A piques de abrirse o prazo de matrícula no ensino Infantil, a CIG fai un chamamento a nais e pais para que seleccionen o galego como lingua da casa
cando o centro escolar, por mandato da consellaría de Educación,
requira esta información. A CIG considera que só reclamando aulas en
galego se pode garantir que as crianzas sexan educadas na nosa lingua e poidan adquirir, no noso idioma, a mesma competencia que van adquirir en español.
Só
así se pode evitar que a consellaría de Educación faga un uso
fraudulento das respostas de nais e pais para atacar unha vez máis a
nosa lingua.
O vindeiro xoves, 31 de Maio, as 16:00h celebrase unaha reunión cos asociados da ANPA, co seguinte orde do día:
1- Presentación de contas.
2- Cese da Xunta Directiva.
3- Presentación da nova Xunta Directiva.
4- Rogos e preguntas.
Nova entrada en documentos: La educación en el ocio y el tiempo libre, un texto da CEAPA, sacado da páxina web do colexio Alhambra de Madrid. espero que nos sirva para apreder un pouquiño a todas e todos.