jueves, 12 de diciembre de 2013

ACTIVIDADES DEL MES DE DICIEMBRE EN CENTRO CIVICO LOS MALLOS

 Cuentacuentos “UN ÁRBOL DE NAVIDAD
Día 13 de diciembre, de 18.30 a 19.30 h
Para menores de 3 a 8 años. Los menores vendrán acompañados de un adulto
Entrada gratuita...

TALLER IDEAS DE NAVIDAD
Desde el día 16 al 20 de diciembre
Horario: 16.30 a 18.30 h
Coste: 7,74 €

Fiesta de reyes: “LOS REYES MAGOS YA ESTÁN AQUÍ”
Día 18 de diciembre, de 17.00 a 19.30 h
Actividad gratuita. Los menores que deseen participar, deberán inscribirse a partir del día 3 de diciembre en la conserjería Los menores deberán estar acompañados de una persona adulta

FIESTA DE NAVIDAD
Día 19 de diciembre, de 19.00 a 20.30 h
Entrada gratuita hasta completar aforo Colectivo: Intergeneracional
La invitación podrá ser retirada en conserjería a partir del 3 de diciembre, dentro del horario del centro

LO QUE LA MAGIA ESCONDE
Día 21 de diciembre, a las 17.00 h Destinada a menores de entre 4 y 12 años
Entrada gratuita Inscripción a partir del día 9 de diciembre.
Plazas limitadas por orden de inscripción.

miércoles, 11 de diciembre de 2013

RECOLLIDA SOLIDARIA DE ALIMENTOS NADAL





Lembrade que a vosa aportación será integra para esta fin.
Ademáis a cambio poderedes asistir á Festa de Nadal o día 19.

martes, 10 de diciembre de 2013

Xogos escolares

II XOGOS ESCOLARES.
BALONMANO.
MAÑANA MARTES DIA 10 EL GRUPO DE ALEVINES (5º Y 6º DE PRIMARIA) Y EL JUEVES 12 LOS BENJAMINES (2º,3º Y 4º DE PRIMARIA).

EL BUS LOS RECOGE EN EL COLEGIO EL MARTES A LAS 17:40 Y EL JUEVES A LAS 17:30.

lunes, 25 de noviembre de 2013

OBRADOIRO DE BOLAS NADAL DE PATCHWORK



Actividade gratuíta para as familias socias (non socios, consultar na Anpa).

ACTA DA ASAMBLEA ORDINARIA DA ANPA SAN CRISTÓBAL

Reunidos ás 16.15 horas da tarde en 1ª convocatoria, e 16.30h. en 2ª, do día 19 de Novembro de 2013, no CEIP Wenceslao Fernández Flórez, iniciouse a Asemblea Xeral Ordinaria da Anpa San Cristóbal.
Presiden a mesma J. Ángel Cabaleiro (presidente), Fátima Anllo (vicepresidenta), Laura Vilas (secretaria), Aurora Miguelez (Tesoureira), Antonio Fernández (vogal) e Sabela Pita (vogal).
Asistiron un total de 33 persoas
Coa seguinte ORDE DO DÍA:

  1. Balance de contas do curso 2012-2013: Presentáronse copias ós asistentes do resumo das entradas e saídas que foron realizadas ó longo do curso pasado, dándolle ó s asistentes as explicacións pertinentes dos movementos realizados, segundo as dúbidas que foron xurdindo durante a súa lectura (Ver folla adxunta “Balance 2012-2013”).
  2. Resumo de actividades da Anpa no curso pasado: Explicáronse algunhas das actividades que se foron facendo por parte da asociación, ó longo do curso, para que os asistentes tiveran una idea de cales foron parte dos obxectivos que se cumpliron i en que se invirte o tempo dos voluntarios, e os cartos de todos os socios.
    - Comedor: Cambio de empresa, Reforma do Oficce e das estancias de comedor e desratización do mesmo...
    - Consultas e reclamacións varias á Policía local.
    - Festa de Nadal: chocolatada, contacontos, obradoiros diversos, donacións de alimentos á organizacións benéficas...
    - Recollida de tapóns plásticos con fins benéficos.
    - Demostracións de deportes alternativos (Team Graíño, Defensa persoal...).
    - Colaboración no Mercadillo solidario do centro.
    - Despedida de 6º curso E.P. (reunións coas familias, participación na festa de despedida, recordos dos alumnos...).
    - Entrega de reclamacións diversas no Concello (arranxo chan dos patios, aparcabicicletas, tellado edificio E.Infantil...).
    - Colaboración de familias voluntarias: arranxo mobiliario pertencente á Anpa, donación estanterías, participación nas festas...
    - Banco de libros (recollida i entrega de libros de E. P. donados polas familias).
    - Tramitación de actividades extraescolares (contratación de novas empresas e xestión da documentación requerida).
  3. Xunta directiva, necesiade de voluntarios para participar como membros da mesma: Explicáronse as razóns polas que era necesario aumentar os membros da directiva, posto que a cantidade de traballo que xenera, e a voluntariedade do mesmo, implican unha entrega ás veces complicada, para tentar conseguir cumplir tódalas necesidades da asociación.
    Varias nais asistentes, despois de consultar dúbidas, ofrecéronse voluntarias para formar parte de directiva.
  4. Información posibles novas acrividades extraescolares: Informóuselle ós asistentes a existencia de varias empresas interesadas en impartir clases no noso centro, e que tipo de actividades ofertan.
  5. Ideas Festa de Nadal: Solicitámoslle ás nais e pais presentes, que aportaran propostas para realizar a festa de este curso.
  6. Familias de 6º E. P, organización despedida fin de curso: Ofertamos a colaboración da Anpa para facer de vínculo entre ambas clases, aportando ideas e outro tipo de axudas para realizar a despedida das nenas e nenos que rematan este curso no noso centro.
  7. Banco de roupa: Presentamos a idea de unha nai, para preparar un espazo no colexio, onde as familias poidan donar e/ou intercambiar roupa usada dos seus fillos e fillas. Pedimos axuda de máis persoas colaboradoras para levar a cabo este proxecto.
  8. Seguro escolar: Retomamos o tema, explicándolle de novo ás persoas asitentes, a demanda por parte de algunhas familias, de contratar un seguro sanitario. Para iso, faría flata presentar presupostos, decidir o máis axeitado, e que houbese un mínimo de familias interesadas, para así poder acadar unha cota anual asequible.
  9. Rogos e preguntas: Neste último apartado, houbo unha nai que se mostrou interesada en que nos informásemos sobre a posibilidade de impartir obradoiros de lingua de signos, ou ben que o propio centro conseguise que a Agrupación de Xordos de Galicia ensinase ás nosas crianzas unhas nocións básicas da mesma.
    Tamén se falou de retomar a Horta urbán, para o que se houbese algún pai ou nai interesado en colaborar co centro, puidese sair adiante en horario escolar.
    Por outra banda, animamos ás persoas asistentes, en que participasen connosco en preparar obradoiros de calqueira temática interesante para os nenos e nenas e/ou as familias, de xeito voluntario.
    Sen máis temas a tratar, deuse por rematada a asamblea ás 17.30h.

jueves, 21 de noviembre de 2013

MARCHA A MADRID CONTRA A LOMCE



As Federacións Provinciais de ANPAS que formamos CONFAPA-GALICIA e CEAPA imos levar a nosa MAREA VERDE a Madrid en protesta polos Recortes e a aprobación da LOMCE ou Lei Wert.
Sairemos de todas as partes do país para facer unha grande "marea verde" que ocupe as rúas da capital e chegue a nosa voz e a nosa protesta ao Ministerio de Educación.
Sairase o día 29 de novembro (venres) e voltaremos, ao finalizar a manifestación, o día 30. Empezaremos centralizando un autobús na Coruña e, se é necesario, faremolo tamén en colaboración con vós noutros puntos da Provincia.
Para empezar a organizar a viaxe e saber cántas prazas temos que reservar, rogamos nos indiquedes XA se estades dispostos a facer este novo esforzo pola educación dos nosos fillos e fillas. ANÍMATE E VIAXA CON NÓS.
O prezo especial é de 15 euros por persoa e inclúe camiseta da marea verde co logo de CONFAPA-GALICIA.
Saúdos
Xunta Directiva Federación Provincial ANPAS

https://drive.google.com/file/d/0B_eXYcVvQeiOUmFLbEpJNFlfaF9BQlRETzNMVFJfT3JVYUxF/edit?usp=sharing https://drive.google.com/file/d/0B_eXYcVvQeiOaGhYYnpjSkpXbVVIZXBJdmo3dm01Ty04WC1N/edit?usp=sharing

lunes, 18 de noviembre de 2013

ANPA SAN CRISTÓBAL INFORMA:


Lembrámosvos que mañá, día 19, ás 16.15h. teremos a Asamblea Xeral Ordinaria de socios.


Contaremos co un monitor/a para coidar ós nosos fillos e fillas, así que animádevos a participar con nós.



A Coruña, 18-11-13

viernes, 8 de noviembre de 2013


ASAMBLEA XERAL ORDINARIA


ANPA SAN CRISTOBAL CONVOCA
ASAMBLEA XERAL ORDINARIA
o día 19 de Novembro de 2013, ás 16.15h. en 1ª convocatoria, e 16.30h. en 2ª, no caso de non haber quorum suficiente.

Puntos a tratar:

  • Balance de contas do curso 2012-2013 e aprobación se procede.
  • Resumo de actividades da Anpa no curso pasado.
  • Xunta Directiva: necesidade de voluntarios para participar como membros da mesma.
  • Información posibles novas actividades extraescolares.
  • Ideas para Festa de Nadal.
  • Familias de 6º E.P.: organización Fin de curso.
  • Banco de roupa

  • Seguro escolar.
  • Rogos e preguntas.


Asiste, é importante para tí



miércoles, 6 de noviembre de 2013

Reciclaxe de mesas e sillas.

Boas a  tod@s! No noso colexio hai un lote de encerados, mesas e sillas tamaño pupitre, das que as familias poden dispoñer se o precisan. Necesitan pequenos retoques porque son usadas, pero se tedes ganas de reciclar, podedes pasar pola Anpa para informarvos ó respecto. Temos este mes de marxe para desfacernos delas. As sobrantes, serán entregadas a unha ONG.

lunes, 21 de octubre de 2013

FOLGA XERAL DE EDUCACIÓN.


FOLGA XERAL DE EDUCACIÓN


Con motivo da convocatoria de Folga Xeral en Educación, este xoves 24 de Outubro, suspéndense as actividades extraescolares.

Madrugadores e Comedor mantéñense cos Servizos Minimos.





jueves, 17 de octubre de 2013

Propostas de novas actividades extraescolares


Presentámosvos varias novas propostas de actividades para impartir en horario extraescolar. No caso de que sexa do voso interés, consultade connosco, para facilitarvos máis información, e poder ir formando grupos.

Ítaca psicólogos:

Talleres curso 2013-2014

  • “El planeta de los niños: guía práctica para no perdernos”. 
  • “Escuela de superhéroes: Despertando la inteligencia emocional de los niños.
  • “Hemos adoptado…¿y ahora qué?” 
  • “Tiempos modernos: Escuela de abuelas y abuelos”.

Enter formación:

PROYECTO DE INTERVENCIÓN PSICOEDUCATIVA PARA NIÑOS CON HIPERACTIVIDAD Se propone por un lado la celebración de varias Escuelas de padres a modo de charlas informativas y participativas sobre el tema.
Por otro lado, la impartición de Talleres de Habilidades Sociales y la creación de Talleres Lúdico-educativos para los niños.
Es necesario crear grupos por edades. Entre los 3 y 12 años posiblemente al menos 3 grupos.

Curso de iniciación a la guitarra (a partir de 6 años).

Curso de técnicas y hábitos de estudio (desde los 7 años).

Escuela taller de padres: creciendo juntos.

viernes, 11 de octubre de 2013

Reapertura prazo inscrición actividades extraescolares Deporte no Centro, do 14 ó 18 de Outubro

ANPA SAN CRISTÓBAL INFORMA:


Reapertura prazo inscrición actividades extraescolares Deporte no Centro,
do 14 ó 18 de Outubro


  • XADREZ: admítense nenos e nenas para crear un grupo de 17 a 18h. (idades comprendidas entre 1º e 6º de E.Primaria). No caso de ser poucos, poden incluírse no grupo xa existente.
  • FÚTBOL (E.I. 5 anos-3º E.P): admítense 4 nenos ou nenas máis.
  • NATACIÓN (3º e 4º de E.Primaria): Luns saída do autobús ás 16.00 e chegada ás 17.50.
  • PREPATINAXE: 5 Prazas
  • PATINAXE: 5 Prazas
  • FÚTBOL (4º-6º EP): Non se admiten máis alumnos.
  • BAILE-RITMO: Non se admiten máis alumnos/as.

viernes, 4 de octubre de 2013

Inicio clases de Nenoos

O próximo xoves, día 10, de 16 a 17h, comezarán no noso Centro as clases de Nenoos, que se impartirán no Comedor dos pequenos. O grupo que se formou é o dos mais pequenos, de 3 a 5 anos, e aínda está aberto a mais inscripcións. Se vos interesa, non dubidedes en preguntar.

jueves, 3 de octubre de 2013

ACTIVIDADES POR LA CIUDAD PARA VIERNES, SABADO Y DOMINGO

VIERNES 4 DE OCTUBRE:

CUENTACUENTOS: El pollito de la avellana en CC. Los Rosales
TALLER DE ELABORACION DE BUHOS con rollos de papel en CC. Los  Rosales                                    
TALLER DE ORIGAMIS en Marineda City                            
PANADEROS DE CUENTO en  Fnac

Mas información: http://corunainfantil.es/sample-page/

SABADO 5 DE OCTUBRE:
Juegos con paracaídas en CC. Los Rosales
Taller de elaboración de llaveros  en CC. Los Rosales                   
 Cuentos de Cocineros en Fnac.        
Magia en la Pantalla en el Mac
Contos de sobremesa con Pablo Sánchez, en la Tuerka 27

DOMINGO 6 DE OCTUBRE:
Fiesta Medieval en Marineda city.

Mas información en http://corunainfantil.es/sample-page/

          
 

4 talleres para 100 niños y niñas de la ciudad en la nueva edición del programa Coruña Diversidad

El teatro de las emociones. Un taller para escolares con autismo con 12 plazas disponibles.
Taller da Altas Capacidades-Proyecto QVO. Inicia su segunda edición después del enorme éxito que tuvo la primera y pone 40 plazas a disposición del alumnado.
Taller de autoestima para escolares con dislexia con 12 plazas. El tercer taller que se incorpora a Coruña Diversidad está dirigido a mejorar y reforzar la autoestima de los escolares a partir de 3º de Primaria con dislexia y se realiza en colaboración con AGADIX (Asociación Galega de Dislexia).
Taller para escolares diagnosticados de trastorno por déficit de atención con/sin hiperactividad (TDA-H) con 36 plazas.

Mas información: http://corunainfantil.es/presentan-4-talleres-para-100-ninos-y-ninas-de-la-ciudad-en-la-nueva-edicion-del-programa-coruna-diversidad/?fb_source=pubv1

ACTIVIDADES GRATUITAS OCTUBRE EN CENTRO CIVICO LOS MALLOS:


Miércoles 9: a las 18:30h Charla "Duelos-cambios-despedidas" colabora ADAFAD. Inscripciones en conserjería del centro cívico apartir del 2 octubre.
Miércoles 16: 10:30-12:30 Visita al cuartel de lonzas con exhibición canina... Inscripción en conserjería del centro cívico a partir del 2 de Octubre.
Lunes 21: 17-18:30 Charla sobre alimentación saludable colbora OMIC. Inscripción conserjería del centro cívico a partir del 10 octubre.
mas información: http://www.corunasolidaria.org/serviciossociales/mostrarfile?tipoRecursoCampoID=334ebda2-c0a8fd03-003505cb-96d75f4f&recursoID=6e41fae3-c0a8f989-0141cb31-c7f85733&lleng=es

martes, 1 de octubre de 2013

jueves, 26 de septiembre de 2013

Cursos da Oficina Municipal do Consumidor

Data:

Dende o 04/10/2013 ata o 13/12/2013
Entrada:
gratuíto
Enlace:
Cursos OMIC
Logo da OMIC
Dentro do se programa de Educación para o consumo 2013-14, a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), oferta diferentes propostas de cursos dirixidos a adultos sobre diferentes temas relacionados co seu consumo diario: as compras por internet, a factura da electricidade, o uso seguro das novas tecnoloxías, os produtos ecolóxicos, o aforro enerxético...
Os destinatarios dos mesmos son persoas maiores de 18 anos, ben público xeneral ben asociacións de consumidores e usuarios da Coruña.
Este ano faise un especial fincapé en abordar e sensibilizar sobre a importancia de facer un uso seguro das novas tecnoloxías da información para minimizar os riscos derivados dos diferentes tipos de fraude que podemos atoparnos na rede.
Programa:
  • 4 de outubro de 11.00 a 12.30 - Compras por Internet
  • 11 de outubro de 11.00 a 12.30 - Economía doméstica
  • 18 de outubro de 11.00 a 12.30 - Sensibilización sobre uso seguro das Tecnoloxías da Información (Internet, móbil, tablet) polos menores
  • 25 de outubro de 11.00 a 12.30 - Produtos de agricultura ecolóxica
  • 8 de novembro de 11.00 a 12.30 - Uso seguro das Tecnoloxías da Información (Internet, móbil, tablet)
  • 15 de novembro de 11.00 a 12.30 - O uso dos transxénicos na alimentación
  • 22 de novembro de 11.00 a 12.30 - Boas prácticas nas redes sociais (Tuenti, Facebook, Twitter, Google+) e mensaxerías instantáneas (Whatsapp, Line...)
  • 29 de novembro de 11.00 a 12.30 - Apaga a luz, acende o planeta
  • 13 de decembro de 11.00 a 12.30 - Entendendo a factura da luz: que pagamos cando acendemos unha lámpada?
Inscrición nas instalacións da Oficina Municipal de Información ao Consumidor na Costa da Palloza, 8 en horario de 08:00 a 14:00 horas.
Información:
Oficina Municipal do Consumidor
Costa da Palloza, 8
Tel.: 981189820
www.coruna.es/omic

miércoles, 11 de septiembre de 2013

Erro nas Actividades

Ola a tod@s, lamentamos ter que comunicarvos que cometemos un erro na redacción do cuadro de actividades, xa que incluimos como actividades a realizar Xogos e máis Xogos de taboleiro.
Desculpade as molestias.

Horario de Septiembre

Hola a tod@s, recordaros que en Septiembre el horario para contactar con nosotros en el local del ANPA será los:

Lunes, Miércoles  y Viernes  de 9:10 a 9:40h.

Fuera de este horario a través de nuestro correo electrónico: anpa.sancristobal@gmail.com

Para los temas relacionados con Madrugadores y Comedor, os atenderá la responsable del comedor, por favor ver los datos en la pestaña de comedor.

FELIZ VUELTA AL COLE

 
Después de un merecido descanso vacacional nos preparamos para la vuelta al cole.
 
Queremos recordaros que el inicio del Servicio de Madrugadores y Comedor es el miércoles 11 de Septiembre de 2013, junto al inicio del curso.
 
Las Actividades Extraescolares comenzaran el 1 de Octubre.
 
Nosotros seguimos trabajando por mejorar nuestro Colegio.
 
Un saludo.
La Junta Directiva.
 

LISTAS DEFINITIVAS BECAS COMEDOR ESCOLAR 2013-2014

Mas información en los centros cívicos, ayuntamiento, 010.
http://www.corunasolidaria.org/serviciossociales/contenido?accion=verRecurso&trID=68534b7e-c0a8fd03-006e7a5b-5646fff2&cID=42453cba-d53c2061-0020c486-08ff828f&comando=ContenidoDinamicoComando&pwID=6628a914-0a0a2824-0001ff83-7b0c1d82&rID=07d0bd3d-c0a8f989-00a28ccb-42a321f8

miércoles, 12 de junio de 2013

Talleres "Este verán vivimos o espazo" do Museo de Belas Artes

Data:

Dende o 01/07/2013 ata o 31/07/2013 . Quendas semanais no mes de xullo 2013
Horario:
10:30 a 13:30 h.
Enlace:
Talleres de verán
Logo do museo de belas artes
O Museo de Belas Artes dá Coruña organiza estes campamentos para nenos de 6 a 12 anos.
CONTIDOO espazo é un elemento básico da arte. Comezarán polo propio Museo, transitando os seus espazos arquitectónico e descubrindo todos os seus segredos. Continuarán paseando dentro dos cadros para coñecer como os vellos artistas aprenderon a representar o espazo nas súas obras; experimentarán coa importancia da luz e tamén da escuridade, e terminarán conquistando o espazo, creando unha evocadora instalación no museo.
Quendas O taller desenvólvese en catro quendas, de martes a venres*, segundo as seguintes datas: 
 - 2 ao 5 de xullo,
 - 9 ao 12 de xullo
 - 16 ao 19 de xullo
 - 22 ao 26 xullo*
*A última quenda comezará o luns 22 de xullo, para recuperar a sesión do festivo (25 de xullo).
 Matrícula: 20,00 € (fillos de Amigos do Museo: 15,00 €)
INFORMACIÓN E MATRÍCULA 
Museo de Belas Artes dá Coruña 
Tel. 881 881 700 
http://museobelasartescoruna.xunta.es 
mu.belas.artes.difusion@xunta.es

lunes, 3 de junio de 2013

Escola de Verán 2013 da OMIC

Data:

Dende o 01/07/2013 ata o 30/08/2013
Data de inscrición:
Dende o 03/06/2013 ata o 28/06/2013
Requisitos:
  • Nenos/as entre 3 e 10 anos cumpridos. 
  • Empadroados no Concello da Coruña. Só no caso de vacantes poderán inscribirse nenos non empadroados.
  • Cada participante poderá inscribirse nun máximo de dúas quendas.
Enlace:
Escola de verán 2013
logo da omic
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) da Coruña organiza este verán actividades sobre consumo responsable destinadas a mozos e mozas de entre 3 e 10 anos.
Quendas
1º quenda: 1 ao 12 de xullo (ambos inclusive).
2º quenda: 15 ao 31 de xullo, excepto o día 25 por ser festivo (ambos inclusive).
3º quenda: 1 de agosto ao 16 de agosto, excepto o día 15 por ser festivo (ambos inclusive).
4º quenda: 19 ao 30 de agosto (ambos inclusive).
Temática:
1º e 3º quenda: Alimentación saudable: Recoñecerán a importancia dunha boa alimentación aprendendo a realizar unha alimentación sa e saudable, en aras a mellorar a súa nutrición e potenciar bos hábitos alimenticios. Incluiranse visitas guiadas aos mercados municipais para coñecer mellor o seu funcionamento e fomentar a compra de produto fresco e de calidade.
2º e 4º quenda: Consumo responsable: Aprenderan a crear e transformar obxectos cotiáns de desfeito en xoguetes, disfraces e produtos infantís. Preténdese, a través de diferentes talleres, a creación de xoguetes construídos polos nenos coas súas propias mans e intelixencia, a partir de material de desfeito, de forma que se estimule a invención a través dos experimentos, agudícese a percepción e foméntese a imaxinación e a fantasía.

Horario: de luns a venres, de 10:00 a 13:30 horas
Lugar de celebración, preinscrición: Aulas da OMIC da Coruña, en rúa Custa da Palloza, 8.
Procedemento para inscribirse: Os pais, nais ou titores deberán entregar cuberta unha folla de inscrición que poden recoller na propia OMIC ou ben descargar da páxina web, (www.coruna.es/omic) no apartado de publicacións. 

Información:
Oficina Municipal de Información ao Consumidor
Costa da Palloza, nº 8
omic@coruna.es 
teléfono 981 189 820
www.coruna.es/omic

Campamento urbano de robótica

Data:

Dende o 01/07/2013 ata o 23/08/2013
Data de inscrición:
Dende o 20/05/2013 ata o 10/06/2013
Requisitos:
  • Poderán participar os nenos e nenas nacidos entre o 1997 e 2003. As actividades non contan con profesionais de apoio para nenos con necesidades educativas especificas. Cada participante poderá ir acompañado dun adulto nas actividades sen incremento da cota.
Enlace:
Campamento de robótica
robot branco facendo o piñeiro cunha man
Campamento de tecnoloxía aberta organizado polo Liceo Ártabro.
Obxectivos do campamento:
Coñecer de preto mundo do hardware e software libre.
- Aprender os conceptos básicos programación de Arduino.
- Aprender a manexar unha impresora 3D.
- Deseñar proxectos e construír pequenos robots.
- Aprender de forma colaborativa e social.
Quendas:
- Quenda 1: do 1 ao 12 de xullo.
- Quenda 2: do 15 ao 26 de xullo.
- Quenda 3: do 29 de xullo ao 9 de agosto.
- Quenda 4: do 12 ao 23 de agosto.
- Horario: luns a venres, de 10:00 a 14:00.

Cota: 70€ por participante e quenda.
Lugar: por determinar
Información / inscrición:
Liceo Ártabro
liceoartabro@gmail.com 
http://liceoartabro.wordpress.com

sábado, 1 de junio de 2013

Axudas para a adquisición de libros de texto

Requisitos:

  • Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nun centro sostido con fondos públicos de Galicia durante o curso escolar 2013/2014, e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo se emprega material que non pode ser reutilizado.
  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria, ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros.
  • As solicitudes entregaranse nos centros docentes en que estea matriculado o alumnado.
  • Prazo de presentación de instancias será o seguinte:
    a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 3 de xuño ao 3 de xullo de 2013, ambos inclusive.
    b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2013, ambos inclusive.
    c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2013, ambos inclusive.
    d) Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso: un mes  a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2014
Rapaza con libros
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2013/2014.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Xefatura Territorial: Edificio Administrativo de Monelos
Praza Luís Seoane, s/n. 15008 A Coruña
enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es
Publicación: DOG 31-05-2013

viernes, 31 de mayo de 2013

Campamento de baloncesto

Campamento de baloncesto

Data:
inscricións ata cubrir prazas
Horario:
Quendas: 
- Do 8 ao 12 de xullo.
- Do 15 ao 19 de xullo.
- Do 22 ao 26 de xullo.
Horario: de 9:30 a 18:30.  
Entrada:
  • Prezo especial (xogadores do Básquet Coruña, colexios e clubs vinculados): 65 euros.
  • Prezo outrous pa r ticipa n tes: 75 eourous.  
  • Comida e merenda: 30 euros.
  • Bus opcional: 30 euros.

      
Requisitos:
Nenos e nenas de 5 a 12 anos.
Club Básquet Coruña organiza un campamento urbano de baloncesto que se celebrará na Cidade deportiva de Riazor en diferentes quendas do mes de xullo de 2013.
Club Básquet Coruña
c/ Arquitecto Rei Pedreira 3
15011 A Coruña
Tel. 981 264 022
club@basquetcoruna.com 
www.basquetcoruna.com

Campamentos Albergue Equal

Campamentos Albergue Equal

Data:
inscricións até cubrir prazas
Horario:
1ª quenda: Do 12 ao 20 de xullo
2ª quenda: Do 23 ao 31 de xullo
3ª quenda: Do 03 ao 11 de agosto
4ª quenda: Do 14 ao 22 de agosto
Entrada:
Con carné xove: 225 € 
Sin carné xove: 300 €
Requisitos:
Nenos e nenas de 7 a 14 anos
Equal Soc. Coop. Galega organiza no verán 2013 campamentos para nenos e nenas de 7 a 14 anos.
Albergue Xuvenil EQUAL
A Barra, Coles 32152, Ourense
Tel e fax: 988 206 353
info@centroequal.com    
http://www.centroequal.com/

jueves, 30 de mayo de 2013

Acta Asamblea Extraordinaria de socios Anpa San Cristóbal 27-05-13


Reunidos ás 16.10h. en primeira convocatoria, e ás 16.40 horas en segunda, da tarde do día 27 de Maio de 2013, no CEIP Wenceslao Fernández Flórez, iniciouse a Asemblea Xeral Extraordinaria da Anpa San Cristóbal.
Presiden a mesma Fátima Anllo (vicepresidenta), Aurora Miguelez (secretaria), Laura Vilas (vogal), Susana Manteiga (vogal), Jorge Puga (vogal), Carmen Rodríguez (vogal), J.Ángel Cabaleiro (vogal) e Sabela Pita (vogal). O total de asistentes á xunta é de 39 persoas.



Coa seguinte ORDE DO DÍA:
  1. Lectura da Acta da asamblea anterior: procedeuse a ler, a modo recordatorio, a acta da derradeira asamblea, do día 15 de Abril.

  2. Dimisión da Presidenta da Xunta Directiva: Montserrat Galera, ata agora Presidenta da asociación, presentou con data 17 de Abril, unha carta de dimisión do seu cargo, que foi lida nesta reunión, motivada polo que ela explicou como actitude inadecuada, e falta de respeto á súa persoa e ó resto da xunta directiva, sufrida durante as últimas datas, por parte de algunhas persoas que forman parte da comunidade de nais e pais do noso centro.
    Ante este punto, os representantes da xunta directiva, lembrámoslle de novo ás familias asistentes, cales son as funcións dos membros da asociación, así como que é unha labor totalmente voluntaria, coa fin de colaborar e participar activamente na mellora da educación ós nosos fillos e fillas.

  3. Seguro escolar: Explicóuselle ós presentes, que fomos informados por parte da Concellería de Educación, de que aínda que os centros constan con un Seguro de Responsabilidade Civil, dende que existe en este país a asistencia sanitaria gratuíta, segundo reflexan as normas xurídicas, o ensino obrigatorio non ten seguro escolar (ata 2º de E.S.O) , porque según nos explicaron, calquer neno ou nena accidentado ten dereito a ser atendido, xa que a asistencia sanitaria é gratuíta.
    Ante a falta de cobertura da Seguridade Social por exemplo, por rotura de dentes ou de gafas, decidimos informar ás familias para que decidan se desexan contratar, para o vindeiro curso, por medio da Anpa, unha póliza privada, que de algún xeito cubra os déficits da asitencia pública.
    Como a resposta das familias asitentes foi aprobatoria, solicitamos a todos aqueles que teñan interés, que colaboren buscando presupostos de diferentes compañías de seguros, para ter ideas para o comezo do curso 2013-2014 e dese xeito tomar unha decisión nesas datas.
    Inicialmente o que interesaría sería un seguro que cubrise os horarios completos do colexio (de 7.30 a 18h.)

  4. Comedor Escolar:
    Dos 150 nenos e nenas que asitiron o curso pasado a comedor, un total de 87 renunciaron a solicitar a parte correspondente da Subvención de Comedores da Xunta de Galicia para asociacións de nais e pais.
    O total dos cartos ós que renunciaron as familias, foi de 2864 € , que sumado a 273 € dos que dispón a conta da asociación (de cartos da mesma orixe, pero do curso 2010-11, que non foron recollidos por algunhas familias nas datas establecidas o curso pasado) suma 3137 €.
    Presentáronse as diferentes propostas de varias empresas para a reforma do oficce, antes as que os asistentes, por unanimidade, aprobaron aceptar un mobiliario de Aceiro inoxidable da empresa Talleres San Benito.
    Como a cantidade total dos cartos dos que se dispón, non chegan para o pago da obra, acordóuse que se informaría ó resto das familias do centro, para solicitarlles que colaboren mediante donacións para lograr acadar o necesario.
    Para eso, achegaráse esta información mediante os medios habituais (circulares, carteis, redes sociais...). As donacións terán que ser ingresadas na conta de La Caixa, para evitar incidencias ó manexar os cartos, e facilitar a contabilidade.
    Por outra banda, se fose necesario, para esta fin, serán invertidos un máximo de 500 € da conta da asociación.
    No caso de que finalmente os cartos acadados non sexan suficientes para pagar o presuposto elexido, aceptaráse o seguinte en prezo, da empresa IKEA, que ten revestimento en Aceiro, aínda que os mobles son de material laminado.
    Houbo persoas asistentes, que mostraron o seu desacordo en que non houbese xeito de “obrigar” ás familias dos nenos e nenas que asisten ó comedora, a pagar unha cota con esta fin.
    Estas mesmas, falaron da posibilidade de buscar mais información da que nos deu a Federación de Anpas, co obxectivo de confirmar se realmente a Subvención da Xunta non se pode utilizar para realizar a reforma necesaria, porque non confían en que verdadeiramente haxa que abonarlla ás familias, xa que saben que en outros centros escolares se fixo deste outro xeito. Esto era o que inicialmente a dirección da Anpa pretendía facer, porque dende FEDAPAs ó pedir información ó respecto, nos deran a entender que sí, pero cando recibiron queixas por parte de varias nais afectadas, nos indicaron o contrario, motivo polo que se fixo a asamblea na que soamente se convocou ás familias de nenos e nenas asistentes o pasado curso a comedor.

  5. Horta ecolóxica e Aparca-bicicletas: Foron ideas que xurdiron de algúns pais, polo que se propuxeron no Consello Escolar, e ámbalas dúas se aprobaron.
    A horta será un proxecto educativo con algúns dos mestres e mestras do centro, polo que solicitamos ás familias que estean interesadas en participar de algunha maneira (con información, material, tempo libre...) que se poñan en contacto con nós.
    O aparca-bicicletas foi aprobado polo Concello, así que agardamos que para o curso que ven estea instalado en algún lugar á entrada do colexio.

  6. Festa de Fin de Curso: Explicouse que será unha festa para nenos e nenas coas súas familias, o día 21 de Xuño pola tarde. Serán enviadas circulares para informar do prazo de inscripción e a cota a pagar.
    Tamén se falou da idea de facer, á par das actividades que faga a empresa contratada, un taller de realización de Ramos de San Xoán, pero para iso necesitariamos de persoas que colaborasen aportando herbas a víspera da celebración.

  7. Banco de libros: Debido á aprobación da nova Lei de Educación, para o vindeiro curso continuarán contando cos mesmos libros que en este, polo que as familias que o desexen, na última semán de curso, cando poidan dispoñer deles, poderán entregalos na oficia da Anpa, e os días 25 e 26 de Xuño, pasaremos a facer entrega, de algún xeito protocolizado, dos libros que se demanden.
    Os libros que poden ser reutilizados son os dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria (os dos cursos anteriores están escritos, e non sirven para esta fin).
  1. Banco de roupa: Unha nai propuxo a idea de crear un banco de roupa, para efectuar a recollida de roupa usada i en bo estado, que xa non lles sirva ás crianzas, e que dese xeito, as familias poidan facer intercambio da mesma, para reutilizala.
    Queda pendiente de confirmar se hai mais persoas voluntarias para participar en este proxecto, e de buscar un espacio para xestionalo.

  2. Actividades extraescolares: Salvo algunha nova imprevista, para o curso que ven, continuaremos ofertando as mesmas clases fóra do horario escolar, e ademais, durante o mes de Setembro, ofertaremos presentacións de diferentes propostas de varias empresas que teñen interés en impartir actividades distintas ás xa existentes, para ver se existe interés por parte das familias en que algunha delas poida levarse a cabo no noso centro.
    Tamén se falou da posibilidade de contratar un monitor/a para o coidado das crianzas de E.Infantil, no caso de que asistan a Comedor, e non teñan clases ata as 17h.(xa que non poden quedar na Biblioteca). Sería pagado polo grupo de familias interesadas.

  3. Suxerencias e preguntas: Unha das nais presentes, preguntou se podiamos valorar a contratación de un servicio de autobuses de transporte escolar para os vindeiros cursos.
    A raíz deste tema xurdíu a proposta de estudiar a iniciativa de Ruta Segura implantada no CEIP Concepción Arenal.




Sen mais temas a tratar, deuse por rematada a asamblea ás 17.45h.


Firmado:
Vicepresidenta         Secretaria



Campamentos de día Andaina

Campamentos de día Andaina

Data:
inscricións até cubrir prazas.
Horario:
  • Xornada de mañá: de 09:00 a 13:00 h.
  • Xornada de mañá con comedor: 09:00 a 14:30 h.
  • Xornada completa: 09:00 a 17:00 h.
Entrada:
  • Semana 25 a 28 xuño: mañá: 72 €/ mañá con comedor: 92 €/ xornada completa: 112 €
  • Semanas do 1 ao 19 xullo: 
    1 quenda: 90 € / semana. 115 € / semana. 140 € / semana
    2 quendas: 80 € / semana. 102 € / semana. 120 € / semana
    3 quendas: 70 € / semana. 90 € / semana. 105 € / semana
Requisitos:
  • Nenos e nenas de 3 a 8 anos
Andaina organiza campamentos de día para nenos e nenas de 3 a 8 anos. As actividades desenvolveranse en quendas semanais do 25 de xuño ao 19 de xullo de 2013.
Centro Andaina
R/ Aguaceiros, 21 
15174 Rutis-Culleredo (A Coruña)
http://www.andaina.com/ 
Contacto para ampliar información:
Carmen Moar actividades@andaina.com  Tel. 981 138 880

Campamentos na Fundación Luis Seoane

Campamentos na Fundación Luis Seoane

Data:
inscricións até cubrir prazas
Horario:
10 semanas, de luns a venres, desde o 24 de xuño ata o 30 de agosto de 2013.
Horario: 9:00 a 14:30 horas.
Entrada:
80 euros/semana
Requisitos:
Nenos e nenas de 6 a 12 anos.
A Fundación Luis Seoane organiza un campamento de verán para nenos e nenas de 6 a 12 anos.
Fundación Luis Seoane
San Francisco s/n
A Coruña
Tel. 981 21 60 15
www.luisseoanefund.org