miércoles, 12 de junio de 2013

Talleres "Este verán vivimos o espazo" do Museo de Belas Artes

Data:

Dende o 01/07/2013 ata o 31/07/2013 . Quendas semanais no mes de xullo 2013
Horario:
10:30 a 13:30 h.
Enlace:
Talleres de verán
Logo do museo de belas artes
O Museo de Belas Artes dá Coruña organiza estes campamentos para nenos de 6 a 12 anos.
CONTIDOO espazo é un elemento básico da arte. Comezarán polo propio Museo, transitando os seus espazos arquitectónico e descubrindo todos os seus segredos. Continuarán paseando dentro dos cadros para coñecer como os vellos artistas aprenderon a representar o espazo nas súas obras; experimentarán coa importancia da luz e tamén da escuridade, e terminarán conquistando o espazo, creando unha evocadora instalación no museo.
Quendas O taller desenvólvese en catro quendas, de martes a venres*, segundo as seguintes datas: 
 - 2 ao 5 de xullo,
 - 9 ao 12 de xullo
 - 16 ao 19 de xullo
 - 22 ao 26 xullo*
*A última quenda comezará o luns 22 de xullo, para recuperar a sesión do festivo (25 de xullo).
 Matrícula: 20,00 € (fillos de Amigos do Museo: 15,00 €)
INFORMACIÓN E MATRÍCULA 
Museo de Belas Artes dá Coruña 
Tel. 881 881 700 
http://museobelasartescoruna.xunta.es 
mu.belas.artes.difusion@xunta.es

lunes, 3 de junio de 2013

Escola de Verán 2013 da OMIC

Data:

Dende o 01/07/2013 ata o 30/08/2013
Data de inscrición:
Dende o 03/06/2013 ata o 28/06/2013
Requisitos:
  • Nenos/as entre 3 e 10 anos cumpridos. 
  • Empadroados no Concello da Coruña. Só no caso de vacantes poderán inscribirse nenos non empadroados.
  • Cada participante poderá inscribirse nun máximo de dúas quendas.
Enlace:
Escola de verán 2013
logo da omic
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) da Coruña organiza este verán actividades sobre consumo responsable destinadas a mozos e mozas de entre 3 e 10 anos.
Quendas
1º quenda: 1 ao 12 de xullo (ambos inclusive).
2º quenda: 15 ao 31 de xullo, excepto o día 25 por ser festivo (ambos inclusive).
3º quenda: 1 de agosto ao 16 de agosto, excepto o día 15 por ser festivo (ambos inclusive).
4º quenda: 19 ao 30 de agosto (ambos inclusive).
Temática:
1º e 3º quenda: Alimentación saudable: Recoñecerán a importancia dunha boa alimentación aprendendo a realizar unha alimentación sa e saudable, en aras a mellorar a súa nutrición e potenciar bos hábitos alimenticios. Incluiranse visitas guiadas aos mercados municipais para coñecer mellor o seu funcionamento e fomentar a compra de produto fresco e de calidade.
2º e 4º quenda: Consumo responsable: Aprenderan a crear e transformar obxectos cotiáns de desfeito en xoguetes, disfraces e produtos infantís. Preténdese, a través de diferentes talleres, a creación de xoguetes construídos polos nenos coas súas propias mans e intelixencia, a partir de material de desfeito, de forma que se estimule a invención a través dos experimentos, agudícese a percepción e foméntese a imaxinación e a fantasía.

Horario: de luns a venres, de 10:00 a 13:30 horas
Lugar de celebración, preinscrición: Aulas da OMIC da Coruña, en rúa Custa da Palloza, 8.
Procedemento para inscribirse: Os pais, nais ou titores deberán entregar cuberta unha folla de inscrición que poden recoller na propia OMIC ou ben descargar da páxina web, (www.coruna.es/omic) no apartado de publicacións. 

Información:
Oficina Municipal de Información ao Consumidor
Costa da Palloza, nº 8
omic@coruna.es 
teléfono 981 189 820
www.coruna.es/omic

Campamento urbano de robótica

Data:

Dende o 01/07/2013 ata o 23/08/2013
Data de inscrición:
Dende o 20/05/2013 ata o 10/06/2013
Requisitos:
  • Poderán participar os nenos e nenas nacidos entre o 1997 e 2003. As actividades non contan con profesionais de apoio para nenos con necesidades educativas especificas. Cada participante poderá ir acompañado dun adulto nas actividades sen incremento da cota.
Enlace:
Campamento de robótica
robot branco facendo o piñeiro cunha man
Campamento de tecnoloxía aberta organizado polo Liceo Ártabro.
Obxectivos do campamento:
Coñecer de preto mundo do hardware e software libre.
- Aprender os conceptos básicos programación de Arduino.
- Aprender a manexar unha impresora 3D.
- Deseñar proxectos e construír pequenos robots.
- Aprender de forma colaborativa e social.
Quendas:
- Quenda 1: do 1 ao 12 de xullo.
- Quenda 2: do 15 ao 26 de xullo.
- Quenda 3: do 29 de xullo ao 9 de agosto.
- Quenda 4: do 12 ao 23 de agosto.
- Horario: luns a venres, de 10:00 a 14:00.

Cota: 70€ por participante e quenda.
Lugar: por determinar
Información / inscrición:
Liceo Ártabro
liceoartabro@gmail.com 
http://liceoartabro.wordpress.com

sábado, 1 de junio de 2013

Axudas para a adquisición de libros de texto

Requisitos:

  • Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nun centro sostido con fondos públicos de Galicia durante o curso escolar 2013/2014, e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo se emprega material que non pode ser reutilizado.
  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria, ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros.
  • As solicitudes entregaranse nos centros docentes en que estea matriculado o alumnado.
  • Prazo de presentación de instancias será o seguinte:
    a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 3 de xuño ao 3 de xullo de 2013, ambos inclusive.
    b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2013, ambos inclusive.
    c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2013, ambos inclusive.
    d) Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso: un mes  a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2014
Rapaza con libros
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2013/2014.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Xefatura Territorial: Edificio Administrativo de Monelos
Praza Luís Seoane, s/n. 15008 A Coruña
enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es
Publicación: DOG 31-05-2013