Data:
- Dende o 04/10/2013 ata o 13/12/2013
- Entrada:
- gratuíto
- Enlace:
- Cursos OMIC
Dentro do se programa de Educación para o consumo 2013-14, a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), oferta diferentes propostas de cursos dirixidos a adultos sobre diferentes temas relacionados co seu consumo diario: as compras por internet, a factura da electricidade, o uso seguro das novas tecnoloxías, os produtos ecolóxicos, o aforro enerxético...
Os destinatarios dos mesmos son persoas maiores de 18 anos, ben público xeneral ben asociacións de consumidores e usuarios da Coruña.
Este ano faise un especial fincapé en abordar e sensibilizar sobre a importancia de facer un uso seguro das novas tecnoloxías da información para minimizar os riscos derivados dos diferentes tipos de fraude que podemos atoparnos na rede.
Programa:
- 4 de outubro de 11.00 a 12.30 - Compras por Internet
- 11 de outubro de 11.00 a 12.30 - Economía doméstica
- 18 de outubro de 11.00 a 12.30 - Sensibilización sobre uso seguro das Tecnoloxías da Información (Internet, móbil, tablet) polos menores
- 25 de outubro de 11.00 a 12.30 - Produtos de agricultura ecolóxica
- 8 de novembro de 11.00 a 12.30 - Uso seguro das Tecnoloxías da Información (Internet, móbil, tablet)
- 15 de novembro de 11.00 a 12.30 - O uso dos transxénicos na alimentación
- 22 de novembro de 11.00 a 12.30 - Boas prácticas nas redes sociais (Tuenti, Facebook, Twitter, Google+) e mensaxerías instantáneas (Whatsapp, Line...)
- 29 de novembro de 11.00 a 12.30 - Apaga a luz, acende o planeta
- 13 de decembro de 11.00 a 12.30 - Entendendo a factura da luz: que pagamos cando acendemos unha lámpada?
Inscrición nas instalacións da Oficina Municipal de Información ao Consumidor na Costa da Palloza, 8 en horario de 08:00 a 14:00 horas.