A A.N.P.A
San Cristóbal do
C.E.I.P Wencesalo Fernández Flórez, é unha asociación integrada
por nais e pais do alumnado do centro.
A ANPA é a interlocutora para
tratar temas que afectan a todo o colectivo das familias.
¿
Cales son as finalidades dunha A.N.P.A. ?
Fomentar
a convivencia entre a comunidade educativa.
Colaborar
nas actividades educativas dos centros docentes.
Organizar
actividades formativas complementarias en beneficio de pais e
alumnos.
Transmitir
as opinións e as reflexións das nais e pais sobre temas educativos
e do funcionamiento cotián da Escola.
Representar
a os pais e nais no Consello Escolar, e participar na toma de
decisións.
Informar
e asesorar ás nais e pais das actividades propias da ANPA.
Potenciar
a participación da familia na vida do centro.
Promover
a calidade educativa.
Colaborar
co profesorado e o alumnado para o bo funcionamento do centro.
Representar
ós pais e ás nais, para a búsqueda de solucións no caso
necesario, ante calquera problema que lles xurda no Centro.
Como
participar na ANPA?
A asociación de nais e pais fai
un labor voluntario e desinteresado coa
que nos beneficiamos todos. As persoas que
colaboran na Asociación non reciben ningún tipo de remuneración (é
dicir, non cobran nada),
simplemente teñen ilusión por participar, utilizando boa parte do
seu tempo libre, para mellorar a calidade educativa do alumnado do colexio.
É unha entidade sen ánimo de
lucro, o que significa que o seu fin non é a obtención dun
beneficio económico.
Coa cota de socio e as
subvencións que achegan algunhas entidades públicas páganse
seguros, material para as actividades, cota da Federación de
ANPAs...
A
inscripción na mesma é voluntaria, e poderáse permanecer como
asociado durante o tempo que os fillos permanezan no Centro.