
O prezo especial é de 15 euros por persoa e inclúe camiseta da marea verde co logo de CONFAPA-GALICIA.
Saúdos
Xunta Directiva Federación Provincial ANPAShttps://drive.google.com/file/d/0B_eXYcVvQeiOUmFLbEpJNFlfaF9BQlRETzNMVFJfT3JVYUxF/edit?usp=sharing https://drive.google.com/file/d/0B_eXYcVvQeiOaGhYYnpjSkpXbVVIZXBJdmo3dm01Ty04WC1N/edit?usp=sharing
lunes, 18 de noviembre de 2013
viernes, 8 de noviembre de 2013
ASAMBLEA XERAL ORDINARIA
ANPA
SAN CRISTOBAL CONVOCA
ASAMBLEA
XERAL ORDINARIA
o
día 19 de Novembro de 2013, ás 16.15h. en 1ª convocatoria,
e 16.30h. en 2ª, no caso de non haber quorum suficiente.
Puntos
a tratar:
- Balance de contas do curso 2012-2013 e aprobación se procede.
- Resumo de actividades da Anpa no curso pasado.
- Xunta Directiva: necesidade de voluntarios para participar como membros da mesma.
- Información posibles novas actividades extraescolares.
- Ideas para Festa de Nadal.
- Familias de 6º E.P.: organización Fin de curso.
- Banco de roupa
- Seguro escolar.
- Rogos e preguntas.
Asiste, é importante para tí
miércoles, 6 de noviembre de 2013
Reciclaxe de mesas e sillas.
Boas a tod@s! No noso colexio hai un lote de encerados, mesas e sillas tamaño pupitre, das que as familias poden dispoñer se o precisan. Necesitan pequenos retoques porque son usadas, pero se tedes ganas de reciclar, podedes pasar pola Anpa para informarvos ó respecto. Temos este mes de marxe para desfacernos delas. As sobrantes, serán entregadas a unha ONG.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)